Encontre a súa información...

Rapazas emprendedoras nas TIC
Mér, 16/07/2014 - 11:00
[actualizado o 14/09/2016]
 

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Presidencia da Xunta de Galicia
    • Axenda para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
    • Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG)

Ámbito: ciencia e tecnoloxía
Definición: Promoción do emprendemento entre as alumnas de secundaria a través das tecnoloxía da información e da comunicación.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: secundaria
Límite de centros participantes: 15

Criterios de selección:

Priorizara a selección dos distintos colectivos:

  1. Centros públicos.
  2. Centros do eido rural ou de contornos desfavorecidos.

Completarase a selección cos seguintes criterios:

  1. Calidade da proposta presentada.
  2. Representación equitativa das catro provincias galegas.

Responsable do programa:

Nome: Lorena Otero Cerdeira
Departamento: Vicetesourería do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG)
Teléfono: 609 670 774
Correo electrónico: vicetesoureira@cpeig.gal

Xustificación

O 95% de todos os traballos requiren hoxe algún grao de coñecemento das TIC e, segundo a Comisión Europea (CE), na actualidade só o 30% do sector TIC está formado por mulleres. Estas sofren infrarrepresentación en todos os niveis neste sector, sobre todo nos máis decisivos, a pesar do rápido crecemento que experimenta o sector a nivel europeo, con cerca de 120.000 novas ofertas laborais anuais. Esta desigualdade é un factor clave na determinación da CE da previsible carencia de máis de 700.000 traballadores especializados en TIC para o ano 2015 en Europa.
As razóns polas que a porcentaxe de rapazas é tan baixo son múltiples, pero, entre elas, destaca a falta de coñecemento das opcións dispoñibles no mundo das TIC, a falta de modelos próximos e de proxectos divertidos e interesantes no ámbito escolar, que teñan unha compoñente de xénero. No proxecto europeo ICT-Go-Girls elaborouse unha metodoloxía de traballo co obxectivo de intentar diminuír esta fenda.

Neste contexto, é necesario que as mulleres sexan parte activa na creación, non só no consumo, das tecnoloxías que marcan as nosas vidas. E a solución para que isto suceda a corto prazo non é sinxela, porque as decisións sobre a orientación académica no ámbito das TIC é algo que ven dende antes da universidade, nos primeiros anos de secundaria. Por iso, o programa "Rapazas emprendedoras nas TIC" está deseñado para ofrecer unha serie de actividades de visualización e participación positiva das mulleres no eido das TIC, ademais de ofrecer vías para a participación das alumnas en accións de creación no ámbito das TIC nas que elas sexan as protagonistas, non simples usuarias.

Obxectivo xeral

O programa “Rapazas emprendedoras nas TIC” ten como obxectivo fomentar o emprendemento das rapazas de secundaria a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). O programa está relacionado con varias iniciativas a nivel europeo, como o proxecto europeo “ICT-Go-Girls! Promoting Entrepreneurship Among Secondary School Girls through ICT”, no que participa a Secretaría Xeral de Igualdade, e o “Girls in ICT Day”, promovido pola International Telecommunication Union (ITU) a nivel internacional.

Palabras clave

Competencia dixital. Emprendemento. Igualdade entre os dous sexos. TIC

Actividades e recursos

  • Asesoramento: información inicial ao profesorado cando se precise, para inicio de traballo na aula, mediante os materiais desenvolvidos no proxecto "ICT-Go-Girls!" e os xerados polos propios promotores da iniciativa.
  • Charlas con mulleres relevantes no ámbito das TIC en Galicia nos centros interesados.
  • Entrevistas virtuais a mulleres relevantes por parte das rapazas dos centros participantes.
  • Xeración colaborativa de materiais de promoción das TIC nos centros educativos con perspectiva de xénero.
  • Concurso para grupos de rapazas en idade escolar cara á elaboración dalgún "produto/iniciativa tecnolóxica" durante o curso.
  • Emprego de ferramentas e contornos TIC seguras para a comunicación e traballo colaborativo virtual.
  • Material didáctico: pódese atopar na web http://www.ictgogirls.eu/
  • Visitas específicas a centros tecnolóxicos e institucións vinculadas ás TIC en Galicia.
  • Asistencia ao evento de celebración do "Día das Rapazas nas TIC", organizado regularmente o terceiro xoves de abril

Criterios específicos para a avaliación das memorias finais

Ao final do curso escolar, as persoas responsables do programa valorarán a idoneidade dos proxectos desenvolvidos en función dos seguintes criterios específicos:

  • 1-3: Criterios xerais do Plan Proxecta
  • 4: Cumprimento dos compromisos aceptados para participar no programa
  • 5: Implementación de metodoloxías innovadoras no desenvolvemento das actividades realizadas
  • 6: Consecución dos obxectivos propostos no proxecto