Este curso comezamos a traballar cunha nova lei educativa e cun novo curriculo.
Trae moitas novidades e unha das máis importantes é que a aprendizaxe e a práctica das competencias pasa definitivamente ao primeiro plano.
Precisamos, polo tanto, unha nova didáctica que nos permita presentar os contidos dunha forma máis manipulativa e razonada adaptada ás idades das crianzas.
Por esa razón, o curso pasado, presentamos ao Consello Escolar o programa Innovamat.
Aínda estamos nos primeiros pasos facendo formación continua para poñernos ao dia. Pero hai algo que temos moi claro, o noso principal obxectivo vai ser aprender xunt@s unha nova forma de entender as matemáticas.
Queremos agradecer de antemán o voso apoio neste gran paso e dicirvos que ante calquera dúbida estamos á vosa disposición nas horas de titoría os martes ás 16:30h previa cita.
Estes días está a se poñer en marcha unha actividade moi interesante moi preto de nós: a nova Aula de teatro do concello de O Rosal. Aquí tedes toda a información no caso de que esteades interesadas en apoiala e participar.
Pregamos que as familias que aínda non entregaron o impreso de autorización do uso de imaxe o fagan canto antes para poder elaborar as listaxes definitivas deste curso. Podedes descargalo aquí.
Pregamos que as familias que aínda non entregaron o impreso de actualización de datos e persoas autorizadas o fagan canto antes para poder elaborar as listaxes definitivas deste curso. Podedes descargalo aquí.
A persoa que acompañe ou veña recoller ao alumnado deberá:
Avisar con antelación sempre que sexa posible.
Traer cuberto o impreso “Rexistro de entradas e saidas do alumnado”. No caso de ser unha persoa autorizada polos responsables da crianza deberá vir cuberto na súa totalidade.