Título node Learning object

O concurso escolar de fotografía, pintura e vídeo "O Monte é a Nosa Vida" está dirixido a todo o alumnado da ESO de Galicia
Mér, 21/11/2012 - 16:46
Concurso escolar de fotografía, pintura e vídeo "O Monte é a Nosa Vida"

Nova edición do concurso escolar de fotografía, pintura e vídeo organizado por Confemadera Galicia en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Medio Rural e do Mar.

Este concurso está dirixido a alumnado da ESO dos centros educativos de toda Galicia que poderán presentarse de forma individual ou colectiva. Como novidade, este ano inclúese unha categoría colectiva para centros de Educación Especial da nosa comunidade.
Os participantes deberán plasmar nunha foto, debuxo, colaxe, vídeo... exemplos de montes reais do seu ámbito nos que se dean as tres vertentes de riqueza forestal, dende o punto de vista económico, social e ambiental. Os materiais enviados deberán estar acompañados por unha explicación escrita que describa estes tres valores do monte elixido.

En paralelo, técnicos de Confemadera Galicia realizarán charlas divulgativas sobre a importancia do monte galego nos centros interesados. A solicitude pode facerse enviando un mail a: omonteeanosavida@maderasdegalicia.com.

A data límite para enviar os traballos será o 30 de abril de 2013. O 30 de maio de 2013 darase a coñecer o nome dos gañadores.
Para máis información, descargar o arquivo anexo das bases do concurso.
 

Menús Learning object node R