Título node Learning object

Escola verde (curso 2021/22)
Xov, 12/09/2019 - 12:21

Ficha técnica

Institución:

  • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
    • Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático

Ámbito: medio ambiente / desenvolvemento sustentable / concienciación ambiental

Definición: o programa está centrado en acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente. A peculiaridade que posúe o proxecto Escola Verde é que cada centro escolle un tema (xeral ou concreto) relacionado co medio ambiente. Por exemplo, reducir a pegada de carbono do centro educativo ou transformar o recreo nun espazo libre de plásticos.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 13. Acción polo clima
  • ODS 6. Auga limpa e saneamento
  • ODS 7. Enerxía accesible e non contaminante
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil (sempre que estea acompañado dalgunha suoutra etapa educativa), primaria, ESO.
Límite de centros participantes:  ata 10 centros para o Proxecto Escola Verde. Todos deben cumprir a calidade mínima esixida polo programa, segundo os criterios de selección.
Criterios de selección:

  • Innovación no tema escollido especificando as actividades que se van realizar durante o curso (0-2 ptos).
  • Presentación de plan de traballo, incluíndo metodoloxía e calendario de actividades (0-1,5 ptos).
  • Transversalidade do proxecto coas asignaturas e as actividades a realizar. Desenvolvemento no ámbito de todo o contexto escolar (0-2,5 ptos).
  • Participación de toda a comunidade escolar e interacción e coordinación entre os mesmos: alumnos, así como distintas etapas educativas, sempre que sexa posible; profesorado, tanto os vinculados directamente ao proxecto como o resto dos profesores; familias; servizos complementarios: limpeza, cociña, transporte, actividades extraescolares etc. (0-2,5 ptos).
  • Beneficios do proxecto, proxección temporal, impacto na comunidade escolar e difusión dos resultados (0-1,5 ptos).

Responsables do programa:

Nome: María Luz Macho Eiras e Sofía Calvete Candal
Departamento: Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático
Teléfono: 881 99 96 56
Correo electrónico: adaptacioncambioclimatico.cmatv@xunta.gal


Xustificación

Unha Escola Verde é unha escola comprometida co medio ambiente, que integra a sustentabilidade nas súas accións cotiás e non só como un contido a impartir. Unha comunidade global de profesorado, alumnado e persoal non docente cunha alta conciencia ambiental, enfocada á identificación de problemas ambientais, busca de solucións e mellora dos hábitos no día a día no centro escolar.

Obxectivos

  • Axudar aos centros a incorporar os valores da educación para a sustentabilidade en todos os ámbitos da vida do centro e das familias, promovendo a participación activa na mellora do seu medio e fomentando actitudes ambientais responsables na comunidade escolar.
  • Implicar ao claustro escolar como coñecedores e dinamizadores da nova actitude ambiental que imos mudar.
  • Involucrar a toda a comunidade escolar, destacando e valorando os logros e cambios de actitude acadados polos alumnos.
  • Promover o coñecemento e divulgación das boas prácticas ambientais en toda a comunidade escolar.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Actividades

Actividades obrigatorias:

  1. Realización dunha diagnose inicial da situación do centro. Cos datos recollidos reflexionarase, debaterase e tomaranse as decisións oportunas para adecuar o proxecto ás observacións realizadas. O centro poderá escoller un tema específico sobre a sustentabilidade.
  2. Presentación dun informe inicial no que se identifique a metodoloxía utilizada para realizar a diagnose, os principais resultados e as modificacións realizadas no proxecto (inclusión ou anulación de actividades, novo cronograma, novo enfoque...). Deberase entregar este informe no período de un mes despois do comezo do proxecto durante o curso académico.
  3. Entrega dunha memoria final obrigatoria (poden servir de guía os puntos especificados no Manual de boas prácticas de Escola Verde) que recolla as actividades levadas a cabo e as evidencias do traballo realizado a través de documentación gráfica (é un criterio imprescindible), así como o documento de presentación final seleccionado polo centro. A data límite de entrega vén establecida polo Plan Proxecta.
  • Formación: haberá unha xornada de formación obrigatoria para o profesorado (esta formación non se certifica como formación do profesorado). Lugar: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Duración: 2h.

Apoio e asesoramento ao profesorado: por correo electrónico e/ou teléfono.

Recursos

Produto final

Ao remate do programa todos os centros deberán presentar, ademáis da memoria, un producto final que dea conta do traballo desenvolvido ao abeiro do programa. O formato é aberto e será seleccionado polo centro. Exemplos:

  • Vídeos elaborado e difundido a través de redes sociais, blogues etc.
  • Exposición realizada polo alumnado.
  • Charlas entre os diferentes centros participantes presentando o seu programa.

Criterios de avaliación das memorias finais

Criterios xerais:

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos:

4. Situación de partida: selección e xustificación da temática do proxecto, avaliación incial do centro e comunicación e sensibilización da posta en marcha do proxecto.

5. Plan de acción: a partir das conclusións obtidas no punto anterior,desenvolver un plan de acción identificando o que se quere conseguir. Definiciçon de accións e obxectivos específicos, medibles, realistas, temporais e que se podan acadar.

6. Avaliación do proxecto e comunicación: observación final das melloras, actividades realizadas de maneira satisfactoria, cumprimento dos obxectivos xerais do proxecto e os obxectivos concretos do plan de acción. Ferramentas e metodoloxías utilizadas para a recollida e xestión dos datos e conclusións obtidas, así como a difusión das actividades realizadas durante o proxecto, comunicación dos logros que se van acadando, creación de páxinas web, blogs, etc, que permitan esta exposición.

 

Selección de boas prácticas:

Menús Learning object node R