Título node Learning object

Dúas mestras da EEI Milladoiro acadan o Premio «Francisco Giner de los Ríos» á mellora da calidade educativa
Ven, 25/01/2013 - 13:13
InnovArte Educación Infantil

Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca, mestras de segundo ciclo de Educación Infantil da Escola de Educación Infantil Milladoiro (Ames - A Coruña), acadaron o Premio «Francisco Giner de los Ríos» á mellora da calidade educativa polo seu proxecto "InnovArte Educación Infantil", segundo aparece publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado.

Este premio único para a etapa de segundo ciclo de Educación Infantil está dotado con 15.000 euros e está encadrado dentro da modalidade de "traballos ou experiencias pedagóxicas de Profesor ou equipo de Profesores".

O blog "InnovArte Educación Infantil" está concibido como un espazo de reflexión e recursos dirixido a todo o profesorado de educación infantil. Na súa "Presentación" as autoras caracterízano do seguinte xeito: "Educar é unha 'arte'  que require da innovación; porén queremos que InnovArte sexa a nosa consigna, que precisa  doutras 'artes'". Na sección "Acerca de IEI" ofrécese unha autodefinición máis completa:

InnovArte non é un blog de aula, nin de centro, senón un blog profesional con vertente formativa (autoformación), que recolle as reflexións e experiencia educativa de dúas mestras de infantil, que deciden compartilas traspasando o reducido ámbito escolar grazas ás posibilidades que nos brindan as ferramentas web 2.0

 

Menús Learning object node R