Gallego

Máis e mellor actividade física

[actualizado o 27/04/2016]
 

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Secretaría Xeral para o Deporte
    • Fundación Deporte Galego

       

Ámbito: saúde / actividade física
Definición: desenvolvemento dunha hora lectiva semanal de ciencias sociais ou ciencias da natureza en colaboración co profesorado de educación física nun contexto de actividade física e movemento fóra da aula.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria.
Centros: públicos e concertados
Límite de centros participantes: 40 centros.

Criterios de selección:

  1. Adecuación do proxecto á finalidade, aos obxectivos e aos contidos do programa.
  2. Calidade do proxecto presentado.
  3. Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015 cun proxecto final validado e certificado.
  4. Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015.

Responsable do programa:

Nome: Miguel Rodríguez del Corral
Departamento: Fundación Deporte Galego
Teléfono: 881 996376
Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.es

Xustificación

O Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable establece entre as súas prioridades, e fronte aos prexuízos derivados do sedentarismo, o incremento da actividade física en idade escolar, tanto no centro escolar (dentro e fóra do currículo) coma fóra do propio centro (en horario lectivo e non lectivo). Con este programa, preténdese difundir entre a comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa e propiciar, que os nenos e as nenas, incrementen a súa carga de actividade física realizada no ámbito do centro educativo, experimentando novas formas e modelos para conseguir unha condición física máis saudable e para adoptar uns hábitos de vida máis activos.

Obxectivo xeral

MMAF busca posibilitar unha accion transversal, compartida e común das materias de Ciencias Socias / Naturais e Educación Física, sen excluir a outras materias que poidan, a través das súas actividades curriculares, promover hábitos de vida activa e saudable a través do incremento de  actividade física no día a día. Sempre que os/as profesores/as das materias estean dacordo, poderase compartir  unha hora semanal da materia de Ciencias Sociais / Naturais adicándoa á realización dunha programación de actividades que,  partindo dos curriculums educativos de ambas materias e  respondendo ás necesidades e intereses das mesmas,  se realicen a  través de tarefas que conleven unha carga de actividade física.

A presencia dos responsables de ambas materias (profesor/a de Ciencias Socias / Naturais e profesor/a de Educación Física) é imprescindible para que a transversalidade da acción proposta obteña uns resultados satisfactorios.

Enténdese que a actividade física implica movemento corporal nun contexto físico, social e cultural determinado. De tal xeito que, ademáis de constituir un fenómeno biolóxico (que permite o coñecemento das estruturas e funcionamento do propio corpo dun xeito integral), facilita a interacción cos/as compañeiros/as e co medio ambiente (o mundo físico no que nos desenvolvemos) e a trasmisión de valores e tradicións.

Palabras clave

Actividade física. Hábitos de vida saudable.

Obxectivos específicos

PARA O PROFESORADO

  • Asegurar que os/as escolares incrementen a cantidade diaria de actividade física de calidade dentro do currículo, cumprindo así os obxectivos mínimos propostos pola OMS, a UE e os gobernos estatal e galego.
  • Incorporar, nunha hora a semana das materias de Ciencias Sociais/Naturais, contidos e tarefas utilizando como medio a actividade física e o exercicio físico, que posibiliten unha transferencia cara ao tempo de lecer do alumnado.
  • Facilitar a adquisición das competencias e dos coñecementos relacionados con ambas as dúas materias, dun xeito más innovador e dinámico.

Metodoloxía recomendada

A presencia dos responsables de ambas materias (profesor/a de Ciencias Socias / Naturais e profesor/a de Educación Física) é imprescindible para que a transversalidade da acción proposta obteña uns resultados satisfactorios.

Temporización

A temporalización abarcará todo o curso escolar.

Actividades e recursos

Vinculación co Plan Proxecta

A vinculación do programa Máis e mellor actividade física coas liñas estratéxicas do Plan Proxecta é clara. Como xa citamos, un dos obxectivos xerais do programa Xogade é promover a educación en valores a través do potencial educativo do deporte ofrecendo recursos metodolóxicos para o ensino dos valores inherentes ao deporte en distintas actividades escolares e na vida diaria.

Vinculación coas competencias clave

E no referente á adquisición das competencias clave, o enfoque do noso programa ten cabida en todas elas:

  1. Comunicación lingüística, a través da adquisición de normas e o traballo globalizado.
  2. Matemática e competencia básicas en ciencia e tecnoloxía, axudando o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices coas diferentes metodoloxías lúdicas.
  3. Dixital, a través do uso de aplicacións informáticas e das redes sociais como ferramentas para compartir coñecementos e experiencias, fomentado a creación de redes e microrredes de traballo.
  4. Aprender a aprender, á que se chega a través da consecución de vivencias que contribúan a crear e asentar hábitos de ocio activo, así como recursos básicos para que os participantes autoxestionen as súas prácticas.
  5. Sociais e cívicas, favorecendo os aspectos afectivos e sociais da súa personalidade.
  6. Sentido de iniciativa e espírito empreNdedor, axudándolles a proxectar e ampliar os coñecementos nas actividades fisico-deportivas que realicen no seu tempo de lecer ao longo de toda a súa vida, sabendo que é o que fai e escollendo en función dos seus coñecementos, necesidades e intereses aquilo que lle pareza máis oportuno.
  7. Conciencia e expresións culturais, cos xogos populares e coñecementos sobre a cultura físico-deportiva.

Produto final

Xunto coa memoria final, os centros participantes deberán entregar un produto (web, blogspot, ligazón) de difusión do seu traballo. Este produto debe recoller o traballo do proxecto na modalidade na que se participa (investigación, preparación, realización-participación, avaliación), integrar as novas tecnoloxías e mais a participación activa dos escolares.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Móvete+

Proxecta

[actualizado o 27/04/2016]
 

Ficha técnica

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Secretaría Xeral para o Deporte
    • Fundación Deporte Galego

Ámbito: saúde / actividade física
Definición: participación en actividades de carácter lúdico e transversal para o fomento da actividade física utilizando a música e o movemento.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO e bacharelato, FP e adultos.
Límite de centros participantes: 40 centros.

Criterios de selección:

  1. Adecuación do proxecto á finalidade, aos obxectivos e aos contidos do programa.
  2. Calidade do proxecto presentado.
  3. Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015 cun proxecto final validado e certificado.
  4. Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015.

Responsable do programa:

Nome: Miguel Rodríguez del Corral
Departamento: Fundación Deporte Galego
Teléfono: 881 996 376
Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.es

Xustificación

O Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable establece entre as súas prioridades, e fronte aos prexuízos derivados do sedentarismo, o incremento da actividade física en idade escolar, tanto no centro escolar (dentro e fóra do currículo) coma fóra del. Con este programa, preténdese difundir entre a comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa e propiciar que os nenos e nenas incrementen a súa carga de actividade física realizada no ámbito do centro educativo, experimentando novas formas e modelos para a conseguir unha condición física máis saudable e a adoptar uns hábitos de vida máis activos.

Obxectivo xeral

Móvete+ é unha proposta para toda a comunidade do centro educativo. Trátase de promover a actividade física a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ao mesmo tempo sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos ao que recomenda a Organización Mundial da Saúde.

A través dunha coreografía, música e letra orixinal, e a súa implantación nas clases de Educación Física, Música, nos tempos de lecer, nos cambios de clase, etc, Móvete+ busca difundir a necesidade de adquirir hábitos de vida activa orientada ao mantemento e mellora da saúde, e a prevención de enfermidades crónicas non transmisibles (ECNT).

Na memoria final deberase entregar un vídeo ou unha ligazón a unha web, blog ou páxina similar coa coreografía traballada (ensaios, actividades, etc.) e o seu resultado final (flashmobe, lipdup, etc).

Palabras clave

Actividade física. Creatividade. Hábitos de vida saudable. Sedentarismo.

Obxectivos específicos

PARA O ALUMNADO

  • Manter o mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.

PARA O PROFESORADO

  • Dotar o alumnado de competencia motriz que lle permita adaptarse a varias situacións da práctica non só lúdica e deportiva senón tamén da súa vida diaria.
  • Incrementar a participación do alumnado en diferentes actividades fisico-deportivas.

 

Metodoloxía recomendada

Os centros educativos teñen a liberdade de seguir a coreografía no seu formato orixinal ou ben, partindo desta proposta, realizar unha adaptación da mesma (coreografía, música, vestiario, etc).

Temporización

A temporización abarcará todo o curso escolar.

Actividades e recursos

Vinculación co Plan Proxecta

A vinculación do programa Móvete+ coas liñas estratéxicas do Plan Proxecta é clara. Como xa citamos, un dos obxectivos xerais deste programa é promover a educación en valores a través do potencial educativo do deporte ofrecendo recursos metodolóxicos para o ensino dos valores inherentes ao deporte en distintas actividades escolares e na vida diaria.

Vinculación coas competencias clave

E no referente á adquisición das competencias clave, o enfoque do noso programa ten cabida en todas elas:

  1. Comunicación lingüística, a través da adquisición de normas e o traballo globalizado.
  2. Matemática e competencia básicas en ciencia e tecnoloxía, axudando o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices coas diferentes metodoloxías lúdicas.
  3. Dixital, a través do uso de aplicacións informáticas e das redes sociais como ferramentas para compartir coñecementos e experiencias, fomentado a creación de redes e microrredes de traballo.
  4. Aprender a aprender, á que se chega a través da consecución de vivencias que contribúan a crear e asentar hábitos de ocio activo, así como recursos básicos para que os participantes autoxestionen as súas prácticas.
  5. Sociais e cívicas, favorecendo os aspectos afectivos e sociais da súa personalidade.
  6. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor, axudándolles a proxectar e ampliar os coñecementos nas actividades fisico-deportivas que realicen no seu tempo de lecer ao longo de toda a súa vida, sabendo que é o que fai e escollendo en función dos seus coñecementos, necesidades e intereses aquilo que lle pareza máis oportuno.
  7. Conciencia e expresións culturais, cos xogos populares e coñecementos sobre a cultura físico-deportiva.

Produto final

Xunto coa memoria final, os centros participantes deberán entregar un produto (web, blogspot, ligazón) de difusión do seu traballo. Este produto debe recoller o traballo do proxecto na modalidade na que se participa (investigación, preparación, realización-participación, avaliación), integrar as novas tecnoloxías e mais a participación activa dos escolares.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Proxecto Deportivo de Centro (PDC)

Proxecta

[actualizado o 27/04/2016]
 

Ficha técnica

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Secretaría Xeral para o Deporte
    • Fundación Deporte Galego

Ámbito: saúde / actividade física
Definición: creación de unidades de promoción de actividade física saudable nos centros educativos.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO, bacharelato, FP e adultos.
Centros: públicos e concertados
Límite de centros participantes: 40 centros.

Criterios de selección:

  1. Adecuación do proxecto á finalidade, aos obxectivos e aos contidos do programa.
  2. Calidade do proxecto presentado.
  3. Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015 cun proxecto final validado e certificado.
  4. Centros participantes na experiencia do curso 2014-2015.
  5. Outros centros interesados, que presenten un borrador de proxecto onde se recolla ou ben unha experiencia xa implantada na liña do PDC ou ben presenten un proxecto que contemple as liñas básicas do PDC (diagnose, mapa de recursos, programación de actividades, etc.).

Responsable do programa:

Nome: Miguel Rodríguez del Corral
Departamento: Fundación Deporte Galego
Teléfono: 881 996 376
Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.es

Xustificación

O Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable establece entre as súas prioridades, e fronte aos prexuízos derivados do sedentarismo, o incremento da actividade física en idade escolar, tanto no centro escolar (dentro e fóra do currículo) coma fóra do propio centro (en horario lectivo e non lectivo). Con este programa, preténdese difundir entre a comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa e propiciar, que os nenos e as nenas, incrementen a súa carga de actividade física realizada no ámbito do centro educativo, experimentando novas formas e modelos para conseguir unha condición física máis saudable e a adoptar uns hábitos de vida máis activos.

Obxectivo xeral

O centro escolar actuará como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados). O seu obxetivo final  e que o 100%  dos alumnos e alumnas reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no non lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física,  co obxetivo final de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida.

O PDC será o instrumento de planificación, desenvolvemento e  avaliación dos programas de   fomento da actividade física, exercicio físico e deporte para a saúde nos escolares galegos, sendo o primeiro paso para a constitución dunha Unidade de Promoción do Exercicio Físico Saudable (UPES) nos centros educativos.

O PDC terá un coordinador (deportivo) do centro que  actuará como nexo de unión, coordinando e rentabilizando as actuacións que se poidan realizar entre os distintos axentes implicados (como poden ser entre outros) :

  •  Secretaría Xeral para o Deporte.
  •  Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  •  Persoal docente do centro escolar e resto de persoal dos centros educativos (conserxería, limpeza, cociña, mantemento, etc).
  •  ANPA e comunidades educativas.
  •  Concello.
  •  Agrupación deportiva escolar.
  •  Servizos deportivos da localidade (públicos e privados).

Palabras clave

Actividade física. Hábitos de vida saudable.

Temporización

A temporalización abarcará todo o curso escolar.

Actividades e recursos

Material didáctico:

Recursos web de promoción de actividade física e saúde:

Vinculación co Plan Proxecta

A vinculación do programa Proxecto Deportivo de Centro (PDC) coas liñas estratéxicas do Plan Proxecta é clara. Como xa citamos, un dos obxectivos xerais do programa Xogade é promover a educación en valores a través do potencial educativo do deporte ofrecendo recursos metodolóxicos para o ensino dos valores inherentes ao deporte en distintas actividades escolares e na vida diaria.

Vinculación coas competencias clave

E no referente á adquisición das competencias clave, o enfoque do noso programa ten cabida en todas elas:

  1. Comunicación lingüística, a través da adquisición de normas e o traballo globalizado.
  2. Matemática e competencia básicas en ciencia e tecnoloxía, axudando o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices coas diferentes metodoloxías lúdicas.
  3. Dixital, a través do uso de aplicacións informáticas e das redes sociais como ferramentas para compartir coñecementos e experiencias, fomentado a creación de redes e microrredes de traballo.
  4. Aprender a aprender, á que se chega a través da consecución de vivencias que contribúan a crear e asentar hábitos de ocio activo, así como recursos básicos para que os participantes autoxestionen as súas prácticas.
  5. Sociais e cívicas, favorecendo os aspectos afectivos e sociais da súa personalidade.
  6. Sentido de iniciativa e espírito empreNdedor, axudándolles a proxectar e ampliar os coñecementos nas actividades fisico-deportivas que realicen no seu tempo de lecer ao longo de toda a súa vida, sabendo que é o que fai e escollendo en función dos seus coñecementos, necesidades e intereses aquilo que lle pareza máis oportuno.
  7. Conciencia e expresións culturais, cos xogos populares e coñecementos sobre a cultura físico-deportiva.

Produto final

Xunto coa memoria final, os centros participantes deberán entregar un produto (web, blogspot, ligazón) de difusión do seu traballo. Este produto debe recoller o traballo do proxecto na modalidade na que se participa (investigación, preparación, realización-participación, avaliación), integrar as novas tecnoloxías e mais a participación activa dos escolares.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Xogade

[actualizado o 27/04/2016]
 

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Secretaría Xeral para o Deporte
    • Fundación Deporte Galego

Ámbito: saúde / actividade física
Definición: fomento e consolidación de hábitos físico-deportivos saudables mediante a participación en actividades deportivas.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria e ESO
Límite de centros participantes: non hai límite

Criterios de selección:

  1. Adecuación do proxecto á finalidade, aos obxectivos e aos contidos do programa.
  2. Calidade do proxecto presentado.

Responsable do programa:

Nome: Miguel Rodríguez del Corral
Departamento: Fundación Deporte Galego
Teléfono: 881 996 376
Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.es

Xustificación

O Plan de Fomento de Actividade Física Galicia Saudable establece entre as súas prioridades, e fronte aos prexuízos derivados do sedentarismo, o incremento da actividade física en idade escolar, tanto no centro escolar (dentro e fóra do currículo) coma fóra del. Con este programa, preténdese difundir entre a comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa e propiciar que os nenos e as nenas incrementen a súa carga de actividade física realizada no ámbito do centro educativo, experimentando novas formas e modelos para conseguir unha condición física máis saudable e adoptando uns hábitos de vida máis activos.

Obxectivo xeral

O programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar) ten como finalidade que a actividade física chegue a ser un hábito diario na nosa poboación escolar, orientando a súa práctica non soamente cara o deporte competitivo, senón cara a unha actividade física, exercicio físico ou deporte orientado para a saúde, mantendo estes hábitos físico-deportivos saudables e de vida activa, adquiridos na idade escolar, ata a vellez. Por iso é clave a súa práctica desde a infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro estilo de vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables.

As modalidades de Xogade incluídas dentro do Plan Proxecta son as correspondentes a "Actividade Deportiva" e "Móvete+", ofertadas para o curso educativo en vigor.

Na "Actividade Deportiva" conviven 21 modalidades diferentes con actividades de carácter local, provincial e autonómico na maioría dos casos. Cada modalidade deportiva posúe unha normativa específica. A participación en cada modalidade deportiva irá acorde á seguinte táboa de idades (considerada orientativa) para o curso 2015-2016:

  1. Benxamín: 2009-2005
  2. Alevín: 2002-2003
  3. Infantil: 2002-2001
  4. Cadete: 2000-1999

As 21 modalidades previstas son: Atletismo en pista, Bádminton, Baloncesto, Balonmán, Béisbol e sofbol, Campo a través, Duatlón, Fútbol sala, Judo, Loita, Natación, Natación sincronizada, Orientación, Patinaxe artística, Taekwondo, Tenis de mesa, Triatlon, Voleibol, Xadrez, Ximnasia rítmica, Xogando co atletismo.

En conxunto, Xogade está composto por 6 subprogramas distintos: (1) Actividade Deportiva, (2) Actividade Lúdica, (3) Coñece o meu club, (4) Educación, Deporte e Valores, (5) Móvete+ e (6) Xogos Populares. De todos estes subprogramas, selecciónanse dous para a súa inclusión dentro do Plan Proxecta: “Actividade Deportiva Escolar” e “Móvete+”. O resto dos subprogramas non son obxecto desta convocatoria, e  desenvólvense a través da súa canle propia na Secretaria Xeral para o Deporte:  http://www.deporteescolargalego.com/

Palabras clave

Deporte escolar. Hábitos de vida saudable. Xogo.

Obxectivos específicos

PARA O ALUMNADO, PARA O PROFESORADO, PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

  • Incrementar a participación nas diferentes modalidades deportivas fomentando as actividades físico-deportivas nas poboacións escolares.
  • Facilitar, a través da participación no programa, unha programación anual de actividades físico-deportivas para realizar no centro educativo, como continuidade, preparación ou complemento do programa Xogade.
  • Beneficiarse do gran potencial educativo e formativo que nos proporciona a práctica deportiva, empregando a competición, o xogo... como forma para canalizar as necesidades dos nosos escolares. Trátase de educalos para saber competir sacando o máximo proveito desta actividade, non só a nivel de rendemento deportivo, senón a nivel persoal (saber gañar, saber perder, respecto ás regras e aos contrarios, xogo limpo, esforzo persoal e colectivo, a forza da colectividade/equipo, etc).
  • Impulsar a función integradora e de cohesión social do deporte e a actividade física.
  • Manter e mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.
  • Permitir a aprendizaxe dos conceptos técnicos e tácticos das diferentes modalidades deportivas, así como o desenvolvemento das cualidades físicas necesarias para poñelas en práctica.
  • Transmitir hábitos, actitudes e valores como a tolerancia, o respecto polos demais e polas regras, o esforzo de superación, a cooperación, a confianza, etc.
  • Potenciar o xogo limpo e a deportividade.
  • Ofrecerlles aos escolares a oportunidade de participar xunto outros escolares galegos, en eventos nacionais con seleccións de diferentes comunidades autónomas.
  • Axudar e apoiar a aqueles escolares que polas súas cualidades, o seu esforzo e o seu traballo diario necesitan dar un paso máis cara a diante na práctica deportiva.
  • Fomentar as relacións entre as diferentes pezas da engrenaxe deportiva, como os clubs, as agrupacións deportivas escolares e as federacións cos centros escolares, co fin de ofrecerlle ao noso alumnado un maior aproveitamento dos recursos existentes na nosa comunidade de cara á práctica deportiva, independentemente do obxectivo recreativo, saudable ou de rendemento que busquen.
  • Dotar o escolar de competencia motriz que lle permita adaptarse a varias situacións da práctica non só lúdica e deportiva senón tamén da súa vida diaria.
  • Favorecer o uso das novas tecnoloxías da información para o traballo por proxectos en materias transversais e de promoción de actividade física e saúde.

 

Temporización

 

A temporización abarca todo o curso escolar, pero a concreción no tempo pode variar en función da modalidade deportiva competitiva elixida.

Actividades e recursos

Vinculación co Plan Proxecta

A vinculación do programa Xogade coas liñas estratéxicas do Plan Proxecta é clara. Como xa citamos, un dos obxectivos xerais do programa Xogade é promover a educación en valores a través do potencial educativo do deporte ofrecendo recursos metodolóxicos para o ensino dos valores inherentes ao deporte en distintas actividades escolares e na vida diaria.

Xunto coa memoria final, os centros participantes deberán entregar un produto (web, blogspot, ligazón) de difusión do seu traballo. Este produto debe recoller o traballo do proxecto na modalidade na que se participa (investigación, preparación, realización-participación, avaliación), integrar as novas tecnoloxías e mais a participación activa dos escolares.

Vinculación coas competencias clave

E no referente á adquisición das competencias clave, o enfoque do noso programa ten cabida en todas elas:

  1. Comunicación lingüística, a través da adquisición de normas e o traballo globalizado.
  2. Matemática e competencia básicas en ciencia e tecnoloxía, axudando o desenvolvemento das capacidades perceptivo-motrices coas diferentes metodoloxías lúdicas.
  3. Dixital, a través do uso de aplicacións informáticas e das redes sociais como ferramentas para compartir coñecementos e experiencias, fomentado a creación de redes e microrredes de traballo.
  4. Aprender a aprender, á que se chega a través da consecución de vivencias que contribúan a crear e asentar hábitos de ocio activo, así como recursos básicos para que os participantes autoxestionen as súas prácticas.
  5. Sociais e cívicas, favorecendo os aspectos afectivos e sociais da súa personalidade.
  6. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor, axudándolles a proxectar e ampliar os coñecementos nas actividades fisico-deportivas que realicen no seu tempo de lecer ao longo de toda a súa vida, sabendo que é o que fai e escollendo en función dos seus coñecementos, necesidades e intereses aquilo que lle pareza máis oportuno.
  7. Conciencia e expresións culturais, cos xogos populares e coñecementos sobre a cultura físico-deportiva.
Gallego

Tema: 

Sección: 

A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha o novo proxecto de contidos curriculares educativos dixitais en 84 centros educativos, beneficiando a 3.500 estudantes galegos

O número de centros e alumnos participantes neste primeiro ano supera amplamente a previsión inicial

Á convocatoria presentáronse 90 solicitudes, e foi un éxito entre os centros públicos, que representan o 90% dos proxectos presentados

Os contidos serán totalmente gratuítos para as familias. Está previsto chegar a 22.500 estudantes no período 2014-2017

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha o novo proxecto de contidos
A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha o novo proxecto de contidos curriculares educativos dixitais en 84 centros educativos, beneficiando a 3.500 estudantes galegos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a resolución definitiva da convocatoria para a posta en marcha do novo proxecto de plataforma de contidos curriculares educativos dixitais, que se implantará no curso 2014/2015 en 84 centros educativos de toda Galicia. En total recibíronse 90 solicitudes nunha convocatoria que foi un éxito entre os centros públicos, que representan o 90% dos proxectos presentados. Ademais, un de cada tres centros públicos Abalar de primaria va a ser beneficiarios do programa.

Cómpre sinalar, ademais, que o número de centros e estudantes participantes neste primeiro ano de implantación do proxecto supera amplamente a previsión inicial. Non en balde, estímase que a iniciativa chegará xa este próximo ano académico a 3.500 alumnas e alumnos de 5º de Primaria, fronte aos 2.500 previstos nun primeiro momento.  O obxectivo é que este proxecto chegue a 22.500 alumnas e alumnos no período 2014-2017. Nesta plataforma as familias participantes no proxecto poderán ter os contidos curriculares dos seus fillos totalmente gratis.

A esta primeira convocatoria puideron presentarse os centros educativos adscritos á rede Abalar que impartan no curso 2014/2015 ensinanzas de 5º de Educación Primaria; e que cumpran requerimentos como contar cunha conexión de datos cunha velocidade nominal mínima de baixada - que variará segundo o número de aulas vinculadas ao proxecto, dos 2 Mbps aos 10 Mbps-, presentar un proxecto para a implantación do libro dixital ou propoñer unha persoa coordinadora do proxecto.

O proxecto

O proxecto arrancará o vindeiro curso 2014/2015 incorporando alumnos de 5º de primaria. No curso 2015/16 a previsión é que a plataforma estea dispoñible en 5ª e 6ª de primaria e 1º de ESO e que no terceiro ano do proxecto, no curso 2016/2017 sexa empregado estudantes de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO.

Na plataforma de aprendizaxe virtual, os alumnos poderán acceder tanto de xeito online como off line a contidos curriculares completos e gratuítos para as familias facilitados pola Xunta como a aqueles elaborados polos propios docentes dos centros educativos. Ademais, esta nova ferramenta facilitará o acceso aos contidos de pago de empresas editoras gazas á conexión co Punto Neutro do Ministerio de Educación.

Tema: 

Sección: 

TALIS (Estudo Internacional da Ensinanza e a Aprendizaxe)

TALIS (Teaching and Learning Internacional Survey) é un estudo promovido pola OCDE cuxo obxectivo principal é ofrecer información sobre os procesos educativos a través de enquisas aos docentes e aos directores dos centros. O obxectivo é contribuír á elaboración de indicadores internacionais que axuden aos países a desenvolver a súa política educativa respecto ao profesorado e ao proceso de ensinanza e aprendizaxe.
O primeiro ciclo de estudo tivo lugar en 2007/2008 e en el participaron 24 países. Na primavera de 2013 tivo lugar a recollida de datos do segundo ciclo TALIS 2013, que contou coa participación de 34 países. Nestes momentos estanse analizando os datos e preparando a publicación do informe internacional, que terá lugar en xuño de 2014.
O obxectivo deste novo ciclo consiste en manter un equilibrio entre a estabilidade no contido (para poder medir tendencias entre ciclos) e engadir elementos novos relacionados cos aspectos pedagóxicos do traballo do profesorado.
España está participando na opción internacional que relaciona TALIS e PISA para comprender en maior profundidade a variación que se da nas respostas do profesorado con respecto as súas actitudes e prácticas educativas. Esta opción permitirá proporcionar un contexto ás respostas do profesorado e directores de TALIS.
No enlace que aparece máis abaixo pódese acceder aos resultados do último Informe TALIS.

Gallego
TALIS (Estudo Internacional da Ensinanza e a Aprendizaxe)

Colectivo: 

Relación provisional de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto experimental Educación Dixital

Gallego

Xúntase a relación provisional de centros seleccionados na convocatoria para participar no proxecto experimental Educación Dixital E-DIXGAL conforme ao baremo que figura no punto sétimo da Resolución do 12 de abril de 2014 (DOG do 30 de abril).

Establécese un prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os centros interesados podan efectuar as posibles reclamacións ou renuncias.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 20 de maio de 2014 pola que se regula o plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería, durante o curso escolar 2014/2015

Gallego

Xúntase a Resolución do 20 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería, durante o curso escolar 2014/15.

  • O prazo para cubrir e enviar a solicitude vai desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de setembro de 2014, ambos incluídos.

Servizo relacionado: 

Tema: 

Sección: 

Resolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2013/2014

Gallego

Xúntase a Resolución da convocatoria do 28 de febreiro de 2014 da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establecen as bases reguladoras para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e se procede á súa convocatoria para o curso académico 2013-2014.

Colectivo: 

Convócase a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/2015

Gallego

Xúntase a Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/15.

O proxecto Educación Dixital E-DIXGAL ten o obxectivo de fomentar a utilización do equipamento das aulas Abalar poñendo á disposición dos centros unha contorna virtual de aprendizaxe con libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolver a totalidade do currículo.

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria durante o curso 2014-2015. En anos sucesivos ampliarase os cursos e etapas de implantación deste proxecto.

Características:

  • Deberán empregarse materiais dixitais en todas as áreas.

  • Os centros manterán o programa un mínimo de 3 anos (dúas promocións).

  • Os materiais poderán utilizarse online e offline.

  • Debido á gratuidade do proxecto, o alumnado participante quedará excluído como beneficiario das axudas ou subvencións para adquisición de libros de texto convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Os centros participantes contarán co asesoramento, asistencia técnica e seguimento da rede de formación Permanente do profesorado, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os servizos de inspección educativa.

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo o anexo da convocatoria.

  • Proxecto concretando a implantación no centro segundo o guión do punto cuarto da convocatoria.

  • Proposta dunha persoa responsable da coordinación do proxecto.

Máis información:

Correo electrónico asesoria.tic@edu.xunta.es

Tl.: 981 546.514/ 981.546.513

 

Colectivo: