Xogade: Campo a Través 2019

QUERIDAS FAMILIAS:

Informámosvos de que o mércores 4 de decembro o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria vai participar nunha proba de atletismo campo a través organizada na praia Ladeira en Baiona polo Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra dentro do programa de deporte escolar XOGADE.

Trátase dunha actividade inclusiva e participativa, deseñada de maneira que participa todo o alumnado independentemente da súa idade e da súa capacidade física. O desprazamento a Baiona farase nun autobús que recollerá ás crianzas participantes e ao profesorado acompañante no colexio. A actividade é completamente gratuíta.

Lembrámosvos que ao ser unha proba deportiva van precisar unha mochila pequena con calzado e roupa para cambiarse e a merenda.

 Pinchade na imaxe.