Título node Learning object

Galicons-net
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
    • Instituto Galego do Consumo e da Competencia

Ámbito: consumo responsable / igualdade
Definición:

Galicons é un programa en materia de consumo responsable coa finalidade de promover a educación para un consumo responsable nos centros de ensino e motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado.

Os centros deberán realizar un proxecto de innovación educativa sobre algunha das seguintes temáticas de consumo responsable:

  • Consumo e xénero
  • Linguaxe publicitaria
  • Comercio electrónico
  • Servizos financeiros
  • Etiquetaxe dos bens e produtos

Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo no que terán que elaborar un produto final, que permita expoñer o coñecemento adquirido e o traballo realizado.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 12. Produción e consumo responsable

Temporización: curso completo

Modalidades:

a) Consumo e xénero

b) Linguaxe publicitaria

c) Comercio electrónico

d) Servizos financeiros

e) Etiquetaxe dos bens e produtos

As modalidades son excluíntes.

Alumnado ao que vai dirixido: educación infantil, educación primaria, ESO, FP, bacharelato, educación especial e educación de persoas adultas.
Límite de centros participante: sen límite.
Criterios de selección:

  • Calidade do proxecto presentado

Responsable do programa:

Nome: Montserrat Rodríguez Varela

Departamento: Escola Galega de Consumo (Insituto Galego do Consumo e da Competencia)

Teléfono: 881 999 091

Correo electrónico: montserrat.rodriguez.varela@xunta.gal


Obxectivos

  • Favorecer o tratamento da educación para o consumo responsable nos currículos das diferentes etapas e niveis de ensino regrado.
  • Difundir e promover os valores presentes nun consumo responsable e os dereitos como persoas consumidoras ou potenciais persoas consumidoras nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Fomentar que o alumnado actúe na sociedade de maneira informada, de xeito que poida elixir, con pleno coñecemento, entre os bens e servizos e coñecer os seus dereitos e deberes
  • Desenvolver o pensamento crítico e independente e fomentar a reflexión sobre os aspectos éticos, solidarios e ambientais que determinan a responsabilidade no consumo.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas

Actividades

Formación: Guía inicial para Galicons.net

Formación en PLATEGA:

  • Carácter: Voluntario.

  • G2101066 - Consumo e xénero. A publicidade na aula.

    Descrición: curso dirixido á análise crítica da publicidade e ao seu uso como recurso pedagóxico para o traballo en materia de consumo nas aulas e a adquisición de coñecementos para desenvolver na aula o traballo en materia de consumo desde unha perspectiva de xénero.
    Duración: 30 horas lectivas
    Temporización: 2º trimestre
    Prazas: 50

  • G2101064 - O comercio electrónico. Plan Proxecta

    Descrición: curso dirixido á adquisición dos coñecementos precisos para facer compras seguras en internet e para dar a coñecer os dereitos que como persoas consumidoras lles asisten nestas modalidades on line de compras.
    Duración: 30 horas lectivas
    Temporización: 2º trimestre
    Prazas: 50

  • G2101030 - Consumo e finanzas dentro da aula. Plan Proxecta

    Descrición: curso dirixido á adquisición dos coñecementos básicos e as ferramentas para o fomento do consumo responsable dos servizos financeiros básicos.
    Duración: 30 horas lectivas
    Temporización: 3º trimestre
    Prazas: 50

Desenvolvemento do proxecto

O proxecto que deben desenvolver os centros debe ter as seguintes características básicas:

  • Ser un proxecto interdisciplinar.
  • Implicar o alumnado, o profesorado e o conxunto da comunidade educativa.
  • Implicar unha análise das diferentes fases e das actividades do traballo realizado e elaboración de conclusións que o alumnado participante comunicará e expoñerá a outros grupos non participantes no proxecto utilizando diferentes técnicas, ferramentas e recursos.
  • Propostas de actividades para as distintas modalidades:

a) Consumo e xénero (xoguetes, xénero e publicidade; impacto das relacións de xénero no consumo; consumo e xénero: onte, hoxe e mañá …)

b) Linguaxe publicitaria (publicidade na miña contorna; publicidade dirixida á adolescencia; perspectiva histórica da publicidade,...)

c) Comercio electrónico (hábitos de consumo de comercio electrónico; seguridade no comercio electrónico; perspectiva histórica do comercio, …)

d) Servizos financeiros (tipoloxía dos servizos financeiros: captación e inversión; identificación de servizos inseguros: créditos rápidos e cláusulas abusivas; perspectiva histórica dos servizos financeiros)

e) Etiquetaxe dos bens e produtos (etiquetaxe dos bens e produtos de consumo en xeral; etiquetaxe dos produtos alimentarios; perspectiva histórica da etiquetaxe dos bens e produtos de consumo,…)

Obradoiros para o alumnado:

Descrición: persoal técnico especializado en formación sobre consumo responsable impartirá un ou varios obradoiros especificamente deseñados en relación coa temática do proxecto.

Carácter: voluntario
Duración aproximada: 2 horas
Modalidade: presencial
Temporización: na data elixida polo centro entre os meses de outubro a abril
Lugar: no lugar elixido polo centro educativo e/ou nas instalacións da Escola Galega do Consumo, en Santiago de Compostela.

Matrícula: os centros inscritos no programa poderán solicitar a participación nos obradoiros directamente no correo electrónico igc.escuela@xunta.es ou a través da páxina web do Instituto Galego de Consumo www.consumo.xunta.gal
Custo: no caso de que a actividade se realice no lugar designado polo centro educativo, a Escola Galega do Consumo asumirá os custos de realización do obradoiro. No caso de que a actividade se realice nas instalacións da Escola Galega do Consumo, en Santiago de Compostela, o centro educativo terá que asumir os custos de desprazamento e, no seu caso, manutención do alumnado.

Concursos:

Asociado a este programa convócase anualmente un concurso para todos os centros educativos participen ou non no programa Galicons

Concederanse 4 premios en metálico de 1.500 euros para o mellor proxecto en cada unha das categorías de participación.

    Recursos

    Produto final

    Elaboración dun produto final en formato libre ( ) que permita expoñer o coñecemento adquirido e o traballo realizado.

    Criterios de avaliación da memoria final

    Criterios xerais do Plan Proxecta

    1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

    2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

    3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

    Criterios específicos do programa

    4. A adecuación do proxecto ás temáticas propostas en materia de consumo.

    5. A coherencia do traballo realizado cos obxectivos do proxecto.

    6. A calidade, creatividade e orixinalidade dos materiais producidos.

    7. A claridade expositiva da memoria final.

     

    Selección de boas prácticas

    Menús Learning object node R