Benvid@s ao cole
+Info
Queridas familias:
O 1 de marzo empeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2023-24 e tedes a vosa disposición dous procedementos:
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta neste enlace ED550B - Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
- Presentación na secretaría do centro cubrindo os impresos na aplicación admisionalumnado e pedindo cita no 886 11 04 92 para presentalos.
Documentación para a presentación
- Solicitude Anexo II.
- Comprobación de datos dos membros da unidade familiar que non sexan a persoa que asina a solicitude Anexo II bis. Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (DNI, Libro de familia...)
- Certificado oficial do expediente académico en caso de vir doutro centro.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
- Título de familia numerosa de ser o caso.
- Certificado de discapacidade recoñecida pola Xunta de Galicia de darse o caso.
Postos escolares ofertados
INFANTIL
|
PRIMARIA
|
Aula Mixta
|
Aula Mixta
|
Aula Mixta
|
Aula Mixta
|
3 anos
|
4 anos
|
5 anos
|
Primeiro
|
Segundo
|
Terceiro
|
Cuarto
|
Quinto
|
Sexto
|
7 + 1 NEAE
|
6 + 1 NEAE
|
12
|
10
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Prazo de presentación de solicitudes
- O alumnado novo que queira presentar solicitude de admisión neste centro terá que facelo do 1 ao 20 de marzo.
- As solicitudes poderán facerse no centro que se solicita en primeiro lugar no caso de solicitar máis de un.
- Lémbrase ás persoas proxenitoras ou titoras legais que só se pode presentar unha única solicitude de admisión. O non cumprimento deste feito determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
Recoñecemento das familias monoparentais no proceso de escolarización
Enténdese por familia monoparental a composta por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.
Para a valoración do criterio de familia monoparental, a persoa interesada terá que presentar a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas.
A efectos da certificación de recoñecemento debe ser solicitada ao seguinte servizo:
Dirección Xeral de Familia e dinamización demográfica
Subdirección Xeral de Política familiar
Servizo de protección de menores
San Caetano
881999011
proteccionmenores@xunta.gal
Seguimento e consulta do estado de tramitacion das solicitudes
O alumnado e as súas familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado utilizando o código da solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
Calendario
Do 1 ao 20 de marzo.
Prazo de formalización de matrícula
O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula entre o 25 e o 30 de xuño.
Centro de adscrición
CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal)
Área de influencia
Parroquias de Loureza e Burgueira (Oia)
Servizos complementarios ofertados
Transporte escolar
Normativa de aplicación
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).