Escolarización

Dirixida a alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato que se incorpora ao sistema ou que cambie de centro docente.
O alumnado que continúa estudos no centro onde está matriculado ten garantida a súa permanencia nel e, polo tanto, non precisa dun novo procedemento de admisión.

Distínguese:

  • Reserva de praza: Alumnado que cambia de etapa (Educación Infantil a Educación Primaria, Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria,...) e desexa continuar estudos no centro de adscrición. Este alumnado ten prioridade respecto do que non procede de centro adscrito.

Solicitude: Formulario ED550A

  • Ordinaria: Alumnado que se incorpora ao sistema educativo, cambia de centro e cando as solicitudes de reserva sexan superiores ás prazas dispoñibles

Solicitude: Formulario ED550B

  • Extraordinaria: Escolarización unha vez iniciado o curso por traslado de domicilio, situacións derivadas de acoso escolar, violencia de xénero e outros supostos

Solicitude: Modelo facilitado en cada Xefatura Territorial

  • Reserva de praza: do 1 ao 15 de febreiro de cada ano. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro de orixe do alumnado
  • Admisión: do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar

    No caso da reserva ou da admisión, cando o último día do prazo sexa lectivo prorrogarase ata o primeiro día lectivo inmediato seguinte. A solicitude poderá entregarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado

  • Extraordinario: aberto durante todo o curso académico, presentando nas dependencias das Xefaturas Territoriais ou nos centros educativos

  • Copia do DNI da persoa solicitantes e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
  • Copia do libro de familia
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo

Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

Non obstante, só será necesario presentar a documentación relativa aos criterios de domicilio fiscal, renda per cápita da unidade familiar, condición de familia numerosa e de discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia, cando a persoa interesada denegue expresamente a consulta automática.

A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente.

Se o número de solicitudes é superior ao de prazas dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios:

  • Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro: 2 puntos por cada unha/un
  • Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro: 3 puntos
  • Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dos proxenitores ou titores: ata 6 puntos
  • Renda anual per cápita da unidade familiar, respecto ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM): ata 3 puntos
  • Condición de familia numerosa: ata 3 puntos
  • Condición de familia monoparental: 2 puntos
  • Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en calquera dos seus proxenitores, titores, irmás ou irmáns: ata 4 puntos
  • Expediente académico do alumnado, só no caso de ensinanzas de bacharelato: ata 2 puntos
  • Criterio establecido por cada centro educativo, que deberá ser publicado coa suficiente antelación ao inicio do proceso de admisión: 1 punto

Asignaranse de conformidade coa puntuación acadada por cada alumna ou alumno, tendo en conta a orde de prioridade expresada na solicitude.
No caso de empate na puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación en cada un dos criterios seguindo a mesma orde na que aparecen no apartado anterior. De persistir o empate, este resolverase conforme ao resultado do sorteo público que realiza anualmente esta consellería

 

  • Provisional: Cada centro publicará as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para cada curso, por orde da puntuación total obtida, antes do 25 de abril de cada ano. O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte á súa publicación
  • Definitiva: Unha vez resoltas as reclamacións, os centros publicarán as listaxes definitivas antes do 15 de maio

    As persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave365 poderán consultar as listaxes correspondentes á súa solicitude ou solicitudes a través da aplicación admisionalumnado

Cando a persoa solicitante non fose admitida no centro indicado en primeiro lugar na súa solicitude, será baremada de forma sucesiva para cada un dos centros solicitados nos que existan postos vacantes, seguindo a orde de preferencia manifestada na solicitude, para determinar a súa puntuación no centro concreto conforme os criterios de baremo

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente, nos seguintes prazos:

  • Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: prazo ordinario do 25 de xuño ao 10 de xullo; prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro.
  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A formación profesional no sistema educativo ten por finalidade preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional, facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poden producirse ao longo da súa vida, contribuír ao seu desenvolvemento persoal e ao exercicio dunha cidadanía democrática, e permitir a progresión no sistema educativo e no sistema de formación profesional para o emprego, así como a aprendizaxe ao longo da vida.

A formación profesional no sistema educativo comprende os ciclos de formación profesional básica, de grao medio e de grao superior cunha organización modular.

Os ciclos formativos de formación profesional básica están destinados ao alumnado en idade de escolarización obrigatoria que cumpra os requisitos esixidos pola normativa, e cuxo grao de adquisición das competencias non sexa o adecuado para obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, pero si suficiente para acadar o título profesional básico.

As ensinanzas de formación profesional de grao medio dan lugar ao título de técnico e permiten aplicar técnicas e coñecementos de diferentes ámbitos nun campo profesional especializado.

As ensinanzas de formación profesional de grao superior dan lugar ao título de técnico superior e permiten definir, planificar e organizar procesos e procedementos de traballo con autonomía no seu campo profesional.

Actualmente a Formación Profesional pódese realizar por curso completo no réxime ordinario, de xeito parcial no réxime para as persoas adultas e en formación Dual.

No réxime ordinario ofértase formación profesional básica, formación profesional de grao medio e formación profesional de grao superior, sempre en modalidade presencial con matrícula por curso completo.

No caso do réxime para as persoas adultas a oferta será de grao medio ou de grao superior. A modalidade para cursalos pode ser presencial (con asistencia obrigatoria a clase) ou en modalidade semipresencial e a distancia (con titorías de asistencia voluntaria e asistencia obrigatoria ás actividades de avaliación). A matrícula é por módulos, o que permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida.

A Formación Profesional Dual permite a realización dun ciclo formativo de grao medio ou de grao superior cunha formación compartida entre o centro educativo e a empresa. Neste caso a matrícula será realizada por proxecto completo.

Para estudar formación profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos, ademais de ter os requisitos académicos e de acceso, é necesario participar nun proceso de admisión.

As probas de acceso están destinadas a aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente, teñan a posibilidade de continuar a súa formación aos ciclos formativos de formación profesional, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

  • Probas de acceso a grao medio: é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba. Dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan. Máis información
  • Probas de acceso a grao superior: é necesario que teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba. A certificación de superación da proba incluirá a relación de familias profesionais do ciclo formativo de grao superior ás que poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan. Máis información

Son probas diferenciadas por módulos profesionais que teñen como finalidade acadar o título de técnico ou técnico superior de formación profesional demostrando que acadaron os obxectivos establecidos na normativa. Para poder acceder a elas teñen que cumprir cos requisitos de acceso que establece a normativa de admisión a ciclos formativos de grao medio e superior.

Ler máis

As ensinanzas dirixidas ás persoas adultas abranguen:

  • Ensinanzas básicas iniciais:

    • Estrutúranse en dous niveis:

      • Nivel I, centrado nas habilidades instrumentais da lecto-escritura e do cálculo matemático.

      • Nivel II, dirixido á consolidación das habilidades instrumentais da lecto-escritura e do cálculo matemático e á preparación para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.

    • Modalidades:

      • Presencial

      • A distancia (o nivel I non poderá cursarse nesta modalidade)

  • Ensinanzas conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria:

    • Estrutúranse en dous niveis organizados de forma modular en tres ámbitos de coñecemento, e secuenciados de forma progresiva e integrada. Cada ámbito consta de catro módulos de contidos de carácter interdisciplinar.

    • Modalidades:

      • Presencial

      • A distancia

  • Ensinanzas de bacharelato para persoas adultas:

    • Estrutúrase en dous cursos académicos segundo a ordenación establecida con carácter xeral para o réxime ordinario.

    • Modalidades:

      • Presencial

      • A distancia

  • Aulas Mentor: cursos impartidos a distancia orientados a mellorar a capacitación profesional e a formación cultural das persoas adultas.

  • Galego e castelán para persoas inmigrantes

O prazo de matrícula de ensinanzas básicas iniciais de persoas adultas empeza no mes de setembro e permanecerá aberto durante todo o curso escolar.

  • Ensinanzas Básicas Iniciais Nivel I: Aquelas persoas adultas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo

  • Ensinanzas Básicas Iniciais Nivel II: Aquelas persoas adultas sen ningunha titulación que desexen acceder á educación secundaria para persoas adultas, cursos de cualificación profesional ou participar na vida social, cultural, política e económica.

O currículo das Ensinanzas básicas iniciais promoverá o desenvolvemento das competencias clave para acceder á educación secundaria para persoas adultas e a mellora de coñecementos, destrezas e habilidades que favorezan o desenvolvemento persoal, laboral e social.

As ensinanzas básicas iniciais organízanse en dous niveis diferenciados nos que os contidos se traballan de modo globalizado.

  • O primeiro nivel organízase nos seguintes ámbitos:

  1. Ámbito da comunicación

  2. Ámbito da competencia matemática

  3. Ámbito da ciencia, sociedade, tecnoloxía e de desenvolvemento e iniciativa persoal

  • O segundo nivel organízase nos seguintes ámbitos:

  1. Ámbito da comunicación

  2. Ámbito da competencia matemática

  3. Ámbito da ciencia, tecnoloxía e sociedade no mundo actual

  4. Ámbito de desenvolvemento e iniciativa persoal e laboral

O horario das ensinanzas básicas iniciais comprenderá doce períodos lectivos semanais no primeiro nivel e dezaseis no segundo distribuídos do seguinte modo:

 

  • Currículo das ensinanzas básicas iniciais I:

  1. Ámbito da comunicación: 5 sesións

  2. Ámbito da competencia matemática: 4 sesións

  3. Ámbito da ciencia, sociedade, tecnoloxía e de desenvolvemento e iniciativa persoal: 2 sesións

  4. Titoría: 1 sesión

     

  • Currículo das ensinanzas básicas iniciais II:

  1. Ámbito da comunicación: 6 sesións

  2. Ámbito da competencia matemática: 5 sesións

  3. Ámbito da ciencia, tecnoloxía e sociedade no mundo actual: 2 sesións

  4. Ámbito de desenvolvemento e iniciativa persoal e laboral: 2 sesións

  5. Titoría: 1 sesión

 

Co fin de que o alumnado das ensinanzas básicas iniciais I alcance as destrezas de lecto-escritura, razoamento matemático e cálculo o número de sesións establecido para cada ámbito poderase adaptar ás necesidades educativas do alumnado.

  • Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.

  • Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.

  • Estas ensinanzas son equivalentes ás ensinanzas de educación secundaria obrigatoria do réxime ordinario.

  • Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un dos módulos organízase en tres campos de coñecemento:

    • Ámbito científico-tecnolóxico

    • Ámbito de comunicación

    • Ámbito social

  • Existen dúas modalidades:

    • Modalidade presencial na cal o alumno asiste a clase con regularidade.

    • Modalidade a distancia que presenta, á súa vez, dúas submodalidades:

      • Na modalidade a distancia semipresencial o alumno debe asistir ás titorías de cada ámbito (unha sesión lectiva semanal para o ámbito social, dúas sesións para o ámbito de comunicación e outras dúas para o ámbito científico-tecnolóxico).

      • Na modalidade a distancia telemática as titorías realízanse por vía telemática. A comunicación cos titores realízase a través da Aula Virtual do IES San Clemente.

  • Con carácter xeral, as ensinanzas de Graduado en Educación Secundaria de adultos poderán realizarse en dous cursos académicos.

  • O alumnado poderá cursar estes estudos todo o tempo que precise segundo o seu ritmo de aprendizaxe.

As datas de matrícula para o curso escolar 2019/2020 serán as seguintes:

  • Modalidade presencial:

    • 1º cuadrimestre: do 2 ao 13 de setembro de 2019

    • 2º cuadrimestre: do 8 ao 17 de xaneiro de 2020

  • Modalidade a distancia semipresencial:

    • 1º cuadrimestre: do 2 de setembro de 2019 ata o 17 de xaneiro de 2020

    • 2º cuadrimestre: do 3 de febreiro de 2020 ata o 30 de abril de 2020

  • Modalidade a distancia telemática:

    • 1º cuadrimestre: do 2 de setembro de 2019 ata o 17 de xaneiro de 2020

    • 2º cuadrimestre: do 3 de febreiro de 2020 ata o 15 de maio de 2020

Poderán matricularse, sempre que cumpran os requisitos académicos de acceso:

  • Todas as persoas maiores de dezaoito anos, ou que os cumpran antes do 31 de decembro do ano 2019.

  • As persoas maiores de dezaseis anos que cumpran algún dos seguintes requisitos:

    • Ter un contrato laboral en vigor.

    • Ser deportista de alto nivel.

    • Estar interno en réxime pechado nun centro de reeducación de menores.

    • Non poder asistir regularmente a un centro ordinario por enfermidade ou impedimento físico.

O bacharelato para persoas adultas configúranse en dous cursos académicos segundo a ordenación establecida con carácter xeral para o réxime ordinario.

Pode cursarse en dúas modalidades:

  • Presencial:

    • Baséase na asistencia diaria do alumnado ás sesións lectivas de cada unha das materias do currículo.

    • Impártese en dous cursos académicos e, con carácter xeral, en horario de tarde de luns a venres.

    • A matrícula pode facerse:

      • Dun curso completo.

      • De materias illadas correspondentes a primeiro e/ou segundo curso, sempre que exista compatibilidade horaria e non se superen os 32 períodos lectivos semanais. En calquera caso, non é posible a matrícula simultánea por primeira vez en materias coa mesma denominación nos dous cursos ou con contidos progresivos.

  • A distancia:

    • Presenta, á súa vez, dúas submodalidades:

      • A distancia semipresencial:

        • Impártese con apoio de titorías presenciais.

        • O alumnado poderá matricularse do número de materias que desexe de primeiro ou segundo curso, sempre e cando exista compatibilidade horaria nas titorías lectivas respectivas. En calquera caso, non se poderá matricular simultaneamente por primeira vez en materias coa mesma denominación nos dous cursos ou con contidos progresivos.

      • A distancia con apoio de titorías telemáticas:

        • Impártese con apoio de titorías telemáticas.

        • O alumnado poderá matricularse do número de materias que desexe de primeiro ou segundo curso. En calquera caso, non se poderá matricular simultaneamente por primeira vez en materias coa mesma denominación nos dous cursos ou con contidos progresivos.

 

  • Na modalidade presencial:

    • Poderase permanecer durante seis anos académicos, consecutivos ou non. Para estes efectos non serán computables os anos de escolarización no réxime ordinario.

    • No caso de que un alumno ou unha alumna esgote os seis anos de permanencia, poderá continuar os seus estudos no bacharelato a distancia ata rematar estas ensinanzas.

  • Na modalidade a distancia:

    • Non existe ningunha limitación temporal de permanencia.

Na modalidade presencial:

  • O prazo de inscrición é o establecido para o bacharelato de réxime ordinario, do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2019.

  • En calquera caso, ábrese un prazo extraordinario de matrícula entre o 2 e o 13 de setembro de 2019.

 

Na modalidade a distancia:

  • A distancia semipresencial:

    • O alumnado procedente do mesmo centro realizará a reserva de praza do 15 ao 30 de maio.

    • O resto do alumnado presentará a solicitude de admisión no prazo ordinario do 25 de xuño ao 10 de xullo

    • Finalizado o citado prazo, o alumnado poderá presentar solicitude de admisión no prazo extraordinario entre o 2 e o 13 de setembro de 2019.

  • A distancia con apoio de titorías telemáticas:
    • A solicitude de matrícula realizarase entre o 16 de setembro e o 26 de novembro de 2019.

    • O alumnado que remate os estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro poderá realizar a matrícula do 15 ao 28 de febreiro de 2020.

    • En circunstancias excepcionais, poderase autorizar a matrícula ata o 30 de abril de 2020.

Para acceder a estas ensinanzas será requisito imprescindible ter dezaseis anos cumpridos no ano natural en que se comecen os estudos.

Poderán acceder, así mesmo, aquelas persoas que teñan cumpridos catorce anos, ou que os cumpran antes do 31 de decembro do ano académico, para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na educación secundaria obrigatoria como primeira lingua estranxeira.

O alumnado que desexe matricularse en español como lingua estranxeira deberá acreditar a súa condición de cidadán/á dun país no que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española.

Poderase acceder directamente a un curso distinto de 1º de nivel básico a través das seguintes vías:

  1. Os certificados dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 darán acceso, respectivamente, ás ensinanzas dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2.
  2. Para aquelas persoas que dispoñan de coñecementos previos do idioma en que queiran matricularse, as probas de clasificación permitirán a incorporación ao curso que corresponda, segundo o resultado obtido, dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2.
  3. As titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos dun idioma, establecidos no Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011, darán acceso ao primeiro curso do nivel inmediatamente superior ao acreditado. As persoas que acrediten o nivel C2 poderán acceder a este mesmo nivel.
  4. Para os idiomas español como lingua estranxeira e galego, os títulos, certificados e diplomas acreditativos de ter coñecementos do idioma establécense no anexo I da circular anual de preinscrición, admisión e matrícula, e outorgarán acceso directo por titulación aos cursos que se indican.
  5. As persoas aspirantes que presenten certificacións distintas ás que fan referencia os apartados anteriores deberán realizar a proba de clasificación.
  6. En tanto o Goberno non determine as equivalencias correspondentes, de acordo co establecido no apartado 1 da disposición adicional única do RD 1041/2017, as persoas que acrediten o título de bacharelato terán acceso ao primeiro curso do nivel intermedio B1 do idioma que acrediten como 1ª lingua estranxeira.
  7. Os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE) dos niveis A1, A2, B1, B2 e C1, regulados no Real decreto 264/2008, do 22 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, permitirán o acceso, respectivamente, ás ensinanzas de español como lingua estranxeira dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 impartidas nas escolas oficiais de idiomas.
  8. Os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, permitirán o acceso, respectivamente, ás ensinanzas de galego dos niveis intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2

Todo o alumnado de novo acceso deberá realizar unha preinscrición en liña a través da aplicación informática existente para tramitar a súa solicitude de praza.

Ademais daquelas persoas que solicitan cursar estudos no 1º curso do nivel básico dun idioma nas escolas oficiais de idiomas por primeira vez, terá a consideración de alumnado de novo acceso para os efectos de preinscrición e adxudicación de prazas o seguinte:

  1. As persoas procedentes das probas de clasificación.
  2. As persoas que solicitan acceso directo por titulación. c. As persoas que se incorporan á ensinanza presencial tras superar as probas específicas de certificación polo réxime libre.
  3. As persoas procedentes de traslado de expediente.
  4. O antigo alumnado que non estivera matriculado polo réxime oficial no curso anterior.
  5. O alumnado oficial con renuncia ou anulación da matrícula no curso anterior.

Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña, a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta, no prazo e de acordo coas instrucións establecidas na circular anual de preinscrición, admisión e matrícula.

Pódese atopar toda a información na CIRCULAR anual de preinscrición, admisión e matrícula: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1537

A finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional

A ensinanza da música no grao elemental organízase en catro cursos

Mais información:

 

Requisitos e proba de acceso.

Para acceder ás ensinanzas de grao elemental de música será requisito imprescindible superar una proba específica de acceso, que garante os principios de igualdade, mérito e capacidade.

A primeiro curso

O procedemento de acceso ao primeiro curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais. En todo caso, a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:

a) Exercicio para avaliar a aptitude rítmica.

b) Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal.

c) Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz.

A realización destes exercicios efectuarase de xeito que ningún deles teña carácter eliminatorio. A valoración realizarase considerando tanto cada un dos aspectos sinalados no punto anterior como o conxunto da proba globalmente.

Acceso a outros cursos.

Poderase acceder a calquera outro curso do grao elemental sen ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. En calquera caso, o acceso a outro curso do grao elemental estará supeditado á existencia de prazas vacantes na especialidade solicitada.

Estas probas avaliarán, ademais das aptitudes e da idade idónea, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuar os estudos nas especialidades instrumentais para as que se solicite a praza.

En todo caso, para o acceso aos cursos do grao elemental a idade mínima de acceso será de oito anos e a máxima de catorce anos, cumpridos ou por cumprir dentro do ano natural.

A finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión dancística adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional

A ensinanza de danza no grao elemental organízase en catro cursos

Para acceder ás ensinanzas de grao elemental de danza será requisito imprescindible superar una proba específica de acceso, que garante os principios de igualdade, mérito e capacidade.

Mais información:

 

Requisitos e proba de acceso ao primeiro curso

O procedemento de acceso ao primeiro curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes físicas e expresivas das persoas aspirantes en relación coa danza, co seu sentido musical e coa idade idónea para iniciar estes estudos.

A proba para avaliar as aptitudes dancísticas incluirá, como mínimo, os seguintes aspectos:

  1. Exercicios que permitan valorar a amplitude articular e a flexibilidade muscular das extremidades e do tronco.
  2. Exercicios de coordinación corporal que permitan valorar a capacidade psicomotriz das persoas aspirantes.
  3. Exercicios de salto para medir a potencia dos membros inferiores.
  4. Exercicios de carácter musical para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes.

A realización destes exercicios efectuarase de xeito que ningún deles teña carácter eliminatorio. A valoración realizarase considerando tanto cada un dos aspectos sinalados no punto anterior como o conxunto da proba globalmente.

Acceso a outros cursos.

Poderase acceder a calquera outro curso do grao elemental sen ter superados os anteriores, sempre que se supere a correspondente proba. En calquera caso, o acceso a outro curso do grao elemental estará supeditado á existencia de prazas vacantes nos respectivos cursos.

Estas probas avaliarán, ademais das aptitudes dancísticas e da idade idónea, a capacidade e os coñecementos dos alumnos e das alumnas para continuaren os estudos no curso en que se solicite a praza.

As ensinanzas profesionais de música teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado una formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música

Mais información:

 

Acceso

Acceso ao primeiro curso.

Para acceder ao primeiro curso do ensinanzas profesionais de música cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais.

Para todas as especialidades, agás para a de canto, a devandita proba consistirá en:

  1. Interpretación, no instrumento da especialidade a que opte, de tres obras pertencentes a distintos estilos, das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio cualificarase de cero adez puntos e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
  2. Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

Para a especialidade de canto, a proba consistirá en:

  1. Interpretación de tres obras de diferentes estilos, libremente elixidas pola persoa aspirante, das cales unha será de repertorio lírico. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos e será precisa unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
  2. Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

 

A puntuación definitiva da proba citada nos puntos anteriores será a media ponderada da cualificación obtida en ambos os exercicios. Para estes efectos ponderarase o primeiro deles nun 70 por cento, e o segundo nun 30 por cento.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para se matricular no curso académico en que fose convocada.

Acceso a outros cursos.

Poderase acceder a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

Esta proba constará de dous exercicios:

  1. Interpretación, no instrumento ou coa voz, de tres obras de diferentes estilos, do nivel correspondente ao curso inmediatamente anterior ao que se opte e das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
  2. Exercicio teórico-práctico para valorar os coñecementos das materias dos cursos anteriores a que se opte. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

A puntuación definitiva da proba citada nos puntos anteriores será a media ponderada da cualificación obtida en ambos os exercicios. Para estes efectos ponderarase o primeiro deles nun 70 por cento, e o segundo nun 30 por cento.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para se matricular no curso académico en que fose convocada

As ensinanzas profesionais de danza teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da danza

Mais información:

 

Acceso

Acceso ao primeiro curso.

Para acceder ao primeiro curso do ensinanzas profesionais de danza cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais.

Para a especialidade de danza clásica, a proba consistirá en:

  1. Exercicios de danza clásica na barra e no centro.

Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

  1. Unha danza galega ou de carácter, libremente elixida polo aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
  2. Un exercicio para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes, en relación á capacidade rítmica e á escoita activa. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e precisarase unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

Para a especialidade de danza contemporánea, a proba consistirá en:

  1. Exercicios de danza clásica na barra e no centro incluíndo secuencias de movementos de danza contemporánea. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
  2. Unha improvisación sobre un fragmento musical, que o profesor ou a profesora pianista acompañante lle dará a coñecer previamente á persoa aspirante. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e precisarase unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
  3. Un exercicio para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes, en relación á capacidade rítmica e á es coita activa. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

 

Para a especialidade de danza española, a proba consistirá en:

  1. Exercicios de danza clásica na barra e no centro. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e será precisa unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
  2. Exercicios de iniciación á escola bolera, ao flamenco e ao folclore. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.
  3. Un exercicio para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes, en relación á capacidade rítmica e á escoita activa. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e haberá que obter unha cualificación mínima de cinco puntos para o superar.

A puntuación definitiva da proba citada nos pun tos anteriores será a media ponderada da cualificación obtida nos tres exercicios. Para estes efectos, ponderaranse o primeiro e o segundo deles nun total dun 85 por cento, e o terceiro nun 15 por cento.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no curso académico en que fose convocada.

Acceso a outros cursos.

Poderá accederse a calquera outro curso das ensinanzas profesionais sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. ( Orde do 25 de xuño de 2007 DOG 22 de xullo. Corrixida pola Orde do 15 de marzo de 2013 DOG 25 de marzo)

Conforme o artigo 52.1º da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para acceder ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño será necesario estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou título declarado equivalente.

As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezasete anos e superar a proba substitutiva de titulación de Educación Secundaria Obrigatoria. Poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:

  • Pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional.
  • Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas.
  • Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para ás ensinanzas artísticas superiores, ou para ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.
  • Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio superada en convocatorias anteriores.

Conforme o artigo 52.2º da Lei orgánica, do 3 de maio, de educación, para acceder ao grao superior das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño será necesario estar en posesión do título de bacharelato, ou título declarado equivalente.

 

As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente para os efectos académicos deberán ter dezanove anos, ou dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en Artes Plásticas e Deseño da mesma familia profesional artística ca aquel a que pretenden acceder, e superar a proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato. Poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:

  • Pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
  • Pola proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.
  • Pola proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas artísticas superiores.
  • Pola proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior superada en convocatorias anteriores.

Así mesmo para acceder ao grao medio e ao grao superior das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ademais dos requisitos académicos recollidos nos puntos anteriores, deberase superar unha proba específica que permita demostrar as aptitudes e os coñecementos artísticos para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate.

 

Acceso directo ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.

Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño:

  1. Quen estea en posesión dun título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar.
  2. Quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos planos de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, os establecidos con carácter experimental ao amparo do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes.
  • Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
  • Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura en belas artes.
  • Arquitectura.
  • Enxeñería técnica en deseño industrial.

Estarán exentos de realizar a proba específica de acceso ao grao superior das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño:

Quen estea en posesión dun título de técnico superior de artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexen cursar ou título declarado equivalente.

  • Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
  • Título superior de artes plásticas e título superior de deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de conservación e restauración de bens culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura en belas artes.
  • Arquitectura.
  • Enxeñería técnica en deseño industrial.

Así mesmo, estarán exentos de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, quen estando en posesión dos requisitos académicos de acceso acredite ter experiencia laboral de, polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao medio e superior ao que se queira acceder, achegando a seguinte documentación:

Certificación da empresa onde adquiriu a experiencia laboral, na que conste especificamente a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período de tempo no que se realizou a dita actividade. No caso de traballadores por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios.

 

Acceso mediante proba de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.

Poderán acceder ao grao medio das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, sen estar en posesión dos requisitos de acceso, quen acredite, mediante a superación dunha proba de acceso, ter os coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento as ditas ensinanzas, ademais das aptitudes necesarias, e teñan como mínimo dezasete anos cumpridos no ano de realización da proba.

 

Poderán acceder ao grao superior das ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, sen estar en posesión dos requisitos académicos de acceso, quen acredite mediante a superación dunha proba de acceso, ter a madureza en relación aos obxectivos do bacharelato, ademais das aptitudes necesarias, e teñan como mínimo dezanove anos cumpridos no ano de realización da proba, ou dezaoito anos se se acredita a posesión dun título de técnico de artes plásticas e deseño.

A proba de acceso substitutiva do título da ESO constará de dúas partes:

Primeira parte:

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega, . lingua castelá, contidos socioculturais, contidos científico-tecnolóxicos

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da educación secundaria obrigatoria. Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan para cada unha das tres elixidas.

Segunda parte:

– Educación plástica e visual: realización, durante un tempo máximo de tres horas, dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

 

A proba de acceso substitutiva do título de bacharelato constará de dúas partes:

Primeira parte: Versará sobre as materias comúns propias do currículo do bacharelato:

– Lingua Galega e Literatura. – Lingua Castelá e Literatura. – Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés). – Historia de España. – Filosofía.

Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión entre dúas que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

Segunda parte: Versará sobre historia da arte.

 

Proba específica para o alumnado que reúne os requisitos académicos.

A valoración de cada un dos exercicios dos que constan as probas expresarase en termos numéricos, utilizando para iso a escala de cero a dez con dous decimais. Para a superación das probas será necesario acadar unha cualificación igual ou superior a cinco en cada un dos exercicios dos que constase. A cualificación final da proba específica será a media aritmética destes exercicios, expresada coa escala de cero a dez con dous decimais.

Ciclos formativos de grao medio.

Estrutura, contidos e cualificación da proba específica:

  1. Primeiro exercicio: desenvolvemento por escrito, no tempo máximo dunha hora, dun tema proposto sobre artes plásticas. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.
  2. Segundo exercicio: realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.
  3. Terceiro exercicio: execución, durante un tempo máximo de dúas horas, cos bosquexos e debuxos realizados no exercicio segundo. Valorarase a capacidade artística e a creatividade dos aspirantes, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudios concretos das distintas familias profesionais.

 

Ciclos formativos de grao superior.

Estrutura, contidos e cualificación da proba específica:

  1. Primeiro exercicio: desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.
  2. Segundo exercicio: realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos sobre un tema proposto que servirán de base para a realización posterior. Valoraranse as destrezas, as habilidades, capacidades de percepción, de observación e de aptitude á predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.
  3. Terceiro exercicio: execución, durante un tempo máximo de dúas horas, de xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior dun traballo relacionado co ciclo ao que a persoa aspira a acceder. Valorarase a capacidade compositiva así como a predisposición para os estudios concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

As probas de acceso substitutiva de titulación de grao medio e de grao superior ten unha validez permanente para todo o Estado español. As probas de acceso específicas ten validez de un ano académico.

 

Distribución e prelación na oferta de prazas

En cada escola de arte e superior de deseño ofertaranse as prazas dispoñibles para cada ciclo formativo das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, e teranse en conta as seguintes reservas e prelacións.

Distribución da oferta de prazas nos ciclos formativos de grao medio.

  1. Para os aspirantes ao acceso aos ciclos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño exentos da realización da proba específica de acceso, reservaranse un mínimo do 50 % das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo. A prelación para a asignación de prazas será a establecida pola mellor cualificación media do expediente académico do título alegado polo/a aspirante para o acceso. No caso de haber máis aspirantes que prazas ofertadas, terán preferencia os aspirantes que teñan alegado para o acceso as seguintes condicións ou titulacións, e nesta mesma orde:
    1. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou declarado equivalente, e acredite experiencia laboral de, polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao medio ao que se pretende acceder.
    2. Ter superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos planes de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes.
    3. Título de bacharelato na modalidade de Artes ou de bacharelato Artístico Experimental.
    4. Título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexan cursar, ou título declarado equivalente.
    5. Título superior de Artes Plásticas, título superior de Deseño, título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
    6. Título de licenciado/a en Belas Artes, título de Arquitectura ou título de Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial.

 

  1. Para os aspirantes ao acceso aos ciclos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso, reservaranse un mínimo do 35 % do total de prazas dispoñibles en cada ciclo formativo. A prelación no acceso será a establecida pola mellor cualificación obtida polo/a aspirante na proba específica de acceso, ou pola mellor media aritmética entre as cualificacións obtidas polo/a aspirante na parte xeral e na parte específica, no caso de aspirantes que deban superar a proba de acceso establecida para quen non posúa os requisitos de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio de Artes Plásticas e Deseño.
  2. Para aspirantes ao acceso aos ciclos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso, coa condición de deportista de alto nivel e rendemento, reservarase un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, se reserva unha praza, e cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, se reservarán dúas prazas.
  3. Para aspirantes ao acceso aos ciclos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso, cunha minusvalidez de polo menos o 33 %, reservarase un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, se reservará unha praza, e cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, se reservarán dúas prazas.
  4. As prazas non cubertas en calquera das reservas establecidas acumularanse á reserva establecida na letra c). As prazas non cubertas na reserva establecida na letra c), acumularanse á reserva establecida na letra a).

 

Distribución da oferta de prazas nos ciclos formativos de grao superior.

  1. Para os aspirantes ao acceso aos ciclos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño exentos da realización da proba específica de acceso, reservaranse un mínimo do 50 % das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo. A prelación para a asignación de prazas será a establecida pola mellor cualificación media do expediente académico do título alegado polo/a aspirante para o acceso. No caso de haber máis aspirantes que prazas ofertadas, terán preferencia os aspirantes que alegasen para o acceso ás seguintes titulacións ou condicións, e nesta mesma orde:
    1. Título de bacharelato na modalidade de Artes ou de bacharelato Artístico Experimental.
    2. Título de bacharelato en calquera modalidade e acredite experiencia laboral de polo menos un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao superior a que pretende acceder.
    3. Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño dunha familia profesional relacionada coas ensinanzas que se desexan cursar, ou declarado equivalente.
    4. Título superior de Artes Plásticas, título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
    5. Título de licenciado/a en Belas Artes, título de Arquitectura ou título de Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial.

 

  1. Para os/as aspirantes ao acceso aos ciclos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso, reservaranse un mínimo do 35 % do total de prazas dispoñibles en cada ciclo formativo. A prelación para o acceso mediante a superación da proba específica, será a establecida pola mellor cualificación obtida polo/a aspirante na proba específica de acceso, ou pola mellor media aritmética entre as cualificacións obtidas polo/a aspirante na parte xeral e na parte específica, no caso de aspirantes que deban superar a proba de acceso establecida para quen non posúa os requisitos de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño.
  2. Para aspirantes ao acceso aos ciclos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso, coa condición de deportista de alto nivel e rendemento, reservarase un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, se reservará unha praza, e cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, se reservarán dúas prazas.
  3. Para aspirantes ao acceso aos ciclos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso, cunha minusvalidez de polo menos o 33 %, reservarase un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, se reservará unha praza, e cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, se reservarán dúas prazas.
  4. As prazas non cubertas en calquera das reservas establecidas acumularanse á reserva establecida na letra c). As prazas non cubertas na reserva establecida na letra c), acumularanse á reserva establecida na letra a).

 

Mais información

Condicións das persoas aspirantes

 

Para o acceso aos estudos superiores de Música, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.

 

A proba específica de acceso aos estudos superiores de Música terá por obxecto demostrar que o/a aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, segundo a especialidade para a que se opte.

 

A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/da aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o que son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

 

Poderanse presentar á proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores aquelas persoas que, tendo accedido á universidade por unha vía distinta á do bacharelato, acrediten estar en posesión dun título universitario de licenciatura ou graduado. Quen acredite estar en posesión dun título universitario de diplomatura poderá presentarse á dita proba se o título universitario de diplomatura quedou asimilado ao correspondente título universitario de grao.

 

Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

 

As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaseis anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.

 

Adxudicación de prazas

As vacantes existentes nas distintas especialidades e itinerarios adxudicaranse segundo a prelación resultante das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba específica de acceso.

A proba de acceso específica suporá o 60 % do total da cualificación da proba de acceso aos estudos superiores de Música. O 40 % restante corresponderá á media do expediente académico do título profesional de Música do/da aspirante.

Para tales efectos, e en termos de cómputo da nota media do expediente académico do grao profesional de Música do alumnado que estea en posesión deste título ou equivalente, farase unha media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional.

 

 

Probas específicas para o acceso ás ensinanzas superiores de música

– Especialidade de composición. A proba consistirá:

  • Parte A: na realización dun traballo harmónico-contrapuntístico.
  • Parte B: na presentación e defensa oral de obras e traballos realizados polo/a candidato/a.
  • Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso do canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

 

– Especialidade de dirección. A proba consistirá:

  • Parte A: na interpretación dun programa de ata vinte minutos, no instrumento principal ou voz (no caso do canto) integrado por obras dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
  • Parte B: na análise dunha obra orquestral ou coral por proposta do tribunal.
  • Parte C: na lectura á vista no piano dun fragmento musical escollido polo/a aspirante de entre dous propostos polo tribunal.
  • Parte D: realización dun ditado a catro voces, de entre oito e doce compases de duración.

 

– Especialidade de interpretación (agás itinerario de jazz). A proba consistirá:

  • Parte A: na interpretación dun programa de ata trinta minutos, integrado por obras e/ou estudos dunha dificultade adecuada ao nivel de acceso a estes estudos.
  • Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal.
  • Parte C: na lectura á vista.

 

– Especialidade de interpretación, itinerario de jazz. A proba consistirá:

  • Parte A: na interpretación dun programa, será requisito indispensable que o/a aspirante improvise en cada unha delas. O repertorio para interpretar na parte A da proba de acceso constará de cinco temas enmarcados dentro do repertorio estándar de jazz, amosando entre eles variedade formal, estilística e na elección dos tempi de execución.
  • Parte B: na análise dunha obra ou fragmento musical por proposta do tribunal, engadindo contidos propios da análise de jazz.
  • Parte C: na lectura e improvisación á vista dunha obra ou fragmento de jazz.

 

– Especialidade de musicoloxía. A proba consistirá:

  • Parte A: na análise histórico-estilística e defensa dunha obra ou fragmento por proposta do tribunal.
  • Parte B: na realización dun comentario de texto ou traballo escrito por proposta do tribunal.
  • Parte C: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

 

– Especialidade de pedagoxía. Itinerario xeral e da linguaxe musical. A proba consistirá en:

  • Parte A: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a. A elección do instrumento principal estará supeditada á oferta dos itinerarios de cada centro.
  • Parte B: nunha proba vocal individual.
  • Parte C: na composición dunha peza breve, de carácter didáctico, sobre unha melodía ou un texto proposto polo tribunal. O/a aspirante deberá realizar unha defensa didáctica da súa aplicación.

 

– Especialidade de produción e xestión. A proba consistirá en:

  • Parte A: no desenvolvemento por escrito dunha proposta de proxecto, a partir dun suposto proposto polo tribunal.
  • Parte B: no desenvolvemento e posterior defensa oral dun tema vinculado a unha cuestión relacionada coa xestión de políticas culturais do contorno musical. Poderase escoller un tema de entre dous propostos polo tribunal.
  • Parte C: análise formal e estética dunha obra proposta polo tribunal.
  • Parte D: na interpretación no instrumento principal (ou voz, no caso de canto), ata quince minutos, das obras que determine o tribunal dunha relación presentada previamente polo/a candidato/a.

 

Mais información

 

Condicións das persoas aspirantes

Para o acceso aos estudos superiores de Arte Dramática, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.

 

A proba específica de acceso aos estudos superiores de Arte Dramática terá por obxecto demostrar que o/a aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos.

 

A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/da aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o cal son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

 

Poderanse presentar á proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores aquelas persoas que, accedendo á universidade por unha vía distinta á do bacharelato, acrediten estar en posesión dun título universitario de licenciado ou graduado. Quen acredite estar en posesión dun título universitario de diplomado poderá presentarse á dita proba se o título universitario de diplomado quedou asimilado ao correspondente título universitario de grao.

Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez que estean en posesión do título de bacharelato.

As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos, non cumpran os requisitos xerais de titulación deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.

 

Adxudicación de prazas

As vacantes existentes nas distintas especialidades adxudicaranse segundo a prelación resultante das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba específica de acceso.

Prueba específica de acceso

A proba de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades. Constará dunha única proba, que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade por que opten as persoas aspirantes.

 

  1. Na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia consistirá, como mínimo, nun traballo escrito que implicará o desenvolvemento dunha proposta escénica, nun exercicio breve de dirección de grupos, na escrita dun texto breve a partir dunha situación dramática e nunha entrevista persoal.
  2. Na especialidade de Escenografía consistirá, como mínimo, na realización dun debuxo do natural e dun deseño escenográfico a partir dos motivos que en cada caso se propoñan, e nunha entrevista persoal.
  3. Na especialidade de Interpretación consistirá, como mínimo, en dúas sesións de traballo cunha duración non superior a catro horas cada unha, nas cales se realizarán diferentes actividades expresivas propias da especialidade, e nunha entrevista persoal.

Mais información

Condicións das persoas aspirantes (Orde do 21 de novembro de 2016. DOG 1 de decembro)

Para el acceso a los estudios superiores de Diseño, en cualquiera de sus especialidades, se requerirá estar en posesión del título de bachillerato o título declarado equivalente a los efectos académicos, o tener superada la prueba de acceso a la universidad para mayores de 25 años, así como la superación de la correspondiente prueba específica.

 

La prueba específica de acceso a los estudios superiores de Diseño tendrá por objeto demostrar que el/la aspirante posee la madurez, los conocimientos y las aptitudes para cursar con aprovechamiento estos estudios, será única para las diferentes especialidades de estos estudios superiores y tendrá carácter unificado para todas las personas aspirantes.

 

La superación de la prueba específica de acceso faculta únicamente para la participación del/de la aspirante en el proceso de admisión a estas enseñanzas en el curso para el cual son convocadas y realizadas, en cualquiera de los centros del Estado en los que se cursen estas enseñanzas, sin perjuicio de la disponibilidad de plazas.

 

Se podrán presentar a la prueba específica de acceso a las enseñanzas artísticas superiores aquellas personas que, habiendo accedido a la universidad por una vía distinta a la del bachillerato, acrediten estar en posesión de un título universitario de licenciatura o graduado. Quien acredite estar en posesión de un título universitario de diplomatura podrá presentarse a dicha prueba si el título universitario de diplomatura quedó asimilado al correspondiente título universitario de grado.

 

Aquellas personas que deseen realizar la prueba específica de acceso y tengan pendiente alguna de las materias del bachillerato podrán inscribirse en el proceso de acceso y admisión y realizar dicha prueba y, en el caso de superarla, podrán optar a la asignación de la plaza solicitada, una vez estén en posesión del título de bachillerato.

Las personas que quieran optar a la prueba de acceso y que, siendo mayores de dieciocho años no cumplan los requisitos generales de titulación, deberán acreditar que poseen los conocimientos, habilidades y aptitudes necesarios para cursar con aprovechamiento las correspondientes enseñanzas mediante la realización de una prueba.

 

Acceso directo

Podrá acceder a las enseñanzas superiores de Diseño sin necesidad de realizar la prueba específica de acceso quien esté en posesión de un título de técnico superior de Artes Plásticas y Diseño.

Los/las aspirantes que opten por el acceso directo deberán formalizar igualmente su inscripción en el proceso de acceso y admisión según el procedimiento y calendario establecido en esta resolución.

En caso de que la persona aspirante esté pendiente de la evaluación del proyecto final o de la evaluación final de ciclo para la obtención de un título de técnico superior en Artes Plásticas y Diseño en la convocatoria de junio del año académico anterior, y en consecuencia no disponga del título antes de finalizar el plazo de inscripción, podrá igualmente formalizar su inscripción para el acceso y la admisión a los estudios superiores de Diseño, y deberá presentar la certificación de haber solicitado dicho título para la formalización de la matrícula en el plazo ordinario establecido en esta resolución.

Acceso para aspirantes con discapacidade

1. De acordo co establecido no artigo 8 da Orde do 21 de novembro de 2016, os/as aspirantes ao acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Deseño que presenten algunha discapacidade poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso ás ditas ensinanzas.

2. Para tal efecto, os/as aspirantes con algunha discapacidade deberán presentar, xunto coa súa inscrición no procedemento de acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Deseño, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

3. Correspóndelle ao tribunal encargado da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba, co obxecto de permitir que os/as aspirantes con discapacidade poidan realizar a proba correspondente en condicións de igualdade co resto de aspirantes.

Acceso para deportistas de alto rendemento e/ou nivel

Conforme co establecido no artigo 9 da Orde do 21 de novembro de 2016, en cada centro da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparta algunha das especialidades dos estudos superiores de Deseño reservaranse adicionalmente as prazas necesarias en cada especialidade impartida, para o acceso a estas dos/das aspirantes coa condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento, e que reúna os requisitos académicos establecidos.

As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezaoitos anos e superar a proba substitutiva de titulación de bacharelato.

Acceso para os aspirante que non cumpran co requisito de titulación de bacharelato.

A proba substitutiva do requisito de titulación establécese no artigo 6 da Orde do 21 de novembro de 2016, pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 174/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

A esta proba poderán presentarse os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e non teñan superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e cumpran os 18 anos en 2019. Terá validez permanente para o acceso ás ensinanzas superiores de Deseño en todo o Estado español.

Esta proba consistirá no desenvolvemento por escrito das cuestións que se formulen sobre lingua galega, Lingua castelá, Historia de España, Filosofía, Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo do bacharelato.

Adjudicación de plazas

Las vacantes existentes en las distintas especialidades y centros se adjudicarán según la prelación resultante de las calificaciones obtenidas por las personas aspirantes en la prueba específica de acceso o, en su caso, de la calificación media del expediente académico del/de la aspirante. A tal efecto, se atenderá a la especialidad y EASD que el/la aspirante haya señalado como primera preferencia en su inscripción. Se entiende por primera preferencia aquella que el/la aspirante indique en primer lugar, o en lugares sucesivos si las especialidades o EASD solicitadas agotaron sus plazas.

 

Admisión del alumnado que superó las pruebas de acceso y los que optaron por el acceso directo

De conformidad con el artículo 4.3 de la Orden de 21 de noviembre de 2016, el porcentaje de plazas sobre el total de las ofertadas en cada especialidad para los/las aspirantes que estén en posesión de un título de técnico superior en Artes Plásticas y Diseño es del 20 %. El 80 % restante de las plazas ofertadas será asignado mediante la prueba específica de acceso.

En el caso de no quedar cubiertas las plazas correspondientes al acceso directo, estas plazas serán asignadas a los/las aspirantes que superaron la prueba específica en cada centro.
 

Pruebas específicas para el acceso a las enseñanzas superiores de Diseño

La prueba específica de acceso a las enseñanzas superiores de Diseño constará de dos partes:

 

  1. Primera parte:

Durante un máximo de dos horas, a partir de un texto, imagen y/o material audiovisual proporcionado por el tribunal, los/las aspirantes deberán hacer por escrito un comentario crítico y razonado y responder a la/las cuestión/ones que el tribunal les formule al respeto.

En esta parte de la prueba, el tribunal valorará:

  • La comprensión de los conceptos, la utilización del lenguaje, la capacidad de análisis y síntesis y el nivel expresivo y expositivo mostrados.
  • La capacidad para desarrollar razonablemente ideas y argumentos.
  • El conocimiento de los valores significativos del diseño en general en el contexto histórico, cultural y socioeconómico.
  • La identificación y valoración de los movimientos artísticos e intelectuales más representativos en relación con el diseño.

 

  1. Segunda parte. Los/las aspirantes realizarán dos ejercicios de dibujo durante un máximo de cuatro horas:
  • 1er ejercicio: dibujo mimético a mano alzada, del natural o a partir de la documentación facilitada, de un modelo propuesto por el tribunal, realizado a lápiz de grafito sobre papel tamaño DIN A3.
  • 2º ejercicio: dibujo a mano alzada, utilizando los sistemas y técnicas de representación más apropiadas, que serán definidos por el tribunal, del modelo del ejercicio anterior.

En esta parte de la prueba el tribunal valorará la fidelidad representativa, los conocimientos mostrados y la exactitud y limpieza de la ejecución

 

Mais información

Condicións das persoas aspirantes (Orde do 21 de novembro de 2016. DOG 1 de decembro )

Para o acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, en calquera das súas especialidades, requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, así como a superación da correspondente proba específica.

A proba específica de acceso aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais terá por obxecto demostrar que o/a aspirante posúe a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estes estudos, será única para as diferentes especialidades destes estudos superiores e terá carácter unificado para todas as persoas aspirantes.

A superación da proba específica de acceso faculta unicamente para a participación do/a aspirante no proceso de admisión a estas ensinanzas no curso para o que son convocadas e realizadas, en calquera dos centros do Estado en que se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da dispoñibilidade de prazas.

Poderanse presentar á proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas superiores aquelas persoas que, tendo accedido á universidade por unha vía distinta á do bacharelato, acrediten estar en posesión dun título universitario de licenciado ou graduado. Quen acredite estar en posesión dun título universitario de diplomado poderá presentarse á dita proba se o título universitario de diplomado quedou asimilado ao correspondente título universitario de grao.

Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a dita proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

As persoas que queiran optar á proba de acceso e que, sendo maiores de dezaoito anos non cumpran os requisitos xerais de titulación, deberán acreditar que posúen os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas mediante a realización dunha proba.
 

Acceso directo

Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

Os/as aspirantes que opten polo acceso directo deberán formalizar igualmente a súa inscrición no proceso de acceso e admisión.

No caso de que a persoa aspirante estea pendente da avaliación do proxecto final ou da avaliación final de ciclo, para a obtención dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño do ano académico anterior e, en consecuencia, non dispoñan do título antes de finalizar o prazo de inscrición, poderán igualmente formalizar a súa inscrición para o acceso e admisión aos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, e deberán presentar a certificación de ter solicitado o devandito título para a formalización da matrícula no prazo ordinario establecido nesta resolución.

 

Acceso para aspirantes con discapacidade

1. De acordo co establecido no artigo 8 da Orde do 21 de novembro de 2016, os/as aspirantes ao acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais que presenten algunha discapacidade poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso ás ditas ensinanzas.

2. Para tal efecto, os/as aspirantes con algunha discapacidade deberán presentar, xunto coa súa inscrición no procedemento de acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

3. Correspóndelle ao tribunal encargado da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba, co obxecto de permitir que os/as aspirantes con discapacidade poidan realizar a proba correspondente en condicións de igualdade co resto de aspirantes.

 

Acceso para deportistas de alto rendemento e/ou nivel

Conforme co establecido no artigo 9 da Orde do 21 de novembro de 2016, en cada centro da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparta algunha das especialidades dos estudos superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais reservaranse adicionalmente as prazas necesarias en cada especialidade impartida, para o acceso a estas dos/das aspirantes coa condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento, e que reúna os requisitos académicos establecidos.

As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente para os efectos académicos deberán ter feitos os dezaoitos anos e superar a proba substitutiva de titulación de bacharelato.

 

Acceso para os aspirante que non cumpran co requisito de titulación de bacharelato.

A proba substitutiva do requisito de titulación establécese no artigo 6 da Orde do 21 de novembro de 2016, pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais en desenvolvemento do Decreto 174/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais na Comunidade Autónoma de Galicia.

A esta proba poderán presentarse os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e non teñan superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e cumpran os 18 anos en 2019. Terá validez permanente para o acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais en todo o Estado español.

Esta proba consistirá no desenvolvemento por escrito das cuestións que se formulen sobre lingua galega, Lingua castelá, Historia de España, Filosofía, Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo do bacharelato.

 

Adxudicación de prazas

As vacantes existentes adxudicaranse segundo a prelación resultante das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba específica de acceso.

 

Admisión do alumnado que superou as probas de acceso e os que optaron polo acceso directo

De conformidade co artigo 4.3 da Orde do 21 de novembro de 2016, a porcentaxe de prazas sobre o total para os/as aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño é do 20 %. O 80 % restante das prazas ofertadas será asignado mediante a proba específica de acceso.

No caso de non quedaren cubertas as prazas correspondentes ao acceso directo, estas prazas serán asignadas aos/ás aspirantes que superaron a proba específica.

 

Probas específicas para o acceso ás ensinanzas superiores de conservación e restauración de bens culturais

A proba específica de acceso ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais constará de dúas exercicios:

  1. Primeiro exercicio:

Este exercicio consistirá na análise dun texto relacionado cos bens culturais, nun tempo máximo de noventa minutos, e terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral do alumnado, especialmente no referente á compresión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación. A cualificación do exercicio oscilará entre o 0 e 40 puntos.

 

  1. Segundo exercicio. Aptitude plástica.

Inclúe as seguintes probas:

  1.  Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético e con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabamento do traballo.
  2.  Realización dun traballo sobre representación da cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades da cor.
  3.  Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.

 

O tempo máximo para a realización deste exercicio será establecido polo tribunal de acceso. Este exercicio terá por obxecto apreciar as aptitudes das persoas aspirantes, tanto plásticas como específicas, para a conservación e restauración. A súa cualificación será a media aritmética da puntuación obtida en cada epígrafe, que se cualificará entre 0 e 20 puntos.

 

Mais información

Os ensinos deportivos estruturaranse en dous graos, grao medio e grao superior, e poderán estar referidas ao Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionais.

Para acceder ao grao medio será necesario estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Para acceder ao grao superior será necesario estar en posesión do título de Técnico deportivo, na modalidade ou especialidade deportiva que se determine por vía regulamentaria, e alén de, polo menos, un dos seguintes títulos:

  • Título de Bacharel.
  • Título de Técnico Superior.
  • Título universitario.
  • Certificado acreditativo de superar todas as materias do Bacharelato.

Tamén poderán acceder aos graos medio e superior destes ensinos aqueles aspirantes que, carecendo dos títulos ou certificados indicados no parágrafo anterior, superen unha proba de acceso regulada polas Administracións educativas.

No caso de determinadas modalidades ou especialidades, poderá requirirse ademais a superación dunha proba específica realizada polas Administracións educativas, acreditar méritos deportivos ou ambos os requisitos de forma conxunta.

Requisitos de acceso específicos por modalidades deportivas: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1562

Probas para acceder as ensinanzas deportivas: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27124

 

Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:

  1. Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispor do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, na opción de ensinanzas académicas ou na de ensinanzas aplicadas, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo. Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.
  2. O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación (en adiante «proba de madureza de grao medio») que se establece no anexo III desta resolución, ademais de cumprir os outros requisitos de carácter xeral e específico establecidos. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.
  3. A superación da devandita proba de madureza de grao medio dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de Nivel I a que se refire a Orde ECD/158/2014 cos requisitos regulados na mesma.
  4. A proba de madureza de grao medio poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional.
  • Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional.
  • Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio de Artes Plásticas e Deseño.
  • Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño.
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas Artísticas Superiores.

Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  1.  Dispor do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar un mérito deportivo, ou cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puidesen establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou equivalentes para os efectos académicos:
  • Bacharel.
  • Técnico superior.
  • Título universitario.
  • Certificado de ter superadas todas as materias do bacharelato.
  1.  O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no punto anterior, deberá ter 19 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación (en diante «proba de madureza de grao superior») que se establece no anexo III desta resolución, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder. Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.
  2. A superación da proba de madureza de grao superior dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de Nivel III ás que se refire a Orde ECD/158/2014 cos requisitos regulados nela.
  3. A proba de madureza de grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:
  • Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional.
  • Proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño.
  • Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Proba de acceso substitutiva do requisito de titulación para as ensinanzas Artísticas Superiores

A inscrición para a realización das probas de acceso realizarase no prazo indicado na convocatoria anual que se publique no DOG. Máis información no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1557