Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Sanidade
- Dirección Xeral de Saúde Pública
Ámbito: saúde / prevención
Definición: prevención do tabaquismo
Temporización: medio curso
Alumnado ao que vai dirixido: 1º e 2º da ESO
Límite de centros participantes: sen límite
Criterios de selección: solicitudes en regra
Responsable do programa:
Nome: Mª Jesús García Blanco
Departamento: Sevizo de Prevención de Condutas Aditivas
Teléfono: 881 542 920
Correo electrónico: maria.jesus.garcia.blanco@sergas.es
Obxectivo xeral
Trátase dun programa educativo para a prevención do tabaquismo, dirixido a escolares de 1º e 2º da ESO, é dicir de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco, tendo as comunidades educativas como instrumento indispensable para a execución do proxecto.
Baséase no compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante, cando menos, 6 meses; reforzar o carácter voluntario da decisión de non fumar; facilitar a presión positiva de grupo xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e unha persoa adulta (titor/a) e reforzar a confianza nun mesmo e nos demais. Para conseguir estes obxectivos emprégase como reclamo a recompensa-premio.
O seguimento presencial do programa é levado a cabo polos departamentos territoriais. O persoal técnico irá aos centros educativos participantes para realizar as seguintes tarefas:
- supervisar as actividades realizadas nas aulas.
- resolver as dúbidas que lles formulen.
- impartir unha charla informativa con contido preventivo aos escolares.
- comprobar a abstinencia tabáquica.
Para reforzar o obxectivo preventivo, os escolares participantes poden implicar ás súas familias participando en "Fogares sen Fume" co fin de estender a prohibición de fumar aos seus fogares dende xaneiro ata abril, comprometéndose a que ninguén da unidade familiar fume dentro do fogar nin permitan facelo a ningén que acuda a el. Coa participación activa da familia conseguimos, por unha banda, desnormalizar a conduta de fumar no contorno do escolar, afianzándoo na idea de que fumar e expoñerse pasivamente ao tabaco son un risco para a saúde e, por outra, fomentar os fogares sen fume de tabaco, protexendo ao escolar do tabaquismo pasivo. Toda a información para os pais e as nais, así como a inscrición en "Fogares sen Fume" está dispoñible na páxina web do concurso.
Palabras clave
Hábitos de vida saudable. Tabaquismo.
Obxectivos específicos
PARA O ALUMNADO
- evitar o inicio do consumo de tabaco na adolescencia ou, no seu defecto, atrasalo.
- potenciar as habilidades para manterse como non fumadores.
PARA O PROFESORADO
- reforzar as accións preventivas sobre o tabaquismo realizadas previamente na aula.
- potenciar o traballo en grupo na realización das actividades para favorecer a introdución das mensaxes de prevención.
- empregar formatos lúdicos no proceso de aprendizaxe.
PARA AS FAMILIAS
- participar na campaña "Fogares sen fume" (véx. a web do concurso).
Temporización
A temporización abarca todo o curso escolar. Cómpre ter en conta os prazos do concurso deste programa.
- Funcionamento da campaña "Fogares sen fume" de xaneiro a abril.
Actividades e recursos
Nota: a realización de todas as actividades propostas estará supeditada á situación sanitaria e ao establecido polo protocolo no ámbito educativo para este tipo de actividades.
- Asistencia en centros: o seguimento presencial ou telemático do programa é levado a cabo polos departamentos territoriais, os técnicos/as van aos centros educativos participantes e supervisan as actividades realizadas nas aulas, resolven as dúbidas que lles formulen, danlles unha charla informativa con contido preventivo aos escolares e comproban a abstinencia tabáquica.
- Concurso: a solicitude de participación no programa “Clases sen Fume” a través do Plan Proxecta considérase unha preinscrición no concurso. Con todo, é necesario realizar a inscrición formal en liña na web específica do concurso para a súa confirmación nas datas establecidas nas bases que xa están dispoñibles nesta web para este curso 2020/21.
Criterios de avaliación da memoria final
Criterios xerais do Plan Proxecta
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto
Criterios específicos
4. Cumprimento dos compromisos adquiridos no proxecto por parte de toda a clase (non fumar durante os 6 meses do concurso, enviar o slogan, enviar a actividade creativa).
5. Calidade das actividades obrigatorias (slogan e actividade creativa).
6. Grao de transferibilidade e influencia dentro e fóra do centro doutras actividades relacionadas coa prevención do tabaquismo.