Campamento da ANPA

 

Para crianzas de entre 3 e 12 anos durante todo o mes de xullo. 

En horario de 9.30 a 13.30 horas

As prazas son limitadas e a inscripción pode facerse ata o 20 de xuño poñéndose en contacto con calquera membro da xunta directiva da ANPA.

Campamento de verán do concello

in

 

O CEIP Mestre Manuel García de Oia acollerá, do 1 ao 29 de xullo, un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Esta proposta de conciliación familiar e lecer infantil incluirá xincanas, actividades na natureza, pintura, música, cociña e xogos. 

O campamento é unha iniciativa de Matrácala e conta coa colaboración do Concello de Oia. Desenvolverase en horario de mañá (de 9.00 a 14.00h) e ten un custo de 90 euros o mes completo e 60 euros a quincena.

As prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse no correo electrónico info@matracala.es. O prazo de inscrición estará aberto desde o venres 17 de xuño ata o día 22.

 

15X Visita ás Illas Cíes

QUERIDAS FAMILIAS:

O mércores 15 de xuño imos facer unha visita ás Illas Cíes.

Trátase dunha saída escolar e organizámola como parte do “Programa de Vida Activa e Deportiva” polo que non imos consumir bebidas alcohólicas, bebidas enerxéticas ou refrescos azucrados.

Lembrade levar roupa cómoda, traxe de baño, gorra para o sol, calzado para camiñar, comida e auga para pasar o día.

A temporalización vai ser:

-10:40h Saída da Estación Marítima de Ría de Vigo.

-11:30h Chegada a Cíes.

-Andaina monitorizada dunha hora e media de duración. 

-Comida e actividades.

-17:00h Saída de Cíes cara Vigo.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Un saúdo                                                                   

A Dirección e o Claustro

 

2X Obradoiros de papel reciclado

 

Para ver todas as fotos pinchade na imaxe de abaixo.

Álbum: Curso 21-22 -> Obradoiro de papel reciclado

Charla Plantas Invasoras

Pinchade na imaxe.

https://www.concellodeoia.es/concello-de-oia-e-galicia-ambiental-conciencian-sobre-os-perigos-das-especies-invasoras/

 Pinchade na imaxe de abaixo para ver as fotos.

Álbum: Curso 21-22 -> Charla plantas invasoras

Momentos lectores

Pinchade na imaxe.

Álbum: Curso 21-22 -> Momentos lectores

Concurso "Florencio Delgado"

 

TRABALLOS SELECCIONADOS

 Concurso_Letras_Galegas_282029.jpg

 Pinchade na imaxe de abaixo para velos todos.

Álbum: Curso 21-22 -> Concurso Letras Galegas
Distribuir contido