Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Publicado en Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal)

Inicio > Resolución pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015/2016

Resolución pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015/2016 [1]

Enviado por administrador a Xov, 21/04/2016 - 08:35
Resolución pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015/2016 [2]
Gallego

Xúntase a Resolución do 11 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 para os centros docentes admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015/16.

Poderán participar nestes premios os centros públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2015-2016

Categorías e dotación:

  • Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educación primaria.
    • Un 1º premio de 6.000 €
    • Un 2º premio de 4.000 €
    • Dous 3º premios de 2.000 € cada un
  • Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria, centros públicos de educación e promoción de adultos e conservatorios de música
    • Un 1º premio de 6.000 €
    • Un 2º premio de 4.000 €
    • Dous 3º premios de 2.000 € cada un

Poderanse conceder tamén accésits en calquera das dúas categorías sen dotación económica

Prazo para presentación de solicitudes: ata o 11 de maio de 2016.

Documentación necesaria para participar:

  • Anexo I da convocatoria.
  • Certificación na que figuren os datos dos docentes que se presentan ao premio.
  • Certificación de que o centro conta con autorización para o uso das imaxes dos menores participantes no traballo se os houbese.
  • Memoria descritiva, segundo se especifica no Artigo 5.4.

Prazo para presentación de solicitudes: ata o 11 de maio de 2016.

Máis información:

Asesoras do Plan Proxecta

  • Mónica Martínez Baleirón 881 997 598
  • Julia Taboada Martínez 881 997 494

Correo electrónico: asesoria.innovacioneducativa@edu.xunta.es [3]

NOTA: A documentación necesaria para presentarse a estes premios pódese adiantar a través do correo electrónico aportado. Cómpre  ter en conta  que este adiantamento da documentación non exime da súa presentación por rexistro con data anterior ao 11 de maio de 2016.

File: 

PDF icon Resolución pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2016 ( DOG) [4]
PDF icon Resolución provisional [5]
PDF icon Resolución definitiva pola que se resolven os Premios Proxecta [6]
Premios autonómicos [7]
Ensinanzas de réxime xeral [8]
Dirección Xeral de Formación Profesional [9]
Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa [10]
Centros [11]
Boletín [12]

URL fonte: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/18679

Ligazóns
[1] https://www.edu.xunta.gal/portal/node/18679
[2] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/logo20proxecta20transparentado2002.png
[3] mailto:asesoria.innovacioneducativa@edu.xunta.es
[4] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160421_premio_proxecta.pdf
[5] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_provisional_3.pdf
[6] http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_definitiva_4.pdf
[7] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/360
[8] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/218
[9] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/8
[10] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/43
[11] https://www.edu.xunta.gal/portal/centros
[12] https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/613