Título node Learning object

Por 365 días de respecto e igualdade
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica 2025/26
Proxecta

1. Institución:

  • Consellería de Política Social e Igualdade
    • Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero
      • Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

 

2. Ámbito: Igualdade. 

 

3. Presentación do programa: O programa "Por 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo" persegue porporcionarlles ás mozas e aos mozos galegos, dende a escola, a formación e as ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de esterotipos sexistas e de falsas crenzas. 
As actividades propostas no programa proporciónanlle ao profesorado recursos para poder coñecer o que pensan e senten as súas alumnas e os seus alumnos e como o expresan, para así indagar nas causas da violencia de xénero e facerlles ver que está profundamente ligada a un xeito de entender as relacións baseado en mitos e falsas crenzas do que é un home ou unha muller e o que é unha relación amorosa. 

 

4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos e Ensinanza de persoas adultas

 

5. Participación:

  • Límite de centros participantes: 50
  • Límite de docentes participantes por centro: Sen límite
  • Límite de alumnado participante por centro: Sen límite

 

6. Criterios de selección:

  Priorizarase a selección dos distintos colectivos:
       1. Centros públicos. 
       2. Centros que non participasen neste programa con anterioridade. 
  Completarase a selección cos seguintes criterios: 
       1. Representación equitativa das catro provincias. 
       2. Orde de presentación da solicitude a través da aplicación informática. 

 

7. Persoa responsable:

Nome: Patricia Fernández López
Departamento: Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero
Teléfono: 981 957 677
Correo electrónico: 365diasrespectoigualdade.planproxecta@xunta.gal 

 

8. Obxectivos do programa:

  • Obxectivo xeral:
    - proporcionar ao profesorado recursos para coñecer que pensan e senten as súas alumnas e alumnos e como o expresan
    -indagar sobre as causas de violencia de xénero e o profundo vínculo coa maneira en que entendemos as relacións de parella
    -identificar e recoñecer os mitos, falsas crenzas e relacións tóxicas nas relacións amorosas entre homes e mulleres. 

 

 

9. Palabras clave: Violencia de xénero. Educación Emocional. Educación para a igualdade entre os dous sexos. 

 

10. Metodoloxía e temporalización: A temporalización abarcará todo o curso escolar.

 

11. Actividades e recursos ofertados:

  • Recursos materiais: 
    •  Unidade didáctica: “Á violencia de xénero dille non”
    • Mostra "Cartas de amor”
    •  Cartas de amor: 15 artistas contra a violencia de xénero. Unidade didáctica para educación secundaria”
    • Folleto "De que lado estás?" 
    • Decálogo para sextear con menos riscos
    • Outros recursos didácticos dispoñibles na web da Secretaría Xeral da Igualdade
  • Obradoiros:
    •  Exposición “Cartas de Amor”
    •  “Á Violencia de Xénero...Dille Non!”
    •  Exposición fotográfica “Express-Arte”
    •  “Algo entre Nos”
    •  Obradoiro “Violencia de xénero e o novo contexto dixital"
    •  Xénero Educa Dinámicas. 
  • Saídas: non se contempla.
  • Webs de referencia:
  • Concursos / Premios: non se contempla.
  • Formación:

- Charla sobre o tratamento da violencia de xénero e o sexismo na publicidade, nos medios audiovisuais e nas redes sociais. 
- Charla sobre a violencia machista nas relacións de parella na mocidade. 
- Charla de sensibilización: “ A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero”. 
- Espectáculo teatral sobre violencia de xénero.

 

12. Orzamento: 

 

13. Produto final: O produto final pode ser un vídeo, un podcast, un blog, publicacións ou a elaboración de material educativo que sirva de testemuño do desenvolvemento do proxecto do centro educativo dentro do programa.

14. Criterios de avaliación:

  • Criterios xerais do Plan Proxecta+:
    1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
    2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
    3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
  •  Criterios propios do programa:
    1. Uso efectivo e eficaz da unidade didáctica e demais recursos postos a disposición dos centros pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero
    2. Calidade técnica no deseño, desenvolvemento e avaliación do proxecto.
    3. Grao do valor que se lle dá á consideración da educación para a igualdade entre mulleres e homes como elemento organizador dos procesos de ensino-aprendizaxe.

 

Menús Learning object node R

Sección