Gallego

Documentación

CURSO 2024/25:

Resolución do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional  durante o curso 2024/25.

Ampliación do prazo de soliticude do Plan Proxecta+ para o curso 2024/25

Resolución provisional Plan Proxecta+ 2024/25

Resolución definitiva Plan Proxecta 2024/25

Logo do Plan Proxecta+

 


 

CURSO 2023/24:

Resolución do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24

Resolución provisional de proxectos admitidos 2023/24

Resolución definitiva de proxectos admitidos 2023/24

Logo do Plan Proxecta+


 

CURSO 2022/23:

Resolución do 20 de maio de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con forndos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2022/23.

Resolución provisional de proxectos admitidos 2022/23

Resolución definitiva de proxectos admitidos 2022/23


 

CURSO 2021/22:

Resolución do 21 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2021/22

Ampliación do prazo de solicitude de participación

Resolución provisional de proxectos admitidos 2021/22

Modelo de renuncia ou reclamación

Resolución definitiva


 

CURSO 2020/21:

Resolución do 2 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o curso 2020/21

Tal e como se establece no apartado 10.2 da Resolución do 2 de outubro de 2020 que regula o Plan Proxecta, A publicación da resolución provisional abrirá un prazo de 5 días hábiles para efectuarreclamacións ou renuncias dirixidas á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.Deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xuntade Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario xenérico PR004A.

Resolución provisional de proxectos admitidos 2020/21

Modelo orientativo de reclamacións ou renuncias

Resolución definitiva de proxectos admitidos 2020/21


 

CURSO 2019/20:

Resolución do 23 de setembro de 2019 pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2019/2020

Resolución provisional de centros admitidos 2019/20 

Tal e como se establece no apartado 10.2 da Resolución do 23 de setembro de 2019 que regula o Plan Proxecta, ábrese un prazo de 10 días naturais (ata o 17 de novembro de 2019, inclusive) para efectuar reclamacións e/ou renuncias a esta listaxe provisional, que deberán presentarse no enderezo electrónico planproxecta@edu.xunta.es.

Modelo orientativo de reclamacións ou renuncias

Resolución definitiva de centros admitidos 2019/20

Corrección de erros da resolución definitiva de centros admitidos 2019/20


 

CURSO 2018/19:

Resolución do 26 de setembro de 2018 pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2018/2019

Ampliación do prazo de solicitude de participación

Resolución provisional de admitidos 2018/19

Tal e como se establece no artigo 10.2 da Resolución do 26 de setembro de 2018 que regula o Plan Proxecta ábrese un prazo de 10 días naturais (ata o 24 de novembro de 2018, inclusive) para efectuar reclamacións e/ou renuncias a esta listaxe provisional que deberán presentarse no enderezo electrónico planproxecta@edu.xunta.es.

Achégase un modelo orientativo de reclamacións ou renuncias.

Resolución definitiva de admitidos 2018/19


 

CURSO 2017/18:

Resolución do 15 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso escolar 2017/18.

Ampliación do prazo de solicitude de participación

Resolución provisional de admitidos 2017/18

Tal e como se establece no artigo 10.2 da Resolución do 15 de setembro de 2017 que regula o Plan Proxecta ábrese un prazo de 10 días naturais (ata o 20 de novembro de 2017, inclusive) para efectuar reclamacións e/ou renuncias a esta listaxe provisional que deberán presentarse no enderezo electrónico planproxecta@edu.xunta.es.

Achégase un modelo orientativo de reclamacións ou renuncias.

Resolución definitiva de admitidos 2017/18


 

CURSO 2016/17:

Resolución de 6 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establece as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2016/17. (Diario Oficial de Galicia do 19/09/2016, versión en GL e en ES)

Resolución provisional dos proxectos admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2016/2017.


 

CURSO 2015/16:

PREMIO PROXECTA 2016: Resolución do 11 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015-2016.

Resolución provisional dos proxectos admitidos e non admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2015/2016.

Listaxes definitivas de centros admitidos e non admitidos no Plan Proxecta no curso 2015-16.

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2015/16. (Diario Oficial de Galicia do 15/07/2015, versión en GL e en ES)

Resolución de 17 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establece as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2015/16. (Diario Oficial de Galicia do 1/07/2015, versión en GL e en ES)


 

CURSO 2014/15:

Resolución definitiva da admisión de proxectos para participar no Plan Proxecta no curso 2014-15.

Resolución de 20 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, regula o Plan Proxecta e establece as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2014/15. (Versión en pdf)


 

CURSO 2013/14:

Criterios de valoración dos proxectos. Plan Proxecta 2013-2014

Listaxe provisoria dos proxectos admitidos e non admitidos para a súa participación no Plan Proxecta durante o curso 2013/2014

Resolución do 24 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2013/14


 

CURSO 2012/13:

Resolución do 14 de agosto de 2012, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Preguntas frecuentes

Actualizado para o curso 2024/25

 

1. Que centros poden participar?

  • A convocatoria está dirixida a centros públicos e concertados.

  • Cada programa establece os seus criterios de selección e o límite de centros.

2. Cantos programas se poden solicitar?

  • Os que o centro decida, ata un máximo de 10.

3. Cando remata o prazo para formalizar a solicitude?

  • O prazo remata o día 27 de setembro de 2024 (incluído).

4. Como se formaliza a solicitude? Quen debe facelo?

  • Todo o procedemento de solicitude debe realizarse a través da aplicación informática do Plan Proxecta+ (véxase o apartado 8 da convocatoria). Non haberá que presentar a solicitude en papel a través do Rexistro Xeral.

  • A solicitude debe abrila a persoa directora do centro. A ruta é a seguinte: entrar co usuario da persoa directora > seleccionar Plan Proxecta+ e curso 2024/25> Listaxe programas > seleccionar o programa desexado > premer SOLICITAR.

  • Ábrese unha pantalla cos campos do proxecto e aí débese premer CREAR (non é preciso aínda encher eses campos).

  • Unha vez aberta, a persoa directora debe introducir o DNI da persoa que vaia coordinar o proxecto. A partir de aquí a solicitude estará en estado de "edición".

  • A persoa coordinadora, unha vez indicado quen é na aplicación, debe cubrir os contidos do proxecto que o centro quere desenvolver.

  • Unha vez rematada a descrición do proxecto que se pretende desenvolver, a persoa directora do centro debe pechar a solicitude premendo ENVIAR.

  • Rematados todos estes pasos, a solicitude estará en estado de "trámite".

  • A presentación da solicitude supón o compromiso do centro e do profesorado implicado no desenvolvemento do/s programa/s en que se inscriba.

5. Que quere dicir que a solicitude está en estado de...?

  • Edición: a solicitude está en proceso de elaboración, ou sexa, o centro aínda non rematou de cubrila. É a dirección do centro quen debe pechar a solicitude .

                                                                               

  • Trámite: o proxecto está rematado, pechado e enviado. Neste caso, figurará a data de peche para comprobar que se fixo dentro do prazo.

                                                                                

  • Anulada: a solicitude foi invalidada por algún tipo de incidencia ou por renuncia antes do inicio do proceso de selección.
  • Admitida: a solicitude cumpre os criterios do programa e é admitida dentro da cota de centros establecida polo programa.
  • Non admitida: a solicitude está en regra, pero non cumpre os criterios de programa ou non entra dentro da cota de proxectos admitidos, polo tanto é desbotada.
  • Renuncia: a solicitude é desbotada polo propio centro.

Estes cambios de estado comunícanse ao centro automaticamente a través dun correo electrónico emitido desde a aplicación informática.

O percorrido habitual dunha solicitude sería este: Edición > Trámite > Validada > Admitido

6. Onde se publicará a información relativa a esta resolución?

7. Que duración ten a participación no Plan Proxecta+?

  • O curso escolar para o que se convoca, isto é, 2024/25.

  • Todos os programas do Plan Proxecta+ teñen unha temporización de curso completo a excepción dos programas Consumópolis e Clases sen fume que teñen unha temporización de medio curso.

8. Ten algún tipo de recoñecemento a participación do profesorado participante no Plan Proxecta+?

  • Si, certificarase como actividade de innovación educativa, cunha equivalencia en número de horas de formación que dependerá da actividade de curso completo ou medio curso do programa en que se inscriba e conforme á normativa en vigor en materia de recoñecemento das actividades de innovación educativa do profesorado (Orde de 14 de maio de 2013).

  • Durante o curso 2024/25 a equivalencia en número de horas de formación será a seguinte:

    • Proxectos que se realicen só medio curso (Consumópolis e Clases sen fume)

      • Coordinación: 15 horas

      • Participación: 12 horas

    • Proxectos que se realicen durante todo o curso (todos os demais programas):

      • Coordinación: 30 horas

      • Participación: 20 horas​​​​​​​

  • Cómpre ter en conta que nunca se vai certificar por máis dun Plan Proxecta; é dicir, aínda que un docente participe en varios plans, acadará unha soa certificación por curso académico.

9. Pode participar todo o profesorado?

  • Pode participar o profesorado que teña destino no centro solicitante durante o curso 2024/25, cando menos no período no que se desenvolva o programa.

  • Será indispensable para obter a certificación ter participado polo menos no 80% do programa, así como estar rexistrado na aplicación informática antes do 17 de xaneiro de 2025. Calquera cambio posterior debe estar debidamente xustificado e as solicitudes para modificar o profesorado deben incluír a data de incorporación do docente ao centro e o visto e prace de inspección educativa.

10. En cantos programas pode participar o profesorado? Cantos proxectos se poden coordinar?

  • Cada centro poderá participar no número de programas que poida desenvolver de forma efectiva ata un máximo de dez.

  • Cada docente (á marxe da súa condición de coordinador/a ou participante) recibirá unha única certificación por curso académico, independentemente do número de programas nos que participe.

  • Se un/unha docente participa en máis dun programa con distintos roles recibirá unha única certificación por curso académico. Prevalecerá sempre a condición de coordinador/a sobre a de participante. Se o rol é o mesmo prevalecerá a participación en programas de temporización de curso completo sobre os de medio curso.

11. Que sucede se un docente se dá de baixa do programa?

  • Se un docente deixa de participar no desenvolvemento do programa, na memoria final deixarase en branco o cadro que acredita a súa participación. Asimesmo, a persoa coordinadora marcará a opción "Non certifica" na memoria.

  • Se o docente que se dá de baixa é a persoa que coordina o programa, cómpre substituíla canto antes tanto no traballo efectivo coma na aplicación informática para que se poidan realizar debidamente os labores de coordinación.

  • Se o programa chega ao final do curso só cun docente participante deixaranse de cumprir as bases da convocatoria.

12. Que sucede se un docente se quere incorporar ao desenvolvemento dun programa?

  • Ata o 17 de xaneiro de 2025 pódense incorporar docentes que non estivesen incluídos na solicitude. Cómpre comunicalo canto antes á Asesoría de Innovación Educativa para dalos de alta na aplicación. A partir desa data non se poderá facer ningunha outra incorporación salvo as que estean debidamente xustificadas e valoradas favorablemente pola comisión.

13. Que obrigas teñen os docentes participantes no desenvolvemento dun programa?

  • En canto á persoa que exerza o labor de coordinador/a,

    • Establecer as liñas estratéxicas do programa na solicitude do proxecto

    • Propoñer accións

    • Coordinar as accións

    • Realizar a memoria final

  • En canto aos outros docentes participantes,

    • Desenvolver as accións propostas

14. Cal é a razón de ser dos proxectos desenvolvidos ao abeiro do Plan Proxecta+?

  • O traballo interdisciplinario entre o profesorado participante, que colaborará desde a súa área ou departamento

  • O traballo activo do alumnado, que será o verdadeiro protagonista da execución dos proxectos

  • A visibilización do traballo, que será exposto a través das canles de comunicación habituais (blog, web, prensa...)

  • A integración dos proxectos de traballo na práctica de aula

  • A integración da aprendizaxe no medio en que vive o alumnado

15. Que debe incluír a memoria final?

  • As tarefas realizadas por cada docente, de xeito pormenorizado

  • As accións deseñadas e desenvolvidas no centro

  • As accións executadas por proposta dos responsables do programa (saídas, visitas, uso de material didáctico recomendado...)

  • O grao de cumprimento dos obxectivos propostos

  • O nivel de participación do alumnado e das familias no desenvolvemento das actividades

  • Os produtos elaborados polo alumnado

  • As ligazóns aos contidos que visibilizan as actividades realizadas polo centro

16. Como se edita e envía a memoria final? Quen debe facelo?

  • A edición e o envío da memoria debe realizarse a través da aplicación informática do Plan Proxecta+ (véxase o apartado 11 da convocatoria). Non haberá que presentar a memoria en papel a través do Rexistro Xeral.

  • A memoria debe elaborala a persoa coordinadora do programa. A ruta é a seguinte: entrar co usuario da persoa coordinadora > seleccionar Plan Proxecta+ e curso 2024/25 > Memorias > Listaxe memorias coordinador > icona LAPIS.

  • Ábrese unha pantalla cos campos da memoria para encher. Para gardar os cambios débese premer GRAVAR. 

  • Unha vez rematada a memoria, a persoa directora do centro debe entrar coa súa conta e enviar a memoria. A ruta é a seguinte: entrar co usuario da persoa directora > seleccionar Plan Proxecta+ e curso 2023/24 > Memorias > Listaxe memorias > icona LAPIS > premer REMATAR E ENVIAR.

  • Realizados todos estes pasos, a memoria constará como enviada e pasará a estado "rematada" na aplicación.

17. Cales son as razóns polas que se pode suspender a memoria final?

  • Que non se dea debida conta das tarefas realizadas por cada docente.

  • Que non se cumpran os niveis de participación mínimos esixidos polas bases da convocatoria.

  • Que non se expliquen as accións realizadas.

  • Que non se participe das accións promovidas polo programa.

  • Que non se indique o grao de cumprimento dos obxectivos propostos.

  • Que non se indique o nivel de participación do alumnado e das familias no desenvolvemento das actividades.

  • Que non se identifiquen e amosen os produtos elaborados polo alumnado.

  • Que non haxa evidencias do traballo realizado, ou sexa, que non se indiquen as ligazóns aos contidos que visibilizan as actividades realizadas polo centro.

 

Gallego

Tema: 

Sección: 

Contacto

Para informarse sobre a organización e a xestión do Plan Proxecta hai que dirixirse a:

Asesoría de Programas educativos
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Edificio Administrativo San Caetano s/n Bq. II - 2º Andar
15781 Santiago de Compostela

Correo electrónico: planproxecta@edu.xunta.es

Teléfonos:

  • Ana Puentes Vázquez: 881 996 395
  • Eduard del Castillo Velasco: 881 996 527

Para información específica sobre as características e o funcionamento de cada programa hai que poñerse en contacto coas persoas responsables de cada un deles.

Gallego

Tema: 

Sección: 

ProxectoTERRA

ProxectaFicha técnica

Institución:

  • Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Ámbito: Dereito ao hábitat, Paisaxe, Identidade territorial, Arquitectura e urbanismo, Desenvolvemento sustentable, Medio ambiente e Patrimonio.
Definición:  O ProxectoTERRA é un proxecto do Colexio de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas educativas co fin de contribuír a mellorar a formación que a poboación escolar galega debe ter sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Trata de crear poboación crítica e propositiva sobre o noso medio construído para acadar unhas mellores condicións de vida para todas as persoas, atendendo á premisa do Dereito ao Hábitat.

O obxectivo do programa é que o alumnado perciba o hábitat humano desde as diferentes perspectivas que abordan os materiais elaborados e postos á disposición da comunidade educativa desde o ProxectoTERRA. O hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura ou o medio ambiente, dependendo do enfoque escollido en cada proxecto desenvolvido nos centros, aínda que sempre é ben considerado que se aborde un proxecto desde diversas perspectivas e se chegue a formular e desenvolver un proxecto interdisciplinar.

O alumnado poderá abordar a necesidade de respectar a nosa paisaxe coma un factor básico para comprender que debemos coidala e protexela, poñendo en valor as características propias da paisaxe galega (pódese afondar na materia coa guía PAGUS do ProxectoTERRA). Tamén é posible estudar como está formado o territorio galego e que factores inflúen nel, como se constrúe ou como se ordena e como se protexen os seus elementos (ecosistemas, clima, vexetación, fauna, flora, formas de habitar, cultivos…). Poderase estudar o valor do noso patrimonio a través da arquitectura e urbanismo ou atendendo á necesidade de respectar o medio ambiente para garantir a sostibilidade do noso hábitat máis próximo e comprender a necesidade de ter unha mirada crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.

Outro modo de achegarse a unha visión crítica e propositiva sobre os espazos qu ehabitamos é comprendendo a necesidade de mellorar o hábitat propio e inmediato, o cal é posible por medio de propostas de transformación dos patios e espazos educativos nos que se desenvolve a actividade lectiva. Desenvolvendo un proxecto deste tipo o alumnado toma conciencia da importancia dos nosos espazos vitais na nosa calidade de vida, prestando atención ao entorno escolar como espazo de relación que atenda ás necesidades e características diversas de todas as persoas que fan uso del e facendo estensible esta realidade ao resto da comunidade, atendendo a criterios de sensibilización e de transferibilidade do proxecto.

As diferentes temáticas descritas poden ser abordadas no proxecto que se presente de xeito individual ou conxunto, valorando positivamente que se aborde un mesmo proxecto desde enfoques diversos. Enténdese que o hábitat, a arquitectura, o urbanismo, a paisaxe, o territorio ou o medio ambiente son ámbitos de coñecemento tanxentes e complementarios entre si, que ademais son abranguibles desde diferentes materias e departamentos, co cal o programa pode dar lugar a crear sinerxias entre diferentes ámbitos académicos que resulten nun proxecto interdisciplinar. Desde o ProxectoTERRA considérase que este tipo de proxectos, polo xeral, resultan moito máis enriquecedores para o alumnado e revirten de xeito positivo no resto da comunidade educativa, dando a coñecer na nosa sociedade a formas de habitar do ser humano sobre o territorio e espallando o respecto polo noso patrimonio.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP (grao básico, medio ou superior), ensinanzas de réxime especial (escolas de artes) e educación especial
Límite de centros participantes: 45
Límite de docentes participantes por centro:  non hai límite

Criterios de selección:

  1. Calidade do proxecto presentado.
  2. Utilización de dinámicas metodolóxicas activas, cooperativas e centradas na experiencia e na contorna próxima do alumnado.
  3. Deseño de actividades que fomenten a innovación educativa.
  4. Participación de diversos axentes da comunidade educativa de maneira cooperativa.
  5. Especificación da responsabilidade de cada docente participante.
  6. Ter participado con anterioridade nas actividades do ProxectoTERRA.

Responsables do programa:

Nome: Manuel Amable Romero Pérez
Teléfono: 609 134 808
Correo electrónico: proxectoterra@coag.es/ proxectoterra.actividades@coag.es

 


Obxectivos xerais

  • Contribuír a mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia, mediante a toma de consciencia da implicación e responsabilidade da cidadanía na construción e posta en valor destes espazos.
  • Tomar conciencia dos problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura cunha visión crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.
  • Tomar conciencia da importancia dos nosos espazos vitais na nosa calidade de vida, prestando atención ao entorno escolar como espazo de relación da infancia e xuventude.
  • Entender a importancia do patrimonio construído herdado, entendéndoo como resultado dun continuo histórico que ten a virtualidade de unir pasado, presente e futuro, na conformación da identidade dunha comunidade.

Obxectivos específicos:

  • Intervir nos niveis de formación obrigatorios para presentar os problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura.
  • Procurar unha innovadora mirada sobre o medio humanizado e non humanizado cunha visión crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.
  • Promover iniciativas que favorezan a creación dunha cidadanía consciente do espazo vital onde se desenvolve e da importancia de participar activamente nas actuacións sobre el

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencia en conciencia e expresións culturais

 

Actividades

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

Formación: As actividades de formación terán lugar coordinadas co CAFI ou cos CFR o primeiro e segundo trimestre. Non teñen carácter obrigatorio, mais poden axudar ao novo profesorado que se incorpora ao proxecto, ou a ampliar algunha das liñas de actuación traballadas en cursos pasados.
 

Webs de referencia:
ProxectoTERRA: ligazón.
Recursos educativos de Arquitectura Sen Fronteiras: ligazón
Facebook do ProxectoTerra: ligazón
Twitter do ProxectoTerra: ligazón
Lista de reprodución “Xogos e espazos como instrumentos educativos”: ligazón
Lista de reprodución “III Encontro Internacional de Educación en Arquitectura”: ligazón
Lista de reprodución “V Encontro Playgrounds - Debates”

Obradoiros:
Obradoiros transdiscipinares: obradoiros prácticos desenvolvidas por entidades galegas próximas ao ProxectoTERRA, dirixidos ao alumnado de educación Infantil, Primaria e Secundaria. A través das Sementeiras poderanse desenvolver os contidos que o ProxectoTERRA ofrece a toda a comunidade educativa a través de materiais e formación. O obxectivo do programa é que o alumnado perciba o hábitat humano desde as diferentes perspectivas que abordan os materiais elaborados e postos á disposición da comunidade educativa desde o ProxectoTERRA. O hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura, o enfoque de dereitos ou o medio ambiente, dependendo do enfoque escollido en cada proxecto desenvolvido nos centros, aínda que sempre é ben considerado que se aborde un proxecto desde diversas perspectivas e se chegue a formular e desenvolver un proxecto interdisciplinar.

Saídas: Neste curso escolar estaremos en fase de revisión de todas as actividades complementarias ofertadas aos centros ao longo dos 25 anos do ProxectoTERRA. Por este motivo non incorporaremos a oferta das saidaas neste cursos escolar 24.25.

Produto final

O produto final é aberto (exposición, vídeo, presentación, videoxogo, curtametraxe, cartel,campaña, blog...) pero é preciso documentalo adecuadamente na memoria final do proxecto.

Criterios de avaliación da memorias final

Criterios xerais do Plan Proxecta
1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado,profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3 Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos
1. Adecuación ás temáticas propostas (dereito ao hábitat, arquitectura, urbanismo, patios
escolares, paisaxe, identidade territorial…).
2. Coherencia dos obxectivos do proxecto co traballo realizado.
 

Selección de boas prácticas:

  • Conservación sostible do patrimonio - IES Praia Barraña (Boiro): ligazón
  • Coñecendo o noso hábitat: Miño - CPI Castro Baxoi (Miño): ligazón
  • Descubre o teu barrio - IES Alexandre Bóveda (Vigo): ligazón
  • Repensando o patio do Cova - CPI de Cova Terreña (Baiona): ligazón
  • O lugar onde vivimos - IES Terra de Trasancos (Narón): ligazón
  • Unha ollada sobre o noso hábitat - IES Francisco Aguiar (Betanzos): ligazón
  • A paisaxe de Ames - IES Plurilingüe de Ames: ligazón
  • Ver, vivir, estimar, xestionar o territorio - IES de Ponte Caldelas: ligazón
Gallego

Tema: 

Sección: 

Nós tamén creamos!

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
    • Secretaría Xeral da lingua

Ámbito: normalización e dinamización lingüística / promoción da cultura / alfabetización audiovisual
Definición: programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo que terá como produto final unha curtametraxe en galego coa técnica stop motion a partir dun álbum ilustrado.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 17. Alianzas para lograr os obxectivos

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: educación infantil (2º ciclo), educación primaria (de 1º a 6º curso) e centros de educación especial
Límite de centros participantes: entre 5 e 20
Límite de docentes participantes por centro: mínimo, 2; máximo, 8; en caso de superar o número de 4, os docentes deberán constituír dous equipos e cada un presentará unha proposta de traballo para desenvolver (os equipos poderán traballar sobre o mesmo álbum ilustrado en galego ou sobre álbums distintos).

Polo menos un docente participante por centro debe pertencer ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega; todos os demais deben impartir docencia no mesmo curso ou ciclo educativo do alumnado co que realicen a curta de animación. A SXPL, de acordo cos datos que consten na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, comprobará se o profesorado que forma parte dos equipos inscritos e seleccionados imparte docencia no curso ou ciclo educativo ao que pertence o alumnado que realiza a curta.

A SXPL contactará cos centros para emendar os erros que puidese haber na inscrición do profesorado co fin de incorporar persoal docente novo na participación deste programa e, polo tanto, sen formación nas técnicas que se traballan no curso de formación do programa.

Criterios de selección:

  1. Os centros públicos terán prioridade na selección.
  2. Os centros que non participaron no programa en Proxecta nos cursos 2021-22, 2022-23 e 2023-24 e, por tanto, non recibiron a formación correspondente, terán prioridade na selección. Seguirán as indicacións establecidas respecto da participación do profesorado.
  3. Procurarase a representatividade territorial.

Responsables do programa:

Nomes: Carmen Nogueira Blanco e Beatriz García Turnes
Departamento: Secretaría Xeral da Lingua
Teléfono: 881 996 324
Correo electrónico: carmen.nogueira.blanco@xunta.gal; sxpl.planificacion@xunta.es


Xustificación

O programa Nós tamén creamos! nace para paliar o descenso do uso do galego entre as xeracións máis novas e a diminución da transmisión interxeracional como lingua propia de Galicia.

Obxectivos

Obxectivos xerais

  • Construír unha imaxe positiva da lingua galega e fomentar o seu uso dentro e fóra da aula.

  • Contribuír á creación de material audiovisual en lingua galega que poida ser usado no tempo de lecer por nenas e nenos do centro e do resto da comunidade, a través da CRTV e de Internet.

Obxectivos específicos

  • Construír unha imaxe positiva da lingua galega e fomentar o seu uso dentro e fóra da aula.

  • Iniciar un proceso de alfabetización audiovisual en lingua galega a través da lectura de álbums ilustrados en galego e da súa adaptación á linguaxe audiovisual.

  • Adquirir competencias nas TIC coa finalidade de realizar películas de animación.

  • Crear curtametraxes de animación en lingua galega usando as TIC e diversas técnicas artísticas.

  • Contribuír á creación de material audiovisual en lingua galega que poida ser usado no tempo de lecer por nenas e nenos do centro e do resto da comunidade, a través da CRTV e de Internet.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencia en conciencia e expresións culturais
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

Actividades

Nota: a realización de todas as actividades propostas estará supeditada á situación sanitaria e ao establecido polo protocolo no ámbito educativo para este tipo de actividades.

Actividades obrigatorias

  • Formación: o programa ofrece un curso de carácter obrigatorio para o profesorado participante no programa neste curso 2024/2025 e exclusivo para el, que ofrece formación no uso das TIC vinculadas á linguaxe audiovisual, así como ás características da comunicación audiovisual.
  • Do conto á curta. A dinamización da lingua galega a través da creación audiovisual. Plan Proxecta
Temporización: curso completo.
Núm. de horas: 30
Modalidade: en liña (o 20 % corresponden a un obradoiro presencial)
Nº de horas: 6 corresponden a un obradoiro presencial en cada centro (novembro-decembro) + 24 non presenciais (xaneiro-abril).
 

Concurso: o programa prevé a participación no concurso Nós tamén creamos!, un certame de curtas de animación en galego elaboradas coa técnica stop motion que se convoca a través do Portal da lingua galega, o web da SXPL, e do Portal Educativo. Está aberto a todos os centros de titularidade pública que queiran participar, dentro e fóra do Plan Proxecta. Os centros de titularidade pública que participen no programa do Plan Proxecta quedan inscritos de oficio nel (participarán de forma obrigatoria) e os demais deben inscribirse no prazo establecido. Realizarase un acto de entrega de premios ao rematar a edición do concurso. O centro gañador poderá participar, de ser o caso, na modalidade de 3º e 4º cursos de primaria nunha xornada do Festival de Cans.

Temporización do programa

  • 1º trimestre:

Fase inicial: obradoiro de formación presencial (novembro-decembro) para o profesorado de cada centro, impartido por profesionais do sector audiovisual.

Os días que se realice este obradoiro en cada centro, entregaráselles un lote de álbums ilustrados en galego en formato físico ou dixital (opcional) cos que traballar.

  • 2º trimestre:

Fase en rede do curso de formación a través de Platega. Cos coñecementos adquiridos polo profesorado durante o obradoiro de formación, traballaranse co alumnado as diferentes fases da creación dunha curtametraxe de animación coa técnica stop motion: guión gráfico, personaxes, luz, efectos especiais, movemento, música e montaxe. As tarefas correspondentes á fase en liña do curso de formación e mais as de creación da curta están deseñadas para poder ser realizadas mesmo nunha situación de ensino semipresencial ou non presencial.

  • 3º trimestre:
    • Remate do prazo de entrega da curtametraxe e do making off para participar no concurso (data aproximada: 30 de maio).
    • Entrega da memoria nos prazos do Plan Proxecta (30 de xuño de 2025).

A metodoloxía será activa e colaborativa, baseada na participación activa do alumnado (co apoio do profesorado) en todos os procesos de elaboración da curta.

Recursos

  • Material didáctico: os materiais ofrecidos neste curso están dispoñibles só para o profesorado participante. Inclúen unha serie de unidades didácticas (dispoñibles na plataforma de Platega) e un lote de álbums ilustrados en galego para cada centro (en formato material ou dixital); este empregaraos como base para inspirar a curtametraxe. O alumnado traballará con eles para seleccionar un (ou máis) e adaptar a historia á linguaxe audiovisual).
  • Webs de referencia

 

Produto final

Elaboración dunha curtametraxe de animación en galego coa técnica stop motion e cunha duración máxima de 5 minutos, e do making off correspondente, que visualizará o labor do alumnado e do profesorado.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc.)

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc.), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos

4. Calidade lingüística, expresividade e interpretación na curta ou curtas realizadas.

5. Orixinalidade, creatividade e innovación da curta ou curtas realizadas.

6. Calidade técnica, estética e artística da curta ou curtas realizadas.

 

Selección de boas prácticas

Para consultar exemplos de boas prácticas, nas seguintes ligazóns podedes acceder ás curtas premiadas en distintas convocatorias do concurso.

2023-2024:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/audiovisuais-e-musica/_/contido_2210/videos-ganadores-nos-tamen-creamos-20232024

2022-2023:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_878.html

2019-2020:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/convocatorias-e-formacion?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Premios/convocatoria_0116.html

2018:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_368.html

 

 

 

 

 

 

 

Gallego

Tema: 

Sección: 

Rede de Centros Escolares Solidarios

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
    • Dirección Xeral de Xuventude

Ámbito: solidariedade / voluntariado
Definición: programa dirixido ao fomento da acción voluntaria, ao coñecemento e a adquisición de habilidades por parte do alumnado participante que impliquen un compromiso coa realidade social coa que conviven e coas entidades que teñen mais preto implicadas na mellora social comunitaria.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 12. Produción e consumo responsables

Temporización: curso completo.
Alumnado ao que vai dirixido: ESO, bacharelato e FP
Límite de centros participantes: 10
Criterios de selección:

  • Ter participado con anterioridade con memoria final avaliada positivamente.
  • Idoneidade e calidade do proxecto.
  • Grao de implicación do claustro.
  • Grao de implicación da comunidade educativa.

Criterios de exclusión:

  • Centros avaliados negativamente en convocatorias anteriores.

Responsable do programa:

Nome: Pilar Martínez Sánchez
Departamento: Xefatura de Servizo de Voluntariado e Participación
Teléfono: 981 957 916
Correo electrónico: pilar.martinez.sanchez@xunta.gal


Obxectivos

O programa busca promover a adquisición de  diversas competencias a través de proxectos de acción voluntaria cun impacto na sua contorna e na dinámica educativa do centro.
Cada centro, a partir do seu proxecto, realiza unha diagnose da realidade que o rodea e que tipo de necesidades pode dar resposta: abordar necesidades básicas para a subsistencia das familias (roupa, alimentación...), necesidades de mellora da convivencia no centro, mellora de espazos naturais próximos, necesidades de comunicación e relación de persoas maiores ... poden ser algunhas das necesidades que se detectan a partir destes proxectos.
O programa promove valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa, favorecendo que o alumnado se comprometa coa acción voluntaria a través dunha metodoloxía activa e participativa que fomente o traballo en equipo sobre o terreo e o achegue, tanto física como intelectualmente, a unha entidade de voluntariado. As accións levaranse a cabo a través dun sistema de conexións entre todos os centros que formen parte da rede.
Preténdese deste xeito establecer vínculos entre as organizacións sociais e os centros educativos, e amosar que o alumnado, xa desde a escola ou o instituto, ten interese en aportar un servizo valioso e necesario á sociedade. A experiencia destes proxectos de voluntariado poderían plasmarse a través de medios escritos e gráficos que constituirían verdadeiros referentes e modelos de resultados solidarios, así como exemplos de boas prácticas (blogs, webs, microblogs, xornais en rede...).

Desenvolvemento das competencias clave 

  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencia en conciencia e expresións culturais

Actividades

    • Apoio ao profesorado: todos os centros participantes terán asistencia en liña e telefónica para o asesoramento no desempeño dos seus proxectos solidarios e para facilitar a consecución dos obxectivos e reforzar o rol facilitador das profesoras e profesores.
    • Formación: de ser preciso un apoio formativo, habilitarase un curso de formación en materia de voluntariado educativo a través da Plataforma de teleformación de voluntariado galego da Xunta de Galicia.
    • Proposta de actividades:
      Ofrecerase aos centros a posibilidade de celebrar unha actividade virtual conmemorando o Día Internacional do Voluntariado (5 de decembro).
      Fomentarase a participación dos centros nas actividades que desenvolva a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco da conmemoración do Día internacional do Voluntariado (5 de decembro).

Recursos

Produto final

O proxecto que ten carácter aberto rematará coa posibilidade de realizar un encontro final do alumnado para compartir as experiencias solidarias entre eles ou de enviar un vídeo, exposición ou presentación a elección do centro docente a través da web de voluntariado.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Introducción de ferramentas transformadoras dos proxectos solidarios de cada centro educativo.

5. Integración de estruturas organizativas solidarias nas dinámicas dos centros.

6. Nivel de asunción de responsabilidades (participación activa e empoderamento) do alumnado no deseño, execución, avaliación e comunicación dos proxectos solidarios.

Gallego

Tema: 

Sección: 

Recíclate con Sogama

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
  • Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA, S.A.)

Ámbito: medio ambiente / desenvolvemento sostible / consumo responsable
Definición: Programa de educación ambiental que ten por obxecto instaurar nos centros a xestión sostible dos residuos municipais a través da aplicación práctica do principio europeo dos tres erres, isto é, redución, reutilización e reciclaxe. Con tal fin, os centros, coa axuda de Sogama, levarán a cabo as accións necesarias para que a correcta xestión dos refugallos sexa unha realidade nas aulas e que as boas prácticas se trasladen á contorna familiar e social do alumnado.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 12. Produción e consumo responsable
  • ODS 13. Acción polo clima

Temporización: curso completo

Alumnado ao que vai dirixido: Educación Primaria, ESO e Formación Profesional Básica
Límite de centros participantes: 25 

Límite de docentes participantes por centro: 7 como máximo

Límite de alumnado participante por centro: 180 como máximo

Criterios de participación: os centros candidatos deben pertencer a algún dos 295 concellos adscritos ao sistema Sogama.
Criterios de selección (por orde):

  1. Non ter participado en edicións anteriores do programa “Recíclate con Sogama”.
  2. Ter presentado unha candidatura que se axuste aos obxectivos do programa e que sexa de calidade.
  3. No caso de que haxa máis de 25 centros candidatos que dean cumprimento aos dous requisitos anteriores, a selección farase por orde de solicitude.

Responsable do programa:

Nome: Mª Esther Campos Mosquera
Departamento: Responsable de Comunicación de SOGAMA
Teléfono: 981698500. Ext. 211
Correo electrónico: teric@sogama.es; comunicacion@sogama.es


Xustificación

Recíclate con Sogama comenzou a súa andaina no Plan Proxecta a principio do curso académico 2012/2013. O seu obxectivo é formar á comunidade educativa na práctica dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), e concienzala para loitar contra a contaminación ambiental a través da xestión sostible do lixo.

Este programa enmárcase na estratexia de educación ambiental promovida por Sogama.

Obxectivos xeral

Implantar nos centros a xestión sostible dos residuos municipais a través de prácticas vinculadas á redución da produción, á reutilización e á reciclaxe, previa segregación dos mesmos por tipos de material e posterior nos contedores correspondentes para garantir a súa posterior reciclaxe.

Obxectivos específicos

  • Que a comunidade educativa tome conciencia da problemática que, a día de hoxe, representa a elevada produción de lixo e o papel que debe desempeñar o cidadán para facer fronte á mesma.
  • Que comprenda e aplique cada día a estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) como primeiro elo na correcta xestión sostible dos residuos urbanos.
  • Que interiorice a importancia do labor individual e colectivo na xestión sostible do lixo para facer fronte ao cambio climático
  • Que profesorado e alumnado desenvolvan tamén unha tarefa pedagóxica na súa contorna familiar e social máis inmediata para que cada vez sexamos máis os cidadáns comprometidos cos tres erres e, por ende, coa protección do medio ambiente.
  • Coñecer o cometido de Sogama en Galicia desde a súa dimensión industrial, ambiental e educativa e social.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Metodoloxía e temporiazación

Actividades obrigatorias:

1º trimestre:

  • Diagnóstico inicial, por parte do persoal de Sogama, da experiencia de cada centro na educación ambiental, e na xestión sostible do lixo en particular, a través de entrevistas cos docentes coordinadores e/ou directores/as, recabando datos de interese para o programa.
  • Envío, aos centros participantes, dos medios materiais e didácticos proporcionados por Sogama

2º trimestre:

  • Formación do alumnado a través de sesións presenciais e/ou virtuais impartidas por educadores de Sogama en cada centro.
  • Visita de seguimento aos centros para comprobar a evolución dos proxectos, prestar asesoramento e resolver dúbidas.
  • Convocatoria do concurso de elaboración de carteis promocionais da reciclaxe.

3º trimestre:

  •  Nova visita de seguimiento aos centros, que será aproveitada para efectuar unha caracterización dos residuos depositados en cada un dos contedores de recollida selectiva proporcionados por Sogama para comprobar a calidade do material e medir así o grao de acerto ou erro

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Formación: sesións formativas presenciais e/ou virtuais, xogos

  • Web de referencia: www.sogama.gal; www.cadernoverde.gal

  • Medios materiais: contedores para a recollida selectiva de residuos (catro con capacidad para 120 litros cada un -amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para papel e cartón; marrón, para a materia orgánica; e xenérico, para a fracción resto- que conformarán as illas de reciclaxe a implantar en cada centro.

  • Medios didácticos e divulgativos: unidades didácticas, vídeos, titoriais para o profesorado, presentacións, folletos en liña

  • Concurso para a elaboración, por cada centro participante, dun cartel promocional da reciclaxe.

  • Visitas de seguimento presenciais por parte de persoal ao servizo de Sogama.

  • Caracterizacións dos contedores para comprobar o nivel de acerto ou erro no depósito de residuos nos mesmos

Produto final

O produto final esixido será un vídeo, de non máis de 2 minutos de duración, no que se resuma o traballo realizado polo centro durante o curso académico.

Criterios de avaliación da memorias final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación

activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Implicación, receptividade e colaboración do centro (coordinador/a, profesorado participante e Dirección) nas actividades (presenciais ou virtuais) propostas por Sogama.

5. Calidade do material seleccionado en orixe e depositado en cada un dos contedores que conforman as illas de reciclaxe. É dicir, puntuaranse os acertos á hora de depositar cada residuo no recipiente correspondente e penalizaranse os erros (ter depositado refugallos no contedor equivocado, o que se coñece como “impropios”).

6. Desenvolvemento de accións nas que se implique ás familias e contorna social do alumnado e/ou aos concellos aos que pertenzan os centros a fin de reforzar e amplificar as boas prácticas na xestión sostible dos residuos urbanos.

 

Selección de boas prácticas:

  • Erre que erre coa ecoloxía”. Colexio Divina Pastora de Ourense. Ligazón
  • De fonte escura a fonte verde”. CEIP Fonte Escura de Vigo. Ligazón
  • Ecolaxeiros”. CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo. Ligazón
     
Gallego

Tema: 

Sección: 

Por 365 días de respecto e igualdade

Ficha técnica

ProxectaInstitución:

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Secretaría Xeral da Igualdade-Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Ámbito: igualdade de xénero
Definición: o programa consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 5. Igualdade de xénero

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: ESO, bacharelato, FP e adultos
Límite de centros participantes: 50

Criterios de participación:

A participación está aberta a persoal docente e alumnado matriculado en Galicia en ESO, bacharelato, FP e adultos durante o ano académico 2024/2025.

Criterios de selección:

Priorizarase a selección dos distintos colectivos:

  1. Centros públicos.
  2. Centros que non participasen neste programa con anterioridade.

Completarase a selección cos seguintes criterios:

  1. Representación equitativa das catro provincias.
  2. Orde de presentación da solicitude a través da aplicación informática.

Responsable do programa:

Nome: Begoña Sieiro Negro
Departamento: Secretaría Xeral de Igualdade
Teléfono: 981 957 784
Correo electrónico: begona.sieiro.negro@xunta.es

Nome: Patricia Fernández López
Departamento: Secretaría Xeral de Igualdade
Teléfono: 981957677

Nome: Mónica Silva Canabal
Departamento: Secretaría Xeral de Igualdade
Teléfono: 981 545 364
Correo electrónico: monica.silva.canabal@xunta.gal

 

Xustificación

Nos últimos anos, detéctanse moitos casos de relacións de parella entre adolescentes e xente moi nova cunha forte carga de violencia verbal e incluso física. Ademais, estudos recentes como o realizado polo Ministerio de Igualdade e a Universidade Complutense de Madrid amosan que entre a poboación máis nova aínda persisten ideas cargadas de sexismo e que xustifican a violencia.

Polo tanto é necesario intervir coa poboación máis nova para previr a violencia de xénero e a escola é o medio ideal para acceder a esa poboación xuvenil e poder introducir valores igualitarios e libres de estereotipos sexistas, así como para facilitarlles pautas para a detección precoz desas situación de violencia de xénero.

Obxectivo xeral:

O programa "Por 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo", ten como obxectivo principal porporcionarlles ás mozas e aos mozos galegos, dende a escola, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de esterotipos sexistas e de falsas crenzas.

O programa é un dobre convite para o profesorado: por un lado para reflexionar en primeira persoa sobre a violencia de xénero, e en segundo lugar, para compartilo co seu alumnado a través das actividades propostas.

As actividades teñen como primeiro obxectivo proporcionarlle ao profesorado recursos que dun xeito sinxelo lles facilite coñecer de primeira man que pensan e senten as súas alumnas e os seus alumnos e como o expresan. Abordar a violencia cara ás mulleres pode facerse dende diferentes perspectivas, pero se o que queremos é previr esta violencia, é fundamental indagar nas súas causas e facer ver que a violencia de xénero está profundamente ligada a un xeito de entender as relacións baseado en mitos, falsas crenzas, malas maneiras de entender o que é un home ou o que é unha muller e o que é unha relación amorosa.

Por isto nalgunhas actividades propostas nas unidades didácticas de apoio que se poñen ao dispor do profesorado suxírese invitalos a pensar acerca das infinitas maneiras de ser home e de ser muller, de relacionarse preguntando e contestando ao propio desexo, indagando no que significa ser libres.

Obxectivos específicos

• proporcionar ao profesorado recursos que dun xeito sinxelo lles facilite coñecer de primeira man que pensan e senten as súas alumnas e alumnos e como o expresan
• indagar sobre as causas da violencia de xénero.
• recoñecer o profundo vínculo que existe entre a violencia de xénero e a maneira en que entendemos as relacións de parella.
• identificar e recoñecer os mitos, falsas crenzas, relacións tóxicas nas relacións amorosas entre homes e mulleres.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Palabras clave:

Coeducación. Educación Emocional. Educación para a igualdade entre os dous sexos. Non violencia. Solidariedade. Violencia de xénero.
Comunicación lingüística. Competencia en aprender a aprender. Competencias sociais e cívicas. Competencias en sentido de iniciativa e espírito emprendedor.

Metodoloxía e temporización

A temporalización abarcará todo o curso escolar.

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa previstas recóllense as seguintes:

  • Formación para o profesorado: ten carácter voluntario; o profesorado participante terá preferencia no proceso de selección do curso ofrecido por Igualdade a través de PLATEGA:

    Referencia: Abordaxe da violencia de xénero dende o ámbito educativo

    Modalidade: en rede (Platega)

    Temporización: 2º trimestre

    Prazas: 50

    Horas: 30

  • Actividades ofertadas (segundo dispoñibilidade)

    • Exposición “Cartas de Amor”: exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade.

    • “Á Violencia de Xénero...Dille Non!”, exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións

    • Exposición fotográfica “Express-Arte”, unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte. Creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero e impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL)

    • - “Algo entre Nos”- Plataforma interactiva centrada na prevención da violencia machista no contexto das relacións de adolescentes. Trátase dun programa que facilita que o profesorado de secundaria dinamice cinco sesións de aula onde o alumnado terá que enfrontarse e superar cinco retos. Está dirixida a alumnado de 1º e 2º da ESO. Será acompañado en todo o proceso por unha equipa profesional.www.algoentrenos.gal

    • Obradoiro sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital", centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión.

    • Charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual, a cargo de persoal especializado.

    • Charla sobre o tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais, a cargo de persoal especializado.

    • Espectáculo teatral sobre violencia de xénero.

       

  • Material didáctico: o programa pon ao dispor do alumnado e mais do profesorado unidades didácticas e materiais de apoio (exposicións, cartelería....), que están accesibles a través da web: http://igualdade.xunta.es/

     

 

  • Maleta viaxeira: o CAFI e os distintos CFR dispoñen dun servizo de préstamo para emprestar un recurso bibliográfico con publicacións de interese para traballar a violencia de xénero. Pódese consultar a nova publicaca no Boletín Informativo para obter máis información.

  • Web de referencia: http://igualdade.xunta.gal/gl

 

Criterios de avaliación da memorias final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3 Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos

1. Uso efectivo e eficaz da unidade didáctica e demais recursos postos a disposición dos centros pola Secretaría Xeral da Igualdade.

2. Calidade técnica no deseño, desenvolvemento e avaliación do proxecto.

3. Grao do valor que se lle dá á consideración da educación para a igualdade entre mulleres e homes como elemento organizador dos procesos de ensino-aprendizaxe.

 

 

Gallego

Tema: 

Sección: 

Salvavidas

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Sanidade
    • Servizo Galego de Saúde
      • Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)

Ámbito: saúde / solidariedade / ciencia
Definición: o programa consiste en desenvolver un proxecto relacionado co beneficio que supón para a sociedade o xesto da doazón de órganos, tecidos e sangue. Búscase que o alumnado se familiarice con todos os aspectos da doazón, de modo que a poidan ver como un exemplo de solidariedade. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que facer visible as bondades da doazón como contribución persoal ao ben da sociedade

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 3: Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 17. Alianzas para acadar os obxectivos

Temporización: curso completo

Modalidades:

  1. Doazón de órganos e tecidos: fomento de actitudes favorables cara a doazón de órganos e tecidos.
  2. Doazón de sangue: fomento de actitudes favorables cara á doazón de sangue.

As modalidades 1 e 2 son excluíntes.

Alumnado ao que vai dirixido:

  1. Doazón de órganos e tecidos:  ESO, bacharelato, formación profesional grao básico, medio e superior, ensinanza para adultos, ensinanzas de réxime especial.
  2. Doazón de sangue: ESO, bacharelato, formación profesional grao básico, medio e superior, ensinanza para adultos, ensinanzas de réxime especial.

Límite de centros participantes:

  1. Doazón de órganos e tecidos: 20
  2. Doazón de sangue: 20

Límite de alumnado participante por centro:

  1. Doazón de órganos e transplantes: 120
  2. Doazón de sangue: 100

Criterio de selección:

  1. Distribución xeográfica
  2. Calidade do proxecto presentado

Responsables do programa:

“Doazón de órganos e tecidos”:

  • Nome: Paula Boga Veiras
  • Departamento: Coordinación Autonómica de Transplantes de Galicia de ADOS
  • Teléfono: 881541828
  • Correo electrónico: paula.boga.veiras@sergas.es

“Doazón de sangue”:


Xustificación

Para que as persoas enfermas que están en lista de espera poidan ser transplantadas son imprescindibles as doazóns de órganos.na actualidade unhas 5 000 persoas en España agardan unha nova oportunidade. Ademais, cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue. O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde.

Para ADOS é importante manter o labor de divulgación do proceso de doazón a toda a poboación, e de maneira especial entre os más novos, xa que eles representan o futuro e teñen unha repercusión directa sobre o seu entorno familiar, académico e social. A súa axuda resulta fundamental no labor de divulgación.

Obxectivo xeral:

Modalidade “Doazón de órganos e tecidos

O obxectivo do programa é crear un proxecto interdisciplinario que traballe a doazón de órganos e tecidos dende diferentes perspectivas, para concienciar aos máis novos, a través dunha información correcta, sobre o beneficio que a doazón e o transplante teñen para o sociedade.

Modalidade “Doazón de sangue

Promover actividades educativas para o alumnado que os familiarice coa doazón, obtención e uso dos hemoderivados, de modo que poidan ver no acto de doar sangue un exemplo concreto de axuda mutua, de contribución persoal ao ben da sociedade e que dará lugar á súa incorporación como doantes de sangue ao alcanzar a maioría de idade, colaborando na difusión da necesidade da doazón de sangue no seu entorno.

Obxectivos específicos:

Modalidade “Doazón de órganos e tecidos

Identificar os erros conceptuais en torno ao proceso de doazón e transplante.

Compartir coñecementos e experiencias coas persoas implicadas na doazón de órganos e tecidos (doadores, persoas en espera de transplante, persoas transplantadas, familiares, persoal sanitario).

Crear unha conciencia solidaria proclive á doazón e transmitila á contorna.

Modalidade “Doazón de sangue”

PARA O ALUMNADO

  • Coñecer que a sangue non se fabrica e que por tanto a doazón é vital para a recuperación de moitos doentes.

  • Transmitir á súa contorna a importancia deste xesto solidario, animando a doar ás persoas próximas.

  • Crear neles unha conciencia solidaria proclive á doazón.

PARA O PROFESORADO

  • Proporcionar información e recursos concretos de aplicación na aula.

  • Impulsar actitudes solidarias cara á doazón de sangue.

Palabras clave:

Doazón de órganos. Solidariedade

Metodoloxía e temporización

Doazón de órganos e tecidos”:

1º e 2º trimestre: desenvolvemento das unidades temáticas sobre a doazón e os transplantes co alumnado . A información sobre este material de apoio está incluída no apartado "Actividades e recursos".

3º trimestre: elaboración e entrega do produto final

Antes do 30 de abril os centros participantes deben ter solicitada ou realizada a charla divulgativa sobre doazón e transplantes. A solicitude pode facerse xa ao inicio do programa.

“Doazón de sangue”:

A temporización abarca todo o curso escolar.

De outubro a maio: desenvolvemento das unidades temáticas sobre a doazón de sangue.

Xuño: elaboración e entrega do produto final

Antes do 30 de abril os centros participantes deben ter solicitada ou realizada a charla divulgativa sobre a doazón de sangue. A solicitude pode facerse xa ao inicio do programa.

 

Actividades e recursos

Modalidade “Doazón de órganos e tecidos”

Materiais didácticos.

Proxecto Salvavidas: material didáctico para o profesorado e alumnos: enlace proxecto salvavidas

Traballos finais doutras edicións do programa para a modalidade “Doazón de órganos e transplantes”, como material de referencia para o profesorado e alumnado no seguinte enlace:  traballos finais Salvavidas

Webs de referencia:

 

Modalidade "Doazón de sangue"

Asistencia ao profesorado: apoio ao profesorado, telefónico ou presencial, para información inicial de cara ao inicio de traballo de aula.

Asistencia no centro: os promotores da Axencia poden impartir charlas nos centros.

Material didáctico: para o profesorado e para o alumnado, información divulgativa na páxina web de ADOS: https://www.ados.sergas.gal

  • Traballo co alumnado da temática sobre doazón de sangue
  • Participación no programa de charlas divulgativas (presencias ou por videoconferencia) sobre a doazón de sangue organizadas pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, e no que se valorará a colaboración do centro na organización da actividade e a motivación ao alumnado na participación activa.
  • Posibilidade, para os alumnos de 1º de Bacharelato, de visitar a sede da Axencia segundo axenda do mesmo. O centro docente farase cargo dos custos derivados do traslado. Se admitirá, por orden de solicitude, un máximo de 10 de visitas, con 30 alumnos por visita.
  • Posibilidade de visita da Unidade Móbil da Axencia, ben ás instalacións do Centro docente ou coincidindo coa visita ao Concello, en función de si os alumnos/as desenrolan unha campaña de doazón nas actividades do proxecto.
  • Posibilidade de participación nos concursos de debuxo e/ou curtametraxes organizados pola Axencia.

Produto final

Modalidade “Doazón de órganos e tecidose Modalidade “Doazón de sangue”

Presentación dun traballo final en formato libre, coa participación de todo o alumnado de forma individual ou conxunta, e cuxo contido tratará sobre o beneficio da doazón de órganos e tecidos.

Criterios de avaliación da memorias finais

Criterios xerais do Plan Proxecta:

    • Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

    • Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

    • Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

     

    Criterios específicos:  Modalidade “Doazón de órganos e tecidose Modalidade “Doazón de sangue”

      • Grao de participación e implicación do alumnado na temática sobre doazón e transplantes, é preciso desenvolver polo menos a temática de tres unidades do Proxecto Salvavidas.

      • Grao de participación no programa de charlas divulgativas e no que se valorará a colaboración do centro na organización da actividade e a motivación do alumnado na participación activa da mesma.

      • Calidade do traballo final en formato libre, coa participación de todo o alumnado de forma individual ou conxunta, e cuxo contido trata sobre o beneficio da doazón e/ou os transplantes e sobre a doazón de sangue.

      Selección de boas prácticas:

      CPR Montesol de Vigo:

      IES Xelmirez I de Santiago de Compostela:

      IES Ribeira do Louro de Porriño:

       

       

      Gallego

      Tema: 

      Sección: 

      Protexe o teu medio

      Ficha técnica

      Institución:Proxecta

      • Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
        • Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.
          • Subdirección Xeral de Metereoloxía e Cambio Climático
            • Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia

      Ámbito: medio ambiente / sustentabilidade
      Definición: este programa pretendea formación dunha comunidade escolar investigadora que busque a mellora da calidade do aire, das augas e dos solos.

      Vinculación cos ODS da Axenda 2030

      • ODS 13. Acción polo clima
      • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
      • ODS 12. Produción e consumo responsable
      • ODS 6. Auga limpa e saneamento
      • ODS 7. Enerxía asequible e non contaminante
      • ODS 14. Vida submarina
      • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

      Temporización: curso completo
      Alumnado ao que vai dirixido: ESO, bacharelato e FP
      Límite de centros participantes: 8
      Criterios de selección:

      1. Ter participado na convocatoria 2020/21 no programa “Protexe o teu medio”, sempre que conserven o equipamento fornecido en bo estado de funcionamento (0-2,5 puntos).
      2. Equipamento dos laboratorios pertencentes aos centros educativos candidatos ao proxecto (0-1,5 puntos).
      3. Metodoloxía, obxectivos que se procuran alcanzar, e plan de traballo (0-4 puntos).
      4. Beneficios do proxecto para o alumnado, difusión dos resultados e interacción coa contorna do centro escolar (0-2 puntos).

      Responsable do programa:

      Nome: Loreto Gómez Tellado
      Departamento: Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia
      Teléfono: 881 881 625
      Correo electrónico: loreto.gomez.tellado@xunta.gal


      Xustificación

      O programa pretende, mediante o préstamo dun equipamento básico, formar unha comunidade global de profesorado, alumnado e científicos/as traballando na tarefa común de coñecer e mellorar a calidade do aire e das augas.

      Obxectivos

      O programa busca concienciar a comunidade educativa coa necesidade de mellorar a calidade do medio en que vivimos co fin de garantir a sustentabilidade do noso medio de vida. Proponse a análise orgánica e inorgánica dos seguintes medios:

      • AUGA

      • AIRE

      • SOLO

      Traballar o currículo do alumnado en temas medioambientais e das ciencias da Terra, e promover a investigación na escola. Os alumnos desenvolverán, de xeito interdisciplinario, competencias en investigación medioambiental mediante a observación directa do estado das augas continentais e costeiras, dos solos e da auga da chuvia, na contorna do centro escolar.

      Materias relacionadas:

      • Bioloxía e Xeoloxía (1º, 3º, 4º da ESO)

      • Física e Química

      • Paisaxe e sustentabilidade

      Obxectivos específicos

      Experimentar. No proxecto "Calidade ambiental"  o alumnado de oito centros, coa supervisión do profesorado, recollerán mostras ambientais que lles permitirán determinar no laboratorio do centro, mediante experimentos sinxelos, parámetros como pH, condutibilidade, nitritos, cloruros, fosfatos... e comparar os datos con aqueles obtidos na rede da calidade do aire e das augas de Galicia.

      Estas actividades poden dar pé ao desenvolvemento das competencias clave por parte dun equipo interdisciplinario que pode incluír ao profesorado de ciencias da natureza, física, matemáticas e ciencias sociais, entre outras materias. A difusión das actividades realizadas ao abeiro do Programa permitirá trasladar as inquedanzas e os coñecementos da calidade das augas e do aire na contorna do centro escolar.

      PARA O ALUMNADO

      • utilizar material de recollida de mostras.

      • realizar procedementos científicos de toma de auga, chuvia e solo.

      • realizar comparativas dos datos meteorolóxicos obtidos.

      • extraer conclusións sobre a variabilidade entre estacións dos resultados obtidos nas mostras.

      • realizar as análises de parámetros sinxelos nas mostras recollidas.

      PARA O PROFESORADO

      • coñecer estratexias de orientación profesional para as familias profesionais relacionadas co coñecemento e control de calidade ambiental.

      Temporización

      A temporización abarca todo o curso escolar. O programa recomenda desenvolver as seguintes accións de maneira planificada:

      • realizar a toma de mostras.

      • realizar as análises das mostras co material facilitado polo plan proxecta.

      • realizar a procura de datos meteorolóxicos relacionados coa zona de investigación.

      • realizar investigacións e debates e extraer conclusións sobre a calidade do medio en que vive o alumnado.

      • divulgar as conclusións do programa facendo fincapé nas repercusións sobre o medio.

      Desenvolvemento das competencias clave

      • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
      • Competencia dixital
      • Competencia de aprender a aprender
      • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

      Actividades e recursos

      A realización de todas as actividades presencias propostas estará supeditada á situación sanitaria e ao establecido polo protocolo no ámbito educativo para este tipo de actividades.

      Entre as actividades que ofrece o programa recóllense as seguintes:

      • Material didáctico: cómpre que o centro indique no proxecto se participou en programas deste tipo con anterioridade e se dispón do material que ofrece o programa para a súa realización:

        • material para o centro: pluviómetro, medidor de pH, conductímetro, laboratorio compacto para análises de augas...

        • material só dispoñible en servizo de préstamo, o centro deberá asinar un documento de compromiso no que garanta que recollerá e entregará o material en condicións.

      • Visitas guiadas: ofrécese a visita ás instalacións do laboratorio, onde se dará a coñecer o procedemento que se segue nas análises de mostras. As sedes do laboratorio son dúas:

        • na Coruña, onde se levan a cabo as análises físico-químicas, empleando os equipos máis avanzados nas diferentes técnicas instrumentais.

        • en Lourizán, onde se desenvolven aprendizaxes relacionadas coa análise óptica e microbiolóxica.

      • Estadías de prácticas profesionais para alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior (por exemplo, ciclos de química analítica, química ambiental...)

      • Web de referencia: Web oficial do Laboratorio

      No caso de que a situación sanitaria provoque o peche total ou parcial dos centros inscritos no programa, terán que poñerse en contacto coa persoa responsable do programa para continuar sen realizar a toma de mostra.

      O Laboratorio de Medio Ambiente poñerá a disposición dos centros os datos necesarios de calidade do aire e da rede de auga de chuvia dispoñibles, para a súa avaliación e así poder presentar unha actividade documental.

      Produto final

      Exposición pública para divulgar entre a comunidade educativa os datos rexistrados polo alumnado e as implicacións medioambientais destes resultados.

      Criterios da avaliación da memoria final

      Criterios xerais do Plan Proxecta

      1. Participación activa do alumnado na realización do proxecto, na toma de decisións e na realización do produto final. Cómpre visibilizar claramente o traballo do alumnado a través de evidencias gráficas (a través de webs, blogs...) ou documentais.

      2. Implicación da comunidade educativa (profesorado, familias e institucións da contorna) e crea entre todos unha rede de traballo cooperativo.

      3. Interdisciplinariedade do proxecto (desde diferentes departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade.

      Criterios específicos

      5. Grao de cumprimento do centro cos compromisos aceptados para participar no programa.

      6. Grao de implementación de metodoloxías innovadoras no desenvolvemento das actividades realizadas.

      7. Grao de consecución dos obxectivos propostos do proxecto.

       

       

      Gallego

      Tema: 

      Sección: