Innovamat

Innovamat: As matemáticas da LOMLOE

Pinchade nas imaxes.

 

 

  

  

 

 

Que é Innovamat?

Queridas familias:

Este curso comezamos a traballar cunha nova lei educativa e cun novo curriculo.

Trae moitas novidades e unha das máis importantes é que a aprendizaxe e a práctica das competencias pasa definitivamente ao primeiro plano.

Precisamos, polo tanto, unha nova didáctica que nos permita presentar os contidos dunha forma máis manipulativa e razonada adaptada ás idades das crianzas.

Por esa razón, o curso pasado, presentamos ao Consello Escolar o programa Innovamat.

Aínda estamos nos primeiros pasos facendo formación continua para poñernos ao dia. Pero hai algo que temos moi claro, o noso principal obxectivo vai ser aprender xunt@s unha nova forma de entender as matemáticas. 

Queremos agradecer de antemán o voso apoio neste gran paso e dicirvos que ante calquera dúbida estamos á vosa disposición nas horas de titoría os martes ás 16:30h previa cita.

 

 

Distribuir contido