PVAD

15X Visita ás Illas Cíes

QUERIDAS FAMILIAS:

O mércores 15 de xuño imos facer unha visita ás Illas Cíes.

Trátase dunha saída escolar e organizámola como parte do “Programa de Vida Activa e Deportiva” polo que non imos consumir bebidas alcohólicas, bebidas enerxéticas ou refrescos azucrados.

Lembrade levar roupa cómoda, traxe de baño, gorra para o sol, calzado para camiñar, comida e auga para pasar o día.

A temporalización vai ser:

-10:40h Saída da Estación Marítima de Ría de Vigo.

-11:30h Chegada a Cíes.

-Andaina monitorizada dunha hora e media de duración. 

-Comida e actividades.

-17:00h Saída de Cíes cara Vigo.

 

MÁIS INFORMACIÓN

 

Un saúdo                                                                   

A Dirección e o Claustro

 

PVAD Alternativas saudables para crianzas

A froita e as verduras son unha alternativa saudable a alimentos que so deberiamos consumir ocasionalmente como por exemplo as salchichas. Son cómodas de preparar, gustan ás crianzas e aguantan sen problemas varios días na neveira. Pero, comparadas coa carne de porco, teñen un 80% máis de graxa, un 35% menos de proteínas e unha ampla variedade de aditivos. FONTE

"A parte de que a maioría desta  salchicha non é carne, hai un ingrediente que se chama 'carne separada mecanicamente' e que é a carne que queda nos ósos unha vez que se quitaron os cortes dese animal", explicou Zamora, engadindo que "esa carne que queda pegada sepárase mecanicamente, faise unha pasta e de aí fabrícanse as  salchichas e os nuggets de polo". Luis Alberto Zamora (Nutricionista)

 

Ideas para os petiscos de media mañá

Preparar os petiscos para o "cole" coas crianzas sempre é unha boa idea. Se pinchades na imaxe atoparedes ideas para que o menú da semana sexa variado, saboroso e saudable.

"Almorzos e petiscos saudables"

 

 

Xogade: Campo a Través 2019

QUERIDAS FAMILIAS:

Informámosvos de que o mércores 4 de decembro o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria vai participar nunha proba de atletismo campo a través organizada na praia Ladeira en Baiona polo Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra dentro do programa de deporte escolar XOGADE.

Trátase dunha actividade inclusiva e participativa, deseñada de maneira que participa todo o alumnado independentemente da súa idade e da súa capacidade física. O desprazamento a Baiona farase nun autobús que recollerá ás crianzas participantes e ao profesorado acompañante no colexio. A actividade é completamente gratuíta.

Lembrámosvos que ao ser unha proba deportiva van precisar unha mochila pequena con calzado e roupa para cambiarse e a merenda.

 Pinchade na imaxe.

Aprendemos a ler as etiquetas dos alimentos

Hai moitos alimentos que teñen envases "enganosos" e se venden como saudables cando non o son, por iso é moi importante aprenderlles ás crianzas desde pequenas a interpretar as etiquetas dos alimentos para que se habituen a distinguir os productos que son sans dos que non o son antes de mercalos.

Se nos fixamos, estamos ofrecéndolles cantidades de azucre prexudiciais "camufladas" en alimentos que en teoría non deberían telo.

 

Pinchade na imaxe para agrandala.

 

A froita que sexa sempre de verdade

Queridas familias: Pregámosvos que non lles mandedes nin zumes, nin batidos, nin postres lácteos porque o seu contido de froita é mínimo, adoitan ter azucre engadido e contribúen ao aumento do risco de obesidade, caries e diabetes tipo 2. A nosa intención é contribuir a que adquiran o hábito de comer pezas de froita enteiras ou macedonias sen máis e que pouco a pouco se acostumen aos sabores auténticos dos alimentos ao reducir a presenza de azucre e edulcorantes na súa dieta. Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

 

Pinchade na imaxe para máis información.

Hábitos de alimentación saudable

Queridas familias:

A partir deste curso imos comezar a desenvolver nas aulas o noso Proxecto Deportivo de Centro. Nel a parte de planificar actividades para loitar contra habitos de  sedentarismo imos desenvolver tamen outras relacionadas coa alimentación saudable.

O noso primeiro paso, co fin de disminuir ao máximo o consumo de azucre das crianzas, vai ser deixar de ofrecerlles bebidas azucradas nas festas organizadas no colexio. Para poder conseguilo precisamos da vosa colaboración á hora de escoller os alimentos que as crianzas traen ao colexio. Moitísimas grazas por adiantado.

 

Para máis informacion:

Os científicos advirten do perigo de bebidas azucradas e produtos procesados que reducen a esperanza de vida dos menores.

 

 

Distribuir contido