Título node Learning object

Nós tamén creamos!
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
    • Secretaría Xeral da lingua

Ámbito: normalización e dinamización lingüística / promoción da cultura / alfabetización audiovisual
Definición: programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación ás aulas. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo que terá como produto final unha curtametraxe en galego coa técnica stop motion a partir dun álbum ilustrado.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero
  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 17. Alianzas para lograr os obxectivos

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: educación infantil (2º ciclo), educación primaria (de 1º a 6º curso) e centros de educación especial
Límite de centros participantes: entre 5 e 20
Límite de docentes participantes por centro: mínimo, 2; máximo, 8; en caso de superar o número de 4, os docentes deberán constituír dous equipos e cada un presentará unha proposta de traballo para desenvolver (os equipos poderán traballar sobre o mesmo álbum ilustrado en galego ou sobre álbums distintos).

Polo menos un docente participante por centro debe pertencer ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega; todos os demais deben impartir docencia no mesmo curso ou ciclo educativo do alumnado co que realicen a curta de animación. A SXPL, de acordo cos datos que consten na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, comprobará se o profesorado que forma parte dos equipos inscritos e seleccionados imparte docencia no curso ou ciclo educativo ao que pertence o alumnado que realiza a curta.

A SXPL contactará cos centros para emendar os erros que puidese haber na inscrición do profesorado co fin de incorporar persoal docente novo na participación deste programa e, polo tanto, sen formación nas técnicas que se traballan no curso de formación do programa.

Criterios de selección:

  1. Os centros públicos terán prioridade na selección.
  2. Os centros que non participaron no programa en Proxecta nos cursos 2021-22, 2022-23 e 2023-24 e, por tanto, non recibiron a formación correspondente, terán prioridade na selección. Seguirán as indicacións establecidas respecto da participación do profesorado.
  3. Procurarase a representatividade territorial.

Responsables do programa:

Nomes: Carmen Nogueira Blanco e Beatriz García Turnes
Departamento: Secretaría Xeral da Lingua
Teléfono: 881 996 324
Correo electrónico: carmen.nogueira.blanco@xunta.gal; sxpl.planificacion@xunta.es


Xustificación

O programa Nós tamén creamos! nace para paliar o descenso do uso do galego entre as xeracións máis novas e a diminución da transmisión interxeracional como lingua propia de Galicia.

Obxectivos

Obxectivos xerais

  • Construír unha imaxe positiva da lingua galega e fomentar o seu uso dentro e fóra da aula.

  • Contribuír á creación de material audiovisual en lingua galega que poida ser usado no tempo de lecer por nenas e nenos do centro e do resto da comunidade, a través da CRTV e de Internet.

Obxectivos específicos

  • Construír unha imaxe positiva da lingua galega e fomentar o seu uso dentro e fóra da aula.

  • Iniciar un proceso de alfabetización audiovisual en lingua galega a través da lectura de álbums ilustrados en galego e da súa adaptación á linguaxe audiovisual.

  • Adquirir competencias nas TIC coa finalidade de realizar películas de animación.

  • Crear curtametraxes de animación en lingua galega usando as TIC e diversas técnicas artísticas.

  • Contribuír á creación de material audiovisual en lingua galega que poida ser usado no tempo de lecer por nenas e nenos do centro e do resto da comunidade, a través da CRTV e de Internet.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencia en conciencia e expresións culturais
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

Actividades

Nota: a realización de todas as actividades propostas estará supeditada á situación sanitaria e ao establecido polo protocolo no ámbito educativo para este tipo de actividades.

Actividades obrigatorias

  • Formación: o programa ofrece un curso de carácter obrigatorio para o profesorado participante no programa neste curso 2024/25 e exclusivo para este que ofrece formación no uso das TIC vinculadas á linguaxe audiovisual, así como ás características da comunicación audiovisual.
  • Do conto á curta. A dinamización da lingua galega a través da creación audiovisual. Plan Proxecta

Modalidade: en liña (20 % correspondentes a un obradoiro virtual-presencial

  • Núm. de horas: 30: 6 correspondentes a un obradoiro virtual-presencial en cada centro (novembro-decembro) + 24 non presenciais (xaneiro-abril).

Concurso: o programa prevé a participación no concurso Nós tamén creamos!, un certame de curtas de animación en galego elaboradas coa técnica stop motion que se convoca a través do Portal da lingua galega, o web da SXPL, e do Portal Educativo. Está aberto a todos os centros de titularidade pública que queiran participar, dentro e fóra do Plan Proxecta. Os centros de titularidade pública que participen no programa do Plan Proxecta quedan inscritos de oficio nel (participarán de forma obrigatoria) e os demais deben inscribirse no prazo establecido. Realizarase un acto de entrega de premios ao rematar a edición do concurso. O centro gañador poderá participar, de ser o caso, na modalidade de 3º e 4º cursos de primaria nunha xornada do Festival de Cans.

Temporización do programa

  • 1º trimestre:

Fase inicial: obradoiro de formación presencial (novembro-decembro) para o profesorado de cada centro, impartido por profesionais do sector audiovisual.

Os días que se realice este obradoiro en cada centro, entregaráselles un lote de álbums ilustrados en galego en formato físico ou dixital (opcional) cos que traballar.

  • 2º trimestre:

Fase en rede do curso de formación a través de Platega. Cos coñecementos adquiridos polo profesorado durante o obradoiro de formación, traballaranse co alumnado as diferentes fases da creación dunha curtametraxe de animación coa técnica stop motion: guión gráfico, personaxes, luz, efectos especiais, movemento, música e montaxe. As tarefas correspondentes á fase en liña do curso de formación e mais as de creación da curta están deseñadas para poder ser realizadas mesmo nunha situación de ensino semipresencial ou non presencial.

  • 3º trimestre:
    • Remate do prazo de entrega da curtametraxe e do making off para participar no concurso (data aproximada: 30 de maio).
    • Entrega da memoria nos prazos do Plan Proxecta (30 de xuño de 2025).

A metodoloxía será activa e colaborativa, baseada na participación activa do alumnado (co apoio do profesorado) en todos os procesos de elaboración da curta.

Recursos

  • Material didáctico: os materiais ofrecidos neste curso están dispoñibles só para o profesorado participante. Inclúen unha serie de unidades didácticas (dispoñibles na plataforma de Platega) e un lote de álbums ilustrados en galego para cada centro (en formato material ou dixital); este empregaraos como base para inspirar a curtametraxe. O alumnado traballará con eles para seleccionar un (ou máis) e adaptar a historia á linguaxe audiovisual).
  • Webs de referencia

 

Produto final

Elaboración dunha curtametraxe de animación en galego coa técnica stop motion e cunha duración máxima de 5 minutos, e do making off correspondente, que visualizará o labor do alumnado e do profesorado.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc.)

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc.), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos

4. Calidade lingüística, expresividade e interpretación na curta ou curtas realizadas.

5. Orixinalidade, creatividade e innovación da curta ou curtas realizadas.

6. Calidade técnica, estética e artística da curta ou curtas realizadas.

 

Selección de boas prácticas

Para consultar exemplos de boas prácticas, nas seguintes ligazóns podedes acceder ás curtas premiadas en distintas convocatorias do concurso.

2023-2024:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/audiovisuais-e-musica/_/contido_2210/videos-ganadores-nos-tamen-creamos-20232024

2022-2023:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_878.html

2019-2020:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/convocatorias-e-formacion?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Premios/convocatoria_0116.html

2018:

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/recursos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_368.html

 

 

 

 

 

 

 

Menús Learning object node R

Sección