Queremos compartir con vós o Congreso decoordinadoras e coordinadores de benestar e convivencia que ten lugar hoxe 18 de outubro de 2023 en Santiago de Compostela.
O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Bullying ou o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre o risco do acoso escolar e o bullying mas crianzas e na xente moza a nivel mundial, así como buscar os mecanismos para evitar este mal, que hoxe, converteuse nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil.
Falamos de Acoso Escolar ou Bullying cando se producen situacións, accións e condutas nas que un ou máis alumnos/as insultan, difaman, ameazan, chantaxean, difunden rumores, pegan, rouban, rompen cousas, ignoran ou illan a outros/as de maneira sistemática ou prolongada no tempo.
Por iso desde Fundación ANAR lanzan estas guías nas que atoparedes información básica para detectar e previr o acoso escolar xa sexades menores de idade, familias ou docentes.
Mesa redonda. Estratexias de prevención do racismo, a xenofobia e outras formas de intolerancia nas aulas.
Eva Vera Ledo. Directora territorial da Fundación Secretariado Xitano de Galicia.
José Manuel Pérez Folgueira. Docente no CEIP Veleiro Docampo (Castro de Rei-Lugo). Membro da Asociación Estatal Ensinantes con xitanos.
Axudando a crecer cando cambian os marcos. Procolo Risco Suicida MOMENTO 5:20:00 DO VÍDEO.
Dr. Alexandre García Caballero. Coordinador de Programas de Prevención e Promoción da Saúde Mental no Servicio Galego de Saude- XS Saúde Mental.
A Saúde Emocional na adolescencia: Do paradigma da transgresión ó paradigma da depresión
Ricardo Fandiño Pascual. Presidente de ASEIA (Asociación para a Saúde emocional na Infancia e a Adolescencia).
Plan de benestar emocional. Boas prácticas
María Victoria Fernández Mosquera. Equipo de Orientación Específico (EOE) de A Coruña.
Marta Barrios Estoa. Equipo de Orientación Específico (EOE) de Lugo.
Riscos Emerxentes na Rede: Claves para a súa Comprensión e Resposta Educativa
Rosario del Rey Alamillo. Titular en el Departamento de Psicología Evolutiva y de la Educación de la Facultad de Ciencias de la Educación de la Universidad de Sevilla.
Normalmente atopámonos con crianzas que presentan algunhas das seguintes características ou factores de risco:
Ten unha autoestima baixa ou pobre.
Posúe poucas ou escasas habilidades sociais.
É pouco popular na escola.
Pode ter algún tipo de discapacidade física ou psíquica, que a/o fai vulnerable ou débil.
Presenta características persoais distintas ás dominantes: obesidade, miopía, unha forma de vestir diferente, falta de hixiene...
Pertence a grupos étnicos ou culturais minoritarios.
Perfil do/a acosador/a:
A crianza que realiza as accións agresivas, que maltrata e acosa a algún/ha compañeiro/a de clase, polo xeral é un neno ou nena que adoita presentar algunha, varias ou moitas destas características:
Provén dunha familia desestructurada ou que está a atravesar unha situación estresante, como un divorcio, a morte dun dos proxenitores ou un familiar moi querido.
Teñen proxenitores con estilos educativos inadecuados, xa sexa por autoritarismo, permisividade, neglixencia, incoherencia, inatención, …
Adoitan ser nenos ou nenas fortes fisicamente que necesitan dominar, ter poder e sentirse superiores.
Adoitan ser impulsivas/os.
Adoitan ser desafiantes e agresivas/os coas persoas adultas.
Teñen baixa tolerancia á frustración.
Teñen comportamentos antisociais temperáns.
Presentan escasa empatía ou incapacidade para percibir a dor allea.
Son egocéntricas/os.
Teñen unha actitude negativa cara a escola.
Adoitan ser crianzas con fracaso escolar.
Poden ter sido vítimas de malos tratos domésticos ou acoso escolar.
Perfil dos/as espectadores/as pasivos/as:
A) Alumnado: As características que definen a estas crianzas adoitan ser as seguintes:
Toleran os malos tratos e se inhiben sistematicamente cando se producen.
Son conscientes dos malos tratos.
Coñecen as circunstancias, ao/á maltratador/a, á vítima, onde ten lugar, … pero calan.
Poida que colaboren no acoso gravando as agresións, ignorando ou illando aínda máis á vítima.
B) Profesorado e familias: Con frecuencia ambos non damos importancia aos sinais de alerta. Non actuamos ou nos inhibimos ante a resolución do conflito porque son "cousas de nenos". Na nosa man está cambialo.