Título node Learning object
A Plataforma de Infancia de España en colaboración co Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad lanza dúas iniciativas dirixidas a reflexionar en positivo sobre o feito educativo.
A primeira, "Tu experiencia crea escuela", busca poñer nas mans de todos os axentes implicados no sistema educativo a posibilidade de darlle un xiro ás cousas e de recoñecer as experiencias positivas que estean en marcha para darlle valor á Educación. Patindo da pregunta "Que fas ti para mellorar a educación?" solicítase o envío de experiencias educativas transformadoras e positivas co obxectivo de dalas a coñecer mediante unha publicación, ademais de ofrecer un premio á mellor delas.
A segunda, "Educacómic", vai dirixida ao alumnado. As súas bases establecen 4 grupos de idade (• 6 - 8 anos • 9 - 11 anos • 12 - 14 anos • 15 - 17 anos) para o alumnado participante. O obxectivo é enviar un cómic feito a man ou dixital sobre calquera aspecto da educación en España, realizado en calquera das linguas oficiais do estado, que se colgarán na web http://www.creaescuela.org. Entre os máis votados escollerase un gañador por cada grupo de idade que será premiado cun obradoiro de cómic. Os traballos pódense enviar ata o vindeiro 30 de xuño.