Título node Learning object

Quérote+ (curso 2021/22)
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Política Social
    • Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar

Ámbito: saúde/educación/igualdade
Definición:

O programa Quérote + consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa educación sexual. Con él preténdese dotar de ferramentas ao profesorado para o desenvolvemento persoal do alumnado no seu proceso de crecemento e maduración no ámbito da educación para a convivencia entre os sexos (educación sexual, modelos de amor e de parella, uso das tecnoloxías nas relacións).
Os centros porán en marcha o proxecto deseñado seguindo unha guía de 8 fichas elaboradas dende os centros Quérote+. Cada ficha é como unha unidade didáctica deseñada para desenvolver co alumnado na aula.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: 3º da ESO e FP Básica
Límite de centros participantes: sen límite

Criterios de selección:

  1.  Calidade do proxecto presentado
  2.  Que o proxecto cumpla os criterios básicos para o desenvolvemento do programa:
  • O traballo interdisciplinario entre o profesorado participante, que colaborará desde a súa área ou departamento.
  • O traballo activo do alumnado, que será o verdadeiro protagonista da execución dos proxectos.
  • A visibilización do traballo, que será exposto a través das canles de comunicación habituais (blog, web, prensa...).
  • A integración dos proxectos de traballo na práctica de aula.
  • A integración da aprendizaxe no medio en que vive o alumnado.

Criterios de exclusión:

1. Proxectos que non recollan os criterios básicos para o desenvolvemento do programa conforme figura nos criterios de selección
2. Proxectos desenvoltos de forma insatisfactoria na edición previa

Responsable do programa:

Nome: Noa Tilve Cabada
Departamento: Centro Quérote+ de Vigo
Teléfono: 670 062 169 / 986 095 977
Correo electrónico: noa.tilve.cabada@xunta.gal


Xustificación

Os centros educativos constitúen un espazo de socialización esencial no desenvolvemento de mozos e mozas. Un espazo no que ademais de recibir formación académica, representan un lugar de encontro para a relación co grupo de iguais no que se forxan valores, actitudes e  modelos de conduta. É fundamental elaborar estratexias socio-educativas que aborden diferentes temáticas, entre elas, a Educación Sexual. A sexualidade é unha condición indisociable do ser humano que nos fai persoas únicas e particulares. Nunha etapa de cambios como é a pubertade, é importante que mozos e mozas conten coas ferramentas e instrumentos precisos que os acompañen e axuden no seu propio proceso de sexuación.

Obxectivos

    •  Achegar información e ferramentas para o traballo da educación sexual na aula.
    •  Estimular unha autoestima positiva co obxecto de reducir a influencia da presión grupal.
    •  Educar en habilidades que favorezan a toma de decisións responsables para un mesmo e para a comunidade.
    •  Poñer en valor a diversidade e fomentar o seu respecto de cara a unha convivencia construtiva e harmónica.
    •  Achegar información en canto a situacións que poderían acontecer (seguridade no uso da tecnoloxía, prevención de embarazos, ITS…)
    •  Ofrecer a posibilidade de traballar de maneira individual co profesorado que así o precise, para dar información e apoiar o desenvolvemento das fichas de traballo en determinadas situacións que o requiran.
    •  Ofrecer a posibilidade de traballar de maneira individual con aqueles usuarios e usuarias que así o precisen, para dar información ou intervir en determinadas situacións que requiran asesoramento.

Desenvolvemento das competencias clave

    • Competencias sociais e cívicas

Actividades

  1. Posta en marcha das 8 fichas de traballo propostas no Programa Quérote+
  2. Novembro: reunión por videoconferencia do profesorado participante coa persoa de referencia do Quérote+ para a explicación do programa e a atención das dúbidas que xurdan en relación á posta en marcha do mesmo.
  3. Mensualmente, de decembro a xuño desenvolverase unha das fichas. A temporalización poderá adiantarse pero nunca retrasarse, é dicir, poderán facerse as fichas antes dos meses indicados, pero non despois.
  • Obradoiros: con carácter opcional, poderán solicitarse obradoiro/s a Quérote+.

Recursos

  • Bibliografía recomendada: figura nas fichas de traballo pero pode solicitarse a amplicación da mesma ao equipo de traballo de Quérote+.

Produto final

A ficha 8 do programa é o produto final do traballo, onde o alumnado ensina o aprendido a alumnado do curso inferior, afianzado todo o aprendido a través da información ao grupo de iguais.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

Criterios específicos

4.Valoración do seguimento do programa no centro a través das comunicacións bimestrais co centro Quérote+ de referencia.
5.Valoración da implementación das 7 fichas de traballo a través do material gráfico aportado (enlaces,imaxes, vídeos, presentacións, etc).
6.Valoración do produto final (ficha 8) a través do material gráfico aportado do desenvolvemento da actividade (imaxes, vídeos, etc).
 

Selección de boas prácticas

    • Ti+EU: IES Eusebio da Guarda (ligazón)
    • IES Catabois (ligazón)
    • CPI Domingo Fontán (ligazón)

Menús Learning object node R