Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo é o centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia no que se imparten ensinanzas artísticas elementais e profesionais de danza, nas especialidades de Danza clásica e Danza contemporánea no grao profesional. O Conservatorio Profesional de Danza de Lugo foi creado mediante o Decreto 103/2001, do 3 de maio, publicado no Diario Oficial de Galicia o 18 de maio de 2001.

Máis información: