Resolución pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015/2016

Xov, 21/04/2016 - 08:35

Xúntase a Resolución do 11 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015/16.

Poderán participar nestes premios os centros públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015-2016

Categorías e dotación:

  • Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educación primaria.
    • Un 1º premio de 6.000 €
    • Un 2º premio de 4.000 €
    • Dous 3º premios de 2.000 € cada un
  • Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria, centros públicos de educación e promoción de adultos e conservatorios de música
    • Un 1º premio de 6.000 €
    • Un 2º premio de 4.000 €
    • Dous 3º premios de 2.000 € cada un

Poderanse conceder tamén accésits en calquera das dúas categorías sen dotación económica

Prazo para presentación de solicitudes: ata o 11 de maio de 2016.

Documentación necesaria para participar:

  • Anexo I da convocatoria.
  • Certificación na que figuren os datos dos docentes que se presentan ao premio.
  • Certificación de que o centro conta con autorización para o uso das imaxes dos menores participantes no traballo se os houbese.
  • Memoria descritiva, segundo se especifica no Artigo 5.4.

Prazo para presentación de solicitudes: ata o 11 de maio de 2016.

Máis información:

Asesoras do Plan Proxecta

  • Mónica Martínez Baleirón 881 997 598
  • Julia Taboada Martínez 881 997 494

Correo electrónico: asesoria.innovacioneducativa@edu.xunta.es

NOTA: A documentación necesaria para presentarse a estes premios pódese adiantar a través do correo electrónico aportado. Cómpre  ter en conta  que este adiantamento da documentación non exime da súa presentación por rexistro con data anterior ao 11 de maio de 2016.