Asesoría de Internacionalización da Educación

A Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras "Edulingüe 2030" da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ten como un dos seus eixes principais o de estender e afianzar a internacionalización do sistema educativo galego para favorecer a cidadanía global.

A Asesoría de Internacionalización da Educación depende da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

A súa finalidade é a promoción en Galicia dos programas europeos de Educación nos sectores de Educación Escolar e Educación de Persoas Adultas

Os nosos obxectivos son:

  • Difundir a información relativa ós programas europeos de educación.
  • Formar ao profesorado dos sectores escolar e persoas adultas na participación en programas educativos europeos.
  • Asistir ós centros educativos na elaboración de proxectos europeos e na creación de asociacións transnacionais.
  • Asistir ao SEPIE e a EACEA na análise e avaliación de proxectos educativos de Galicia.

Contacto da Asesoría de Internacionalización da Educación (Sectores Escolar e Persoas Adultas)

Asesoras: Sonia Vázquez Gómez e Patricia Ares Yáñez

programas.europeos[@]edu.xunta.gal

981 546 545 / 981 546 533

Servizo de Innovación e Programas Educativos
Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)

Sector Formación Profesional: Asesoría de Programas Internacionais

https://www.edu.xunta.gal/fp/programas-internacionais