Título node Learning object
Ficha técnica 2025/26

1. Institución:
- Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
2. Ámbito: Voluntariado, solidariedade, cidadanía global.
3. Presentación do programa: Activistas polo mundo que queremos é un proxecto de Educación para a Cidadanía Global (ECG) que se desenvolve ao longo do curso de maneira semipresencial, combinando sesións presenciais nos centros con traballo en liña a través dunha aula virtual. O seu obxectivo é concienciar á mocidade sobre as desigualdades globais e fomentar unha cidadanía crítica e activa. O alumnado investiga catro eixos temáticos —medio ambiente, feminismo, dereitos LGTBIQ+ e loita antirracista— integrando coñecementos, valores e habilidades. Como produto final, crean guións radiofónicos que serán gravados e editados polas entidades organizadoras, utilizando a radio como ferramenta educativa. O proxecto culmina cunha Visita Sur, na que activistas de contextos vulnerables comparten co alumnado as súas experiencias e reflexións sobre participación social e transformación das inxustizas. Esta iniciativa pretende impulsar unha aprendizaxe comprometida coa defensa dos Dereitos Humanos e coa loita por un mundo máis xusto e equitativo.
Vídeos de presentación: vídeo 1 - vídeo 2
4. Alumnado ao que vai dirixido: alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Ciclos formativos.
5. Participación:
- Límite de centros participantes: 4
- Límite de docentes participantes por centro: 10
- Límite de alumnado participante por centro: 100 / 4 aulas
6. Criterios de selección:
- Valorarase a súa vinculación co PEC no caso de Institutos de Educación Secundaria e co Proxecto Formativo no caso dos CIFP. De non xustificarse a pertinencia segundo estes documentos, valorarase a súa integración nas materias do profesorado participante.
- Terase en conta a representatividade do territorio galego.
- O profesorado participante debe impartir aulas nos grupos que participen.
- Desenvolvemento do plan de traballo autónomo.
- Especificación da responsabilidade de cada docente participante.
7. Persoa responsable:
Nome: Eloi Fernández Ramos
Departamento: Solidariedade Internacional de Galicia
Teléfono: 650 541 426
Correo electrónico: sensibilizacion@solidaridadgalicia.org
8. Obxectivos do programa:
- Obxectivo xeral:
Esta proposta pretende achegar ao profesorado e ao alumnado a realidade dos países empobrecidos e as dinámicas globais que perpetúan as situacións de desigualdade social tanto nos países do Sur Global como na nosa contorna máis próxima, e incidir en como todos e todas podemos facer algo para mudar estas situacións e construír o Mundo que Queremos.
- Obxectivos específicos:
- Para o alumnado
- Facilitar coñecementos e habilidades sobre a participación e o activismo.
- Crear un proxecto educomunicativo arredor do activismo.
- Adquirir competencias para facer fronte aos problemas sociais e ambientais
- Analizar os problemas sociais e ambientais locais e a súa incidencia no entorno global, para propoñer alternativas dende o local.
- Desenvolver actividades para comunicar os problemas sociais e ambientais identificados na súa contorna próxima.
- Para o profesorado
- Facilitar coñecementos e habilidades sobre os contidos do proxecto
- Explorar o nivel de coñecemento dos estudantes sobre as problemáticas sociais e ambientais do seu contorno.
- Coñecer e empregar ferramentas e recursos pedagóxicos como a radio.
- Para o alumnado
9. Palabras clave: Activismo, participación, comunicación transformadora, igualdade, solidariedade, xustiza social, xustiza ambiental.
10. Metodoloxía e temporalización: 4 sesións presenciais e 4 sesións virtuais. Curso completo.
11. Actividades e recursos ofertados:
- Recursos materiais: non se contempla.
- Obradoiros:
COÑECENDO E CONCIENCIÁNDONOS
1. Que significa ser activista? Primeiro obradoiro presencial na aula (100 minutos) para dar a coñecer o proxecto, a aula virtual e achegarnos ao contido a traballar: que significa a palabra activismo e as características das persoas activistas. Do 10 ao 28 de novembro de 2025.
2. Achegámonos aos activismos: Medioambiental, Xénero, LGTBIQ+, Antirracista. Sesión a través da aula virtual. Parada segunda do proxecto. Do 1 ao 19 de decembro de 2025.
3. Comunicación transformadora. Analizaremos os medios de comunicación dende unha perspectiva crítica e de cidadanía global. Terceira parada do proxecto presencial (100 minutos). Mes de xaneiro de 2026.PASANDO Á ACCIÓN
1. Comeza a acción: Realizamos os nosos guións radiofónicos. Creamos os nosos guións radiofónicos sobre o activismo elixido. Traballo en aula do alumnado guiado polo profesorado. Parada cuarta. Meses de xaneiro-febreiro 2026.
2. Comeza a acción: Obradoiro radio. Creamos os nosos programas de radio de combate. Parada quinta do proxecto. Presencial na aula (100 minutos). Mes de febrero-marzo 2026.
3. Achegámonos a outros contextos socias. Distintas voces para unha mesma realidade. Coñecemos a labor de activistas que traballan en diversas esferas noutras partes do mundo. Parada sexta do proxecto, a través da aula virtual. Marzo 2026.
4. Encontros con activistas do Sur. Parada sétima do proxecto, presencial na aula (100 minutos). Abril 2026.
5. Escoitamos os nosos podcast e avaliamos. Parada oitava. Maio-xuño de 2026.
- Saídas: non se contempla.
- Webs de referencia:
- Concursos / Premios: Dado que o presente programa constitúe unha sólida aposta pola transformación social, e conxuga a visión local coa global, anímase ao profesorado participante a candidatar as súas experiencias nas seguintes convocatorias:
- IV Premio Galego de Educación para a Cidadanía Global.
- Premio Nacional de Educación para la Solidaridad Global Vicente Ferrer.
- Formación: Será unha formación dirixida ao profesorado participante e recoñecida polo CAFI (“ESTRATEXIAS INNOVADORAS PARA TRABALLAR OS ACTIVISMOS XUVENIS”); obrigatoria a asistencia dunha representación do profesorado de cada centro. Nesta xornada farase un percorrido polo proxecto, pola plataforma Moodle a utilizar, e un diagnóstico inicial da situación de partida de cada centro con respecto ao proxecto.
- Data: 8 de novembro de 2025.
- Lugar: Santiago de Compostela na EGAP
- Horario: 11:00 – 14:00 e de 15:00 a 18:00
12. Orzamento: non se contempla.
13. Produto final: O produto final será o programa de radio que locute o propio alumnado, quen tamén se encargará da redacción dos guións. Da edición dos programas encargarase a equipa técnica do proxecto.
14. Criterios de avaliación:
- Criterios xerais do Plan Proxecta+:
- Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc)
- Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
- Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.
- Criterios propios do programa:
- Grao de participación (a lo menos no 70% das actividades realizadas) do alumnado na proposta educativa.
- Grao de protagonismo asumido polo alumnado na creación dun proxecto educomunicativo.
- Nivel de asunción de responsabilidades (coordinación de actividades realizadas tanto no centro como nas da aula virtual, participación activa nas mesmas, etc.) do profesorado no desenvolvemento do proxecto.