Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
- Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
- ONG "Arquitectura sen fronteiras"
- Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (colaboración)
Ámbito: patrimonio / desenvolvemento sustentable / paisaxe / arquitectura / territorio.
Definición: coñecemento e transformación dos espazos que habita o alumnado, facendo fincapé na arquitectura e na identidade territorial.
Proxectos para o curso 2020/21: o dereito ao hábitat. Propostas de transformación nos patios escolares.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP
Límite de centros participantes: 45
Criterios de selección:
- Adecuación ás intencións educativas do proxecto.
- Utilización de dinámicas metodolóxicas activas, cooperativas e centradas na experiencia e na contorna próxima do alumnado.
- Deseño de actividades que fomenten a innovación educativa.
- Implicación no proxecto dos axentes da comunidade educativa.
- Ter participado con anterioridade nas actividades do Proxecto Terra.
Responsable do programa:
Nome: Alberto Fortes Novoa.
Departamento: coordinador, docente de secundaria.
Teléfono: 616 603 125
Correo electrónico: proxectoterra@coag.es
Nome: Sabela Girón Gesteira.
Departamento: coordinadora
Teléfono: 676 033 121
Correo electrónico: proxectoterra.actividades@coag.es
Obxectivos xerais
- Contribuír a mellorar o coñecemento sobre os espazos que habitamos e sobre a identidade territorial de Galicia, mediante a toma de consciencia da implicación e responsabilidade da cidadanía na construción e posta en valor destes espazos.
- Tomar conciencia dos problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura cunha vision crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.
- Tomar conciencia da importancia dos nosos espazos vitais na nosa calidade de vida, prestando atención ao entorno escolar como espazo de relación da infancia e xuventude.
- Entender a importancia do patrimonio construído herdado, entendéndoo como resultado dun continuo histórico que ten a virtualidade de unir pasado, presente e futuro, na conformación da identidade dunha comunidade.
Palabras clave
Hábitat. Dereito ao hábitat. Medio ambiente. Paisaxe. Arquitectura. Territorio. Enfoque ecosocial.
Obxectivos específicos
PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA
- Intervir nos niveis de formación obrigatorios para presentar os problemas básicos da ocupación do territorio e da arquitectura.
- Procurar unha innovadora mirada sobre o medio humanizado e non humanizado cunha vision crítica e construtiva desde un enfoque de dereitos.
- Promover iniciativas que favorezan a creación dunha cidadanía consciente do espazo vital onde se desenvolve e da importancia de participar activamente nas actuacións sobre el.
- Contribuír a poñer en valor o patrimonio construído herdado, entendéndoo como resultado dun continuo histórico que ten a virtualidade de unir pasado, presente e futuro.
Actividades e recursos
Nota: a realización de todas as actividades propostas estará supeditada á situación sanitaria e ao establecido polo protocolo no ámbito educativo para este tipo de actividades.
O Proxecto TERRA oferta dentro do Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2020/2021, as seguintes formacións orientadas a reforzar este programa educativo:
- G2002009 - ProxectoTERRA. A construción do territorio e da paisaxe. Plan Proxecta.
- G2002011 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Plan Proxecta.
- G2002010 - ProxectoTERRA. Cartografías. Plan Proxecta.
Todos os recursos elaborados están dispoñibles a través da web http://proxectoterra.coag.es
En relación ao desenvolvemento de propostas de transformación dos patios escolares, están á vosa disposición as charlas correspondentes á xornada de formación “Re-Pensando os patios escolares” que LUDANTIA desenvolveu en Pontevedra en marzo de 2017 e ás que se pode acceder na seguinte ligazón:
Durante o 2019 realizouse o V encontro PLAYGROUNDS na Cidade da Cultura, que quedou gravado:
Tamén aconsellamos o seguimento das seguintes páxinas de Facebook:
- Reinventando patios: ligazón
- El Safareig: ligazón
- El nou Safareig: ligazón
- E tamén a publicación:
- Guía de diseño de entornos escolares: ligazón
As unidades didácticas están categorizadas da seguinte forma:
Infantil
O conto “Sabela e as zocas máxicas” forma parte destes recursos educativos. A tráves de tres historias: O Segredo do faiado – O moletiño de pan – O tesouro da escola, contamos con orientar a observación e a vivencia dos espazos cotiás do alumnado de educación infantil no ánimo de facelas o máis diversas e completas posibles.
Primaria
Para educación primaria establecéronse tres escalas espaciais axustadas a cada un dos ciclos:
- 1º ciclo: Os espazos inmediatos. O espazo trabállase utilizando a percepción, buscando as sensacións do alumnado ao enfrontalo coa paisaxe máis próxima e cos seus espazos inmediatos sen superar a rúa ou a aldea.
- 2º ciclo: Os espazos intermedios. O espazo trabállase mediante a observación dos seus elementos constituíntes e das analoxías e diferenzas existentes entre espazos intermedios, poñendo como límite o barrio ou a parroquia.
- 3º ciclo: Os espazos afastados. Afróntase a análise da interacción do home e do medio, de modo que permite albiscar o carácter dinámico do territorio. Esta análise faise en espazos afastados, o que posibilita o achegamento ao concepto de 'identidade territorial' como resultado de procesos históricos concretos.
Secundaria

Para educación secundaria (ESO, bacharelato e ciclos formativos) consideráronse os seguintes ámbitos de reflexión primordiais:
- Arquitectura popular. Paseo polos presupostos, medios, factores condicionantes, contribucións e valores que se derivan da arquitectura anónima universal. Unha aproximación á nosa arquitectura vernácula como singular concreción dos principios universais que guían a estas arquitecturas.
- Arquitectura contemporánea. Un achegamento, desde as súas orixes, aos conceptos e valores espaciais da arquitectura moderna. O coñecemento de novas linguaxes e a valoración do pluralismo arquitectónico actual, tanto a nivel universal coma do noso contorno.
- Identidade territorial. Descrición do proceso histórico de conformación territorial do noso país a través do estudo das nosas formas territoriais básicas, dende a aldea, a parroquia e a vila ata a cidade e a área metropolitana.
- PAGUS: Galicia, un país de paisaxes. A recente publicación do novo currículo da LOMCE contempla a materia de libre elección de centros de “Paisaxe e sustentabilidade” para 1º e 2º de ESO. Co fin de que puiderades contar con estes novos recursos no inicio do curso e os teñades en conta no momento de elexir as materias a impartir, aportamos os nosos materiais sobre Paisaxe “PAGUS. Galicia un país de paisaxes”. PAGUS: Libro do alumnado PDF PAGUS: Guía do profesorado PDF
Actividades complementarias:
A APLU como organismo autonómico que desenvolve unha labor directamente relacionada co medio, en especial naquel menos urbanizado e merecedor de protección coa finalidade de recuperar o seu estado natural e orixinario, colabora co Proxecto Terra, propoñendo un proxecto lúdico-educativo para nenos e nenas relacionado co coñecemento do territorio de Galicia, nace así o proxecto “EU SON INSPECTOR/A URBANÍSTICO. COIDA DO TERRITORIO, COIDA DO TEU”.
O obxectivo principal do proxecto é sensibilizar, concienciar, divulgar e formar a nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en relación ao medio e a intervención e ordenación do noso territorio.
Comprender a complexidade do territorio e da paisaxe e aprender dos elementos que o compoñen é fundamental para que as sociedades actual e futura realicen un uso responsable e sustentable do territorio.
Actividades e recursos nunha situación de non presencialidade:
Na web do proxectoterra (http://proxectoterra.coag.es/) os centros participantes teñen dispoñibles os materiais de secundaria dos módulos de Arquitectura Popular, Arquitectura Contemporánea e Identidade Territorial actualizados e adaptados para poder importar ás aulas virtuais dos centros educativos. Tamén na propia web están o resto de recursos doutras etapas educativas dispoñibles para a súa descarga.
Será necesario que dentro dos proxectos presentados as actividades poidan comezar canto antes e que se formulen estratexias para os diferentes escenarios posibles. As saídas e os intercambios territoriais previstos outros anos, a día de hoxe non se pode asegurar que no curso actual se poidan levar a cabo debido a situación sanitaria.
Ligazóns a recursos complementarios
- ProxectoTERRA: ligazón.
- Arquitectura Sen Fronteiras: ligazón
- Recursos educativos de Arquitectura Sen Fronteiras: ligazón
- Facebook do ProxectoTerra: ligazón
- Twitter do ProxectoTerra: ligazón
- Lista de reprodución “Xogos e espazos como instrumentos educativos”: ligazón
- Lista de reprodución “III Encontro Internacional de Educación en Arquitectura”: ligazón
- Lista de reprodución “V Encontro Playgrounds - Debates”
- Lista de reprodución “V Encontro Playgrounds - Talleres”
- Ludantia: ligazón
- Facebook de Ludantia: ligazón
- Twitter de Ludantia: ligazón
- Lista de reprodución “Ludantia. I Bienal_ Proyectos presentados”: ligazón
- Lista de reprodución “Ludantia. I Bienal_ Encuentros en Pontevedra”: ligazón
Criterios de avaliación das memorias finais
Criterios xerais do Plan Proxecta
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto
Criterios específicos
4. A adecuación ás temáticas propostas (dereito ao hábitat, arquitectura, urbanismo, patios escolares, paisaxe e territorio).
5. A coherencia dos obxectivos do proxecto co traballo realizado.