Título node Learning object
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte acaba de publicar no BOE a convocatoria de axudas para participar no Programa de Cooperación Territorial «Rutas literarias» durante o curso 2012/2013. Trátase dun programa educativo no que dous grupos de 24 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO de distintas Comunidades Autónomas conviven e coñecen unha das 17 rutas establecidas ao longo de todo o territorio español.
A través dunha serie de itinerarios, relacionados con autores ou textos literarios, búscase fomentar o hábito lector entre o alumnado ao tempo que se favorece o coñecemento e aprecio da riqueza cultural, lingüística, social e ambiental de España, así como a convivencia entre alumnado de diferentes comunidades.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de novembro de 2012. A xestión debe facerse a través da aplicación de xestión do portal web do Ministerio.