Ficha técnica
Institución:
- Consellería do Medio Rural
- Dirección xeral de Ordenación forestal
Definición: participación dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria e ESO
Límite de centros participantes: 13
Criterios de selección:
- Distribución territorial equitativa de acordo coa organización dos distritos forestais.
- Centros educativos no medio rural.
- Centros educativos en Zonas de Alto Risco de incendio (ZAR).
- O programa priorizará proxectos que consigan o obxectivo de incrementar a concienciación da poboación fronte aos incendios.
Responsable do programa:
Nome: Concepción García Redondo
Departamento: Subdirección Xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais
Teléfono: 981 546 058
Correo electrónico: concepcion.garcia.redondo@xunta.es
Obxectivo xeral
O obxectivo do programa é fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais, permitindo que tomen conciencia dos valores dos bosques, o seu uso sostible e a contribución á protección da biodiversidade.
O programa centrarase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto á diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte e da calidade das augas, do ocio...
Palabras clave
Incendios forestais. Medio ambiente. Recursos forestais
Temporización
A temporización abarca todo o curso escolar.
Actividades e recursos
- Material didáctico: O home de lume.
- Actividades e materiais complementarios
- Concurso: Os proxectos máis salientables pola súa excelencia en canto orixinalidade e innovación recibirán premios.
Criterios de avaliación da memoria final
Criterios xerais do Plan Proxecta
1. Participación activa do alumnado na realización do proxecto, na toma de decisións e na realización do produto final. Cómpre visibilizar claramente o traballo do alumnado a través de evidencias gráficas (a través de webs, blogs...) ou documentais.
2. Implicación da comunidade educativa (profesorado, familias e institucións do contorno) e creación entre todos dunha rede de traballo cooperativo.
3. Interdisciplinariedade do proxecto (desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade.
Criterios específicos
4. Número e calidade das actividades relacionadas co programa que foron desenvolvidas durante o curso.
5. Grao de cumprimento do programa con relación aos compromisos presentados na memoria inicial.
6. Nivel de calidade do traballo final.