Título node Learning object
Festa DIM no Museo de Arte Comtemporáneo de Vigo
Ven, 18/05/2012 - 09:52
Os días 18 e 19 de maio de 2012 celébrase unha festa DIM no museo MARCO de VIgo co gallo do Día Internacional do Museo. A programación especial de actividades vai dirixida a públicos de todas as idades e súmase ás exposicións que se mostran nas súas salas.
Actividades:
- "Xabarín 18". Obradoiros infantís: obradoiros de ilustración en torno á maioría de idade de Xabarín, e proxección dos "xabarrelatos" con diferentes versións do personaxe realizadas por 21 ilustradores participantes no proxecto "xabarín 18".
- Concertos de música de cámara: a cargo de alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo.
- O MARCO por dentro: visitas guiadas ás exposicións.
- Novo intento de récord de solo de guitarra: Gabriel Domínguez volve a activar a peza de Thom Kubli, Record Attempt.
- Presentación videoclip Holywater: Presentación do último videoclip de Holywater e actuación do grupo en versión acústica.
- "Reporteiros por un día": As mellores imaxes do DIM, vistas polos Amigos do MARCO.
- Sorteo de dúas noites no Hotel MARCO: sorteo de dúas noites no Hotel MARCO entre os visitantes da fin de semana do DIM
- Reapertura da tenda-librería Rescrómica: publicacións, catálogos e obxectos de agasallo.