Título node Learning object

Protexe o teu medio
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Institución:Proxecta

  • Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
    • Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.
      • Subdirección Xeral de Metereoloxía e Cambio Climático
        • Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia

Ámbito: medio ambiente / sustentabilidade
Definición: este programa pretendea formación dunha comunidade escolar investigadora que busque a mellora da calidade do aire, das augas e dos solos.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 13. Acción polo clima
  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 12. Produción e consumo responsable
  • ODS 6. Auga limpa e saneamento
  • ODS 7. Enerxía asequible e non contaminante
  • ODS 14. Vida submarina
  • ODS 15. Vida de ecosistemas terrestres

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: ESO, bacharelato e FP
Límite de centros participantes: 8
Criterios de selección:

  1. Ter participado na convocatoria 2020/21 no programa “Protexe o teu medio”, sempre que conserven o equipamento fornecido en bo estado de funcionamento (0-2,5 puntos).
  2. Equipamento dos laboratorios pertencentes aos centros educativos candidatos ao proxecto (0-1,5 puntos).
  3. Metodoloxía, obxectivos que se procuran alcanzar, e plan de traballo (0-4 puntos).
  4. Beneficios do proxecto para o alumnado, difusión dos resultados e interacción coa contorna do centro escolar (0-2 puntos).

Responsable do programa:

Nome: Loreto Gómez Tellado
Departamento: Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia
Teléfono: 881 881 625
Correo electrónico: loreto.gomez.tellado@xunta.gal


Xustificación

O programa pretende, mediante o préstamo dun equipamento básico, formar unha comunidade global de profesorado, alumnado e científicos/as traballando na tarefa común de coñecer e mellorar a calidade do aire e das augas.

Obxectivos

O programa busca concienciar a comunidade educativa coa necesidade de mellorar a calidade do medio en que vivimos co fin de garantir a sustentabilidade do noso medio de vida. Proponse a análise orgánica e inorgánica dos seguintes medios:

  • AUGA

  • AIRE

  • SOLO

Traballar o currículo do alumnado en temas medioambientais e das ciencias da Terra, e promover a investigación na escola. Os alumnos desenvolverán, de xeito interdisciplinario, competencias en investigación medioambiental mediante a observación directa do estado das augas continentais e costeiras, dos solos e da auga da chuvia, na contorna do centro escolar.

Materias relacionadas:

  • Bioloxía e Xeoloxía (1º, 3º, 4º da ESO)

  • Física e Química

  • Paisaxe e sustentabilidade

Obxectivos específicos

Experimentar. No proxecto "Calidade ambiental"  o alumnado de oito centros, coa supervisión do profesorado, recollerán mostras ambientais que lles permitirán determinar no laboratorio do centro, mediante experimentos sinxelos, parámetros como pH, condutibilidade, nitritos, cloruros, fosfatos... e comparar os datos con aqueles obtidos na rede da calidade do aire e das augas de Galicia.

Estas actividades poden dar pé ao desenvolvemento das competencias clave por parte dun equipo interdisciplinario que pode incluír ao profesorado de ciencias da natureza, física, matemáticas e ciencias sociais, entre outras materias. A difusión das actividades realizadas ao abeiro do Programa permitirá trasladar as inquedanzas e os coñecementos da calidade das augas e do aire na contorna do centro escolar.

PARA O ALUMNADO

  • utilizar material de recollida de mostras.

  • realizar procedementos científicos de toma de auga, chuvia e solo.

  • realizar comparativas dos datos meteorolóxicos obtidos.

  • extraer conclusións sobre a variabilidade entre estacións dos resultados obtidos nas mostras.

  • realizar as análises de parámetros sinxelos nas mostras recollidas.

PARA O PROFESORADO

  • coñecer estratexias de orientación profesional para as familias profesionais relacionadas co coñecemento e control de calidade ambiental.

Temporización

A temporización abarca todo o curso escolar. O programa recomenda desenvolver as seguintes accións de maneira planificada:

  • realizar a toma de mostras.

  • realizar as análises das mostras co material facilitado polo plan proxecta.

  • realizar a procura de datos meteorolóxicos relacionados coa zona de investigación.

  • realizar investigacións e debates e extraer conclusións sobre a calidade do medio en que vive o alumnado.

  • divulgar as conclusións do programa facendo fincapé nas repercusións sobre o medio.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia de aprender a aprender
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Actividades e recursos

A realización de todas as actividades presencias propostas estará supeditada á situación sanitaria e ao establecido polo protocolo no ámbito educativo para este tipo de actividades.

Entre as actividades que ofrece o programa recóllense as seguintes:

  • Material didáctico: cómpre que o centro indique no proxecto se participou en programas deste tipo con anterioridade e se dispón do material que ofrece o programa para a súa realización:

    • material para o centro: pluviómetro, medidor de pH, conductímetro, laboratorio compacto para análises de augas...

    • material só dispoñible en servizo de préstamo, o centro deberá asinar un documento de compromiso no que garanta que recollerá e entregará o material en condicións.

  • Visitas guiadas: ofrécese a visita ás instalacións do laboratorio, onde se dará a coñecer o procedemento que se segue nas análises de mostras. As sedes do laboratorio son dúas:

    • na Coruña, onde se levan a cabo as análises físico-químicas, empleando os equipos máis avanzados nas diferentes técnicas instrumentais.

    • en Lourizán, onde se desenvolven aprendizaxes relacionadas coa análise óptica e microbiolóxica.

  • Estadías de prácticas profesionais para alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior (por exemplo, ciclos de química analítica, química ambiental...)

  • Web de referencia: Web oficial do Laboratorio

No caso de que a situación sanitaria provoque o peche total ou parcial dos centros inscritos no programa, terán que poñerse en contacto coa persoa responsable do programa para continuar sen realizar a toma de mostra.

O Laboratorio de Medio Ambiente poñerá a disposición dos centros os datos necesarios de calidade do aire e da rede de auga de chuvia dispoñibles, para a súa avaliación e así poder presentar unha actividade documental.

Produto final

Exposición pública para divulgar entre a comunidade educativa os datos rexistrados polo alumnado e as implicacións medioambientais destes resultados.

Criterios da avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1. Participación activa do alumnado na realización do proxecto, na toma de decisións e na realización do produto final. Cómpre visibilizar claramente o traballo do alumnado a través de evidencias gráficas (a través de webs, blogs...) ou documentais.

2. Implicación da comunidade educativa (profesorado, familias e institucións da contorna) e crea entre todos unha rede de traballo cooperativo.

3. Interdisciplinariedade do proxecto (desde diferentes departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade.

Criterios específicos

5. Grao de cumprimento do centro cos compromisos aceptados para participar no programa.

6. Grao de implementación de metodoloxías innovadoras no desenvolvemento das actividades realizadas.

7. Grao de consecución dos obxectivos propostos do proxecto.

 

 

Menús Learning object node R

Sección