Documentación

Convocatoria curso 2023/24

Resolución do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regulan os Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24.

O prazo de solicitudes permanecerá aberto dende o 22 de xuño de 2023 ata o 22 de setembro, ambos incluídos.

Resolución provisional de centros seleccionados CPinnova 2023/24

O prazo de reclamacións ou renuncias remata o martes 7 de novembro.

 

Convocatoria curso 2022/23

Resolución do 09 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regulan os Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2022/23.

O prazo de solicitudes permanecerá aberto dende o 11 de xuño de 2022 ata o 20 de setembro, ambos incluídos.

Resolución provisiónal CPinnova 2022/23

O prazo de reclamacións ou renuncias remata o xoves 27 de outubro.

Correción de Erros á Resolución provisional.

Resolución definitiva CPinnova 2022/23

 

 

Convocatoria curso 2021/22

Resolución do 11 de xuño de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regulan os Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/22.

Resolución provisional curso 21/22

Listaxe provisional dos centros seleccionados

O prazo de reclamacións ou renuncias remata o venres 8 de outubro.

Resolución definitiva curso 2021/22

Listaxe definitiva de centros seleccionados curso 2021/2022

 

 

Convocatoria curso 2020/21

Resolución do 30 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2020/21.

 

Modificación do apartado 7 da Resolución do 30 de xullo de 2020

Resolución provisional curso 20/21

Listaxe provisional dos centros seleccionados

O prazo para reclamacións ou renuncias remata o venres 27 de novembro de 2020.

ACLARACIÓN IMPORTANTE:

Con motivo das dúbidas xurdidas no profesorado en relación coa realización dun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) específico relacionado con cada actuación na que se participe (apartado 8.1c da Resolución), infórmase que esta medida específica implica a realización dun PFPP único vinculado ao plan de mellora do centro, que inclúa todas as modalidades de contratos-programa solicitadas.

 

Resolución definitiva curso 2020/21

Listaxe definitiva de centros seleccionados curso 2020/2021

 

 

Convocatoria para o curso 2019/20

Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20.

O prazo para a participación no programa estará aberto desde o 11 ata o 25 de outubro de 2019, ambos os dous incluídos.

Todo o procedemento da solicitude realizarase a través da aplicación informática, habilitada para tal fin. Para facilitar a elaboración do proxecto, achégase un GUIÓN dos diferentes apartados na mesma orde na que os solicita a aplicación. Só é necesario cubrir os datos necesarios para as actuacións solicitadas.

Modelo autorización para REFÓRZA-T (Liña 1).

Modelo autorización para o Reforzo de competencias clave en 3º e 4º de ESO (Liña 9).

Modelo de contrato transporte 2019/20.

Manual de acompañante do transporte escolar

Resolución provisional curso 2019/20

Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20.

Esta publicación abre un prazo de cinco días hábiles para realizar reclamacións ou renuncias, segundo o establecido no artigo 13.2 da convocatoria, que deberán presentarse no enderezo electrónico programaseducativos@edu.xunta.es.

Resolución provisional 2019/2020

Listaxe provisional dos centros seleccionados

O prazo para reclamacións ou renuncias remata o luns 9 de decembro de 2019.

Resolución definitiva curso 2019/20

Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 7 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan os contratos-programa e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para o curso 2019/20.

Contra esta resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Resolución definitiva curso 2019/20

Listaxe definitiva de centros seleccionados 2019/20

Corrección de erros á listaxe definitiva

Listaxe definitiva de centros seleccionados actualizada 2019/2020

 

Xestión da xustificación ante o Fondo Social Europeo (FSE)

Cartel FSE_gal

Cartel FSE_cas

Logo FSE

Logo Gobierno de España

Guía de comunicación FSE

Orientacións pista de auditoría FSE

Instrucións estado de alarma modalidades 1 e/ou 9

Instrucións estado alarma_contratos programa_mod 2 a 8

Informe de actividades Contratos-programa _FSE (odt)

Informe actividades Contratos-programa_FSE (doc)

Informe actividades Contratos-programa_FSE(doc)_INCLÚETE_2ª persoa orientadora

Informe actividades Contratos-programa_FSE(odt)_INCLÚETE_2ª persoa orientadora

Exemplo informe actividades Contratos-programa_FSE

Docs_toma_conocimiento_FSE_CP_CAS

Docs_toma_coñecemento_FSE_CP_GAL

Certificado de participación da persoa docente asignada ao programa

Certificado de participación da 2ª persoa orientadora asignada ao programa

Informe PR 988 ABA-FSE  (non é o AL 988 ABA-FSE)  que xa está dispoñible en Xade.

Instrucións para cubrir o primeiro cuestionario "Productividade Participantes Participa 1420

Instruccións para cubrir o segundo cuestionario "Resultado inmediato" de Participa 1420

Manual Participa 1420

 

 

Convocatoria para o curso 2018/19

Resolución do 8 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2018/19, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O prazo para a participación no programa estará aberto desde o 10 ata o 30 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos.

Todo o procedemento da solicitude realizarase a través da aplicación informática, habilitada para tal fin. Para facilitar a elaboración do proxecto, achégase un GUIÓN dos diferentes apartados na mesma orde na que os solicita a aplicación. Só é necesario cubrir os datos necesarios para as actuacións solicitadas.

Modelo autorización para PROA 2018/19

Modelo autorización para o Reforzo de competencias clave 2018/19

Vídeo contratos programa

 

Resolución provisional curso 2018/19

Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados e non seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 8 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2018/19, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Esta publicación abre un prazo de cinco días hábiles para realizar reclamacións ou renuncias, as cales se poderán presentar no rexistro único da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, edificio administrativo de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou noutro rexistro propio ou concertado conforme o Decreto 164/2005, do 16 de xuño, así como por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Ademais de utilizar esta vía, solicítase que adianten unha copia escaneada destas reclamacións ou renuncias ao enderezo electrónico programaseducativos@edu.xunta.es ou, de non ser posible, ao fax nº 981 546 550 co obxecto de axilizar este proceso.

Resolución provisional curso 2018/19

Listaxe provisional dos centros seleccionados

Listaxe provisional dos centros non seleccionados

O prazo para reclamacións ou renuncias remata o xoves 31 de xaneiro de 2019.

 

Resolución definitiva curso 2018/19

Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 8 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2018/19, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Contra esta resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Resolución definitiva curso 2018/19

Listaxe definitiva de centros seleccionados 2018/19

Listaxe definitiva de centros non seleccionados 2018/19

 

 

Convocatoria para o curso 2017/18

Resolución do 31 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2017/18, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo para a participación no programa estará aberto desde o 3 ata o 22 de novembro de 2017, ambos os dous incluídos.

O proxecto debe cubrirse na aplicación. Convén ter en conta que hai que introducir os datos descritivos das actuacións que queren desenvolver; por esta razón pode resultar moi útil ter eses datos recollidos nun documento do que poderán extraer a información que se solicite desde a aplicación informática. Para facilitar a elaboración do proxecto, achégase un GUIÓN dos diferentes apartados na mesma orde na que os solicita a aplicación. Só é necesario cubrir os datos necesarios para as actuacións solicitadas.

Modelo autorización para PROA 2017/18

Modelo autorización para o Reforzo de competencias clave 2017/18

 

Resolución provisional curso 2017/18

Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 31 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2017/18, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Esta publicación abre un prazo de cinco días hábiles para realizar reclamacións ou renuncias, as cales se poderán presentar no rexistro único da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, edificio administrativo de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou noutro rexistro propio ou concertado conforme o Decreto 164/2005, do 16 de xuño, así como por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Ademais de utilizar esta vía, solicítase que adianten unha copia escaneada destas reclamacións ou renuncias ao enderezo electrónico programaseducativos@edu.xunta.es ou, de non ser posible, ao fax nº 981 546 550 co obxecto de axilizar este proceso.

Resolución provisional curso 2017/18

Listaxe provisional dos centros seleccionados

 

Resolución definitiva curso 2017/18

Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 31 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2017/18, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Contra esta resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Resolución definitiva curso 2017/18

Listaxe definitiva de centros seleccionados 2017/18

 

Convocatoria para o curso 2016/17

Resolución do 28 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2016/17, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo para a introdución dos datos estará aberto desde o 29 de novembro ata o 14 de decembro de 2016, ambos os dous incluídos.

O proxecto

O proxecto debe cubrirse na aplicación. Convén ter en conta que hai que introducir os datos descritivos das actuacións que queren desenvolver; por esta razón pode resultar moi útil ter eses datos recollidos nun documento do que poderán extraer a información que se solicite desde a aplicación informática. Para facilitar a elaboración do proxecto, achégase un GUIÓN dos diferentes apartados na mesma orde na que os solicita a aplicación. Só é necesario cubrir os datos necesarios para as actuacións solicitadas.

  •  Introdución

1. Características do contorno socioeducativo do centro que xustifiquen a necesidade do contrato programa:

Darase conta das dificultades e necesidades que aconsellen o desenvolvemento do programa; subliñaranse as características do alumnado desfavorecido, inmigrante, retornado ou en risco de exclusión e mais do seu ambiente sociofamiliar. Indicaranse tamén as fortalezas do centro para levar o programa a cabo: traxectoria e experiencia do centro na participación noutros programas educativos como PIM, PROA, PLAMBE, ABALAR, seccións bilingües, centros plurilingües, COMBAS, Proxecto Terra, Parlamento Xove, ecoescolas...). Incluiranse tamén aqueloutros valores engadidos que o centro considere que ofrece o programa presentado.

  •  Para cada unha das actuacións

a. Razóns que xustifican a necesidade da actuación (identificación de dificultades, colectivos desfavorecidos...)

b. Obxectivos que se perseguen

c. Medidas concretas que se van desenvolver (actividades que van realizar, enunciadas de xeito claro, preciso e concreto).

d. Alumnado ao que vai destinada (nivel, número de grupos...).

e. Profesorado implicado (membros do equipo directivo, departamentos didácticos... Trátase dunha achega que se concretará finalmente no contrato-programa unha vez que o centro coñeza os recursos humanos de que dispón para o curso en vigor e mais a súa dispoñibilidade).

f. Horario no que se desenvolverá a actuación.

g. Orzamento (achegarase un orzamento estimado que inclúa os gastos de funcionamento que se prevén: transporte escolar, consumos, material funxible, material bibliográfico e didáctico, consumibles informáticos, fotocopias...)

h. Indicadores de medida (indicarase claramente o indicador e a porcentaxe de mellora a que se aspira).

Se a actuación o aconsella ou obriga, poderase indicar igualmente:

- Estratexias de coordinación entre centros, indicando as vías polas que se aumentará o nivel de colaboración cos centros adscritos ou do contorno.

- Implicación das familias, doutras institucións ou de empresas, indicando as vías polas que se procurará o aumento da participación/colaboración das familias do alumnado ou doutras entidades decisivas presentes no contorno do centro.

Resolución provisional curso 2016/17

Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 28 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2016/17, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Esta publicación abre un prazo de cinco días hábiles para realizar reclamacións ou renuncias, as cales se poderán presentar no rexistro único da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, edificio administrativo de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou noutro rexistro propio ou concertado conforme o Decreto 164/2005, do 16 de xuño, así como por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Ademais de utilizar esta vía, solicítase que adianten unha copia escaneada destas reclamacións ou renuncias ao enderezo electrónico programaseducativos@edu.xunta.es ou, de non ser posible, ao fax nº 981 546 550 co obxecto de axilizar este proceso.

Resolución definitiva curso 2016/17

Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 28 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2016/17, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Contra esta resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentos para o profesorado e para o centro

  • Para a persoa coordinadora do PROA:
    • horario dos docentes internos acompañantes: cubrir na aplicación informática.
    • memoria final: cubrir na aplicación informática.
    • outros documentos orientativos: autorización alumnado PROA

 

OUTRAS CONVOCATORIAS

Resolución provisional curso 2015/16

Achégase a Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con programas seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2015/16, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes desta consellería.

Esta publicación abre un prazo de 10 días naturais para realizar reclamacións ou renuncias, as cales se poderán presentar no rexistro único da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, edificio administrativo de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou noutro rexistro propio ou concertado conforme o Decreto 164/2005, do 16 de xuño, así como por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.  Ademais de utilizar esta vía, solicítase que envíen unha copia escaneada destas reclamacións ou renuncias ao enderezo electrónico programaseducativos@edu.xunta.es ou, de non ser posible, ao fax núm. 981 546 550 co obxecto de axilizar este proceso.

Resolución definitiva curso 2015/16

Xúntase a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros con plans seleccionados, conforme o disposto no artigo 13 da Resolución do 5 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan, para o curso 2015/16, os contratos-programa con centros docentes e se establecen as bases para a convocatoria e selección de plans dirixidos á mellora do éxito escolar nos centros docentes de educación infantil, primaria e secundaria dependentes desta consellería.

Contra esta resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 107.1, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia conforme os artigos 10, 14 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Edicións anteriores (DOG)