Título node Learning object
Ficha técnica
Institución:
- Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
- Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
- UNICEF Comité Galicia
Ámbito: dereitos de infancia
Definición: o programa ten como obxectivo promover o coñecemento e defensa dos dereitos da infancia e do exercicio da cidadanía global e responsable no ámbito escolar.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
Se ben os dereitos da infancia están presentes de xeito transversal en toda a Axenda 2030, algúns ODS máis representativos a traballar co programa son:
- ODS 1. Fin da pobreza
- ODS 2. Fame cero
- ODS 3. Saúde e benestar
- ODS 4. Educación de calidade
- ODS 5. Igualdade de xénero
- ODS 6. Auga limpa e saneamento
- ODS 10. Redución das desigualdades
- ODS 13. Acción polo clima
- ODS 16. Paz, xustiza e institucións sólidas
- ODS 17. Alianzas para acadar os obxectivos
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO e bacharelato
Límite de centros participantes: 15
Criterios de selección:
1. Calidade do proxecto
2. Experiencia en actividades de educación para o desenvolvemento
Persoas responsables:
Nomes: Marta Andrade Blanco
Departamento: Responsable de Sensibilización e Políticas de Infancia en UNICEF Comité Galicia.
Teléfono: 913 788 604
Correo electrónico: mandrade@unicef.es
Xustificación
A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN), ratificada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989, é o tratado internacional de dereitos humanos que logrou un maior compromiso internacional da historia. Ademais, desde a perspectiva dun centro educativo, é o que lle afecta de maneira máis directa ao alumnado de todas as etapas educativas, dende cero á súa maioría de idade. E ao considerar estes dous factores, o enfoque educativo baseado nos dereitos de infancia convértese nunha potente ferramenta para contribuír a unha transformación real da educación, capaz de darlle resposta ás necesidades e aos compromisos que require o exercicio da cidadanía global na sociedade actual.
Por eso, o obxectivo fundamental deste programa é situar á infancia e os seus dereitos nun lugar destacado da vida escolar, guiándose polos principios de inclusión, equidade, solidariedade e calidade. Do mesmo xeito, debe contribuír a dotar ao ensino das dimensións de globalidade e interdependencia, características do mundo actual, e imprescindibles na formación das nenas, nenos e adolescentes como cidadás e cidadáns globais.
Educar en dereitos é algo máis que ensinar os dereitos: unha escola comprometida cos dereitos da infancia convérteos na base do seu proxecto educativo, impulsa que a comunidade educativa os viva no día a día e fai aos propios nenos e nenas partícipes do cambio.
Obxectivos
O programa ten como obxectivo promover o coñecemento e a defensa dos dereitos da infancia e o exercicio da cidadanía global e responsable nos centros educativos de Galicia. Para isto, propón nunha primeira fase un proceso de diagnóstico inicial en grupo, favorecendo a reflexión sobre as políticas e prácticas do centro en relación cos dereitos da infancia. Unha vez realizada esta autoavaliación proponse aos centros a elaboración dun Plan de Acción en resposta aos resultado obtidos, co obxectivo de axudar a integrar os dereitos da infancia no centro educativo. Ademais e no contexto da emerxencia sanitaria pola COVID19, o programa fomenta a realización de actividades ao longo do curso sobre cuestións relacionadas coa saúde, a hixiene e os hábitos saudables, con especial atención ás relacións entre o dereito á saúde e outros dereitos dos nenos, como educación, participación ou desenvolvemento.
Os obxectivos xerais do programa son os seguintes:
-
Promover a participación activa do alumnado para coñecer como integrar os dereitos da infancia na realidade do centro educativo. Isto farase a través dunha autoavaliación na que se tratan os seguintes aspectos: coñecemento sobre a Convención sobre os Dereitos do Neno, protección, clima escolar e participación.
-
Integrar os dereitos da infancia como principios éticos e normas universais de conduta, para transformar a realidade do centro educativo. Isto farase a través dunha autoavaliación na que se tratan os seguintes aspectos: coñecemento sobre a Convención sobre os Dereitos do Neno, protección, clima escolar e participación. Despois disto, proponse a elaboración dun plan de acción.
-
Promover a participación de toda a comunidade educativa, incluíndo as familias e o persoal non docente, no diagnóstico e compromiso coas propostas de mellora ao redor dos dereitos da infancia. Isto farase a través dunha autoavaliación na que se tratan os seguintes aspectos: coñecemento sobre a Convención sobre os Dereitos do Neno, protección, clima escolar e participación.
-
Promover a educación para a saúde e a hixiene como claves para previr problemas de saúde e desenvolver actitudes responsables que axuden a garantir este dereito para todos os nenos e nenas.
Os obxectivos específicos do programa son os seguintes:
PARA O ALUMNADO
-
Mellorar o coñecemento sobre dereitos da infancia e a súa integración na realidade do centro educativo.
-
Adquirir competencias relacionadas coa solidariedade e a cidadanía global.
PARA O PROFESORADO
-
Incentivar o coñecemento da Convención sobre os Dereitos do Neno a través da integración dos dereitos da infancia como principios éticos e normas universais de conduta, a fin de transformar a realidade do centro educativo.
PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA
-
Involucrarse na realidade do centro educativo a través do coñecemento e promoción dos dereitos da infancia.
-
Implicar a toda a comunidade educativa no análises da realidade escolar en relación aos dereitos da infancia.
Desenvolvemento das competencias clave
- Competencias sociais e cívicas
- Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
- Competencia en conciencia e expresións culturais
Actividades e recursos
Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:
-
Formación do profesorado: existe formación en rede dispoñible para os docentes participantes na acción, promovida por UNICEF Comité Español e a UNED. Esta formación é gratuíta e ofrece o recoñecemento oficial de 75 horas de formación permanente. Previsiblemente se realizará entre marzo e abril de 2021
Máis información sobre o curso: ligazón. (pendente de actualizar) -
Apoio ao profesorado: telefónico ou telemático para favorecer a sensibilización e información inicial ao profesorado cando se precise, para inicio de traballo na aula.
-
Recoñecemento: UNICEF Comité Español lanza anualmente unha convocatoria de recoñecementos anuais, aos Centros Referentes en Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía Global, ao que os centros participantes neste Plan Proxecta poden presentarse. Máis información: https://www.unicef.es/educa/centros-referentes
-
Material didáctico: o programa ofrece material en formato electrónico:
-
Proposta educativa: Educación en Saúde
-
Guía de autoavaliación
-
Cuestionarios para cada un dos grupos: equipo directivo, titores, alumnado, familias e resto de persoal docente
-
Outras guías de apoio sobre: integración curricular dos dereitos da infancia na aula; mellora do clima escolar; fomento da participación infantil nos centros educativos; posta en marcha de plans de promoción dos dereitos da infancia no centro escolar.
-
-
Webs de referencia:
-
Web principal: http://unicef.es/gal/educa/saude e https://www.unicef.es/educa/educacion-derechos
-
Conta de Facebook: ligazón.
-
Conta de Twitter: Unicef Comité Galicia @UNICEFGalicia, Unicef Comité Español @unicef_es
-
-
Outras webs de interese:
-
Twitters de referencia: Plataforma de Infancia @platdeinfancia, Educo @educo_ONG, etc.
-
Produto final
Como produto final, o alumnado deberá realizar un vídeo sobre as súas conclusións do proceso de autoavaliación onde comuniquen as súas propostas de mellora. Pola súa banda, o profesorado deberá elaborar o Plan de Acción coas principais conclusións extraídas da autoavaliación.
Criterios de avaliación da memoria final
Criterios xerais do Plan Proxecta
1. Participación activa do alumnado na realización do proxecto, na toma de decisións e na realización do produto final. Cómpre visibilizar claramente o traballo do alumnado a través de evidencias gráficas (a través de webs, blogs...) ou documentais.
2. Implicación da comunidade educativa (profesorado, familias e institucións do contorno) e creación entre todos dunha rede de traballo cooperativo.
3. Interdisciplinariedade do proxecto (desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade.
Criterios específicos
4. Elaboración completa da autoavaliación.
5. Calidade da elaboración do plan de acción.
6. Participación do alumnado no proceso de traballo.