Título node Learning object

Por 365 días de respecto e igualdade (curso 2021/22)
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

ProxectaInstitución:

  • Consellería de Emprego e Igualdade
    • Secretaría Xeral de Igualdade

Ámbito: igualdade de xénero
Definición: o programa consiste no desenvolvemento dun proxecto relacionado coa prevención da violencia de xénero dentro do ámbito educativo.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 5. Igualdade de xénero

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: ESO, bacharelato, FP e adultos
Límite de centros participantes: 50

Criterios de selección:

Priorizarase a selección dos distintos colectivos:

  1. Centros públicos.
  2. Centros que non participasen neste programa con anterioridade.
  3. Centros que participasen no programa Relaciona.

Completarase a selección cos seguintes criterios:

  1. Representación equitativa das catro provincias.
  2. Orde de presentación da solicitude a través da aplicación informática.

Responsable do programa:

Nome: Begoña Sieiro Negro
Departamento: Secretaría Xeral de Igualdade
Teléfono: 981 957 784
Correo electrónico: begona.sieiro.negro@xunta.es


Xustificación

Nos últimos anos, detéctanse moitos casos de relacións de parella entre adolescentes e xente moi nova cunha forte carga de violencia verbal e incluso física. Ademais, estudos recentes como o realizado polo Ministerio de Igualdade e a Universidade Complutense de Madrid amosan que entre a poboación máis nova aínda persisten ideas cargadas de sexismo e que xustifican a violencia.

Polo tanto é necesario intervir coa poboación máis nova para previr a violencia de xénero e a escola é o medio ideal para acceder a esa poboación xuvenil e poder introducir valores igualitarios e libres de estereotipos sexistas, así como para facilitarlles pautas para a detección precoz desas situación de violencia de xénero.

Obxectivos

  • Proporcionar formación e ferramentas que permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención.
  • Fomentar a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, o que permitirá traballar na eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.
  • Proporcionar ao profesorado recursos que dun xeito sinxelo lles facilite coñecer de primeira man que pensan e senten as súas alumnas e alumnos e como o expresan.
  • Indagar sobre as causas da violencia de xénero.
  • Recoñecer o profundo vínculo que existe entre a violencia de xénero e a maneira en que entendemos as relacións de parella.
  • Identificar e recoñecer os mitos, falsas crenzas, relacións tóxicas nas relacións amorosas entre homes e mulleres.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Actividades

A temporización abarcará todo o curso escolar.

Actividades e recursos

  • Apoio ao profesorado:

    • Sensibilización e información inicial ao profesorado cando se precise, para inicio de traballo na aula.
    • Reforzo e apoio do traballo realizado na aula polo profesorado con obradoiros específicos e outros de coñecemento directo do traballo das e dos profesionais que desenvolven o seu labor cada día con casos de violencia de xénero: forzas e corpos de seguridade, servizos de acollida ás vítimas, órganos xudiciais…
  • Proposta de actividades:

    • ALGO ENTRE NOS” (www.algoentrenos.gal): plataforma interactiva centrada na prevención da violencia machista no contexto das relacións de adolescentes. Trátase dun programa que facilita que o profesorado de secundaria dinamice cinco sesións de aula onde o alumnado terá que enfrontarse e superar cinco retos. Está dirixida a alumnado de 1º e 2º da ESO.
      • Busca por unha banda dotar ao profesorado de recursos e materiais centrados na prevención da violencia machista no contexto das relacións de adolescentes e pola outra, lograr que o alumnado reflexione sobre o bo trato como a alternativa para ter relacións libres de violencia machista.
      • Para poder desenvolver as 5 etapas-sesións previstas na plataforma e guiar ao grupo-clase a través delas, o profesorado contará co apoio de guías didácticas, materiais de traballo e actividades/retos para que o alumnado complete na propia aula. Así mesmo, será acompañado en todo o proceso por unha equipa profesional.
      • Antes do inicio da acción realizarase unha sesión formativa co profesorado de cada centro solicitante.
  • Obradoiros e charlas:
    • Obradoiro sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital", centrados no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión. Presencialmente ou en liña.
    • Charla sobre o tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais, a cargo de persoal especializado. Presencialmente ou en liña.
    • Charla sobre a violencia machista nas relacións de parella na mocidade. A cargo de persoal especializado . Presencialmente ou en liña.
  • Exposicións:

    • Exposición “Cartas de Amor”: exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. Xunto coa exposición ofértase un obradoiro práctico que desenvolve unha persoa experta en igualdade e xénero; Presencial ou en liña.
    • “Á Violencia de Xénero...Dille Non!”, exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións.
    • Exposición fotográfica “Express-Arte”, unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte. Creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero e impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).
  • Formación: ten carácter voluntario; o profesorado participante terá preferencia no proceso de selección dos cursos ofrecidos por Igualdade a través de PLATEGA.
    • G2101008 - Abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Plan Proxecta
    • Modalidade: en rede (Platega)
    • Temporización: 2º trimestre
    • Prazas: 50
    • Horas: 30

Recursos

Produto final

Cada centro participante elaborará e presentará coa memoria final alomenos un produto final representativo do traballo desenvolvido durante o curso. Por exemplo: un vídeo, un cartel, unha curtametraxe, unha presentación, unha exposición etc.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Uso efectivo e eficaz dos recursos postos a disposición dos centros por parte da Secretaría Xeral da Igualdade.

5. Calidade técnica no deseño, desenvolvemento e avaliación do proxecto.

6. Grao do valor que se lle dá á consideración da educación para a igualdade entre mulleres e homes como elemento organizador dos procesos de ensino-aprendizaxe.

 

Selección de boas prácticas:

  • “Empoderando, educando e traballando contra a violencia de xénero”, IES Espiñeira de Boiro: ligazón
  • “Queremos que os 365 días sexan de respecto e igualdade” IES de Catabois: ligazón
  • ”Educando na prevención das violencias” IES Plurilingüe Fontexería de Muros: ligazón

Menús Learning object node R

Sección