Impresos

Xustificación faltas de asistencia

Queridas familias:

Facilitámosvos un modelo para xustificar as faltas de asistencia do alumnado. Podedes descargalo pinchando aquí.

Autorización para o uso de imaxes

Queridas familias:

Pregamos que as familias que aínda non entregaron o impreso de autorización do uso de imaxe o fagan canto antes para poder elaborar as listaxes definitivas deste curso. Podedes descargalo aquí.

Actualización de datos de contacto e persoas autorizadas

Queridas familias:

Pregamos que as familias que aínda non entregaron o impreso de actualización de datos e persoas autorizadas o fagan canto antes para poder elaborar as listaxes definitivas deste curso. Podedes descargalo aquí.

Entrega e recollida do alumnado

A persoa que acompañe ou veña recoller ao alumnado deberá:

  • Avisar con antelación sempre que sexa posible.
  • Traer cuberto o impreso “Rexistro de entradas e saidas do alumnado”. No caso de ser unha persoa autorizada polos responsables da crianza deberá vir cuberto na súa totalidade.

 

Solicitude de empréstito de recursos informáticos

Queridas familias:

A Consellería está realizando a previsión de necesidades informáticas en caso de que teñamos que volver ás clases non presenciais.

Se algunha crianza non dispón dos medios técnicos necesarios para, de ser o caso, poder seguir as aulas desde a casa, pregámosvos que por favor cubrades e nos enviedes o impreso adxunto para que poidamos dar resposta ás vosas necesidades.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

A dirección.

 

Declaración responsable COVID para as familias do alumnado

COMPROMISO DE REALIZACIÓN da Enquisa de Autoavaliación clínica do COVID ao/á alumno/a cada mañá antes de vir ao colexio e de NON envialo/a ao centro e mantelo/a en illamento preventivo domiciliario nos seguintes supostos:

- Se o/a alumno/a ten síntomas compatibles coa COVID-19, poñéndose en contacto co seu pediatra e con algunha das persoas membros do equipo COVID do centro educativo.

- Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumno/a non poderán acudir ao centro ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do centro.  

 Pregamos que a entreguedes cuberta e asinada o día da xuntanza.

IMPRESO

 

Enquisa de autoavaliación clinica COVID

Esta enquisa pretende ser útil para que a comunidade educativa poida identificar síntomas clínicos de sospeita de ter infección por coronavirus a nivel particular polo que non debe ser enviada ao centro.

De presentar calquera destes síntomas ou pertencer ao círculo social dalgunha persoa infectada ou que se sospeite que poida estar infectada non acuda ao centro e solicite o antes posible consulta no seu centro de saúde.

Distribuir contido