Hoxe tivemos a visita na biblioteca do noso Lois de Noé da tenda a granel "Lacena comida espida" de A Guarda. Veu para falarnos do importante que é procurar mercar alimentos e produtos en xeral que non veñan envasados en plástico xa que polo xeral son plásticos dun so uso que rematan directamente no lixo.
Ademais como hoxe é o día da saúde tróuxonos productos de aseo que non inclúen plástico ou inclúen moi pouco para montar unha exposición na biblioteca e deunos un cepillo de dentes de bambú e un pouquiño de pasta de dentes en tarro de vivdro para que os probasemos na casa.
Foi unha charla realmente interesante, moitas grazas Noé !!
Álbum: Curso 21-22 -> Día da Saúde