Título node Learning object
O 11 de maio inaugurase no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) unha nova exposición temporal co título : “A pedagoxía intuitiva. As láminas educativas”, que permanecerá no centro ata o 31 de decembro de 2012, pasando despois a itinerar polos institutos históricos de Galicia que constitúen co MUPEGA a denominada REDE MUPEGA.
Esta exposición consiste nun medio cento de láminas de notables dimensións e considerable valor artístico realizadas case todas por fabricantes e editores europeos (alemáns, vieneses, franceses e italianos) que chegaron aos institutos provinciais na segunda metade do século XIX, xunto con outro riquísimo e variado instrumental científico, para a súa explicación nas aulas ou para descansar nos chamados Gabinetes de Historia Natural.