Título node Learning object

PDC (proxecto de vida activa e deportiva) - Centros activos e saudables (curso 2020/21)
Lun, 12/09/2016 - 14:10

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Presidencia
    • Secretaría Xeral para o Deporte
    • Fundación Deporte Galego

Ámbito: actividade física/saúde
Definición: constitución dunha rede de centros promotores de vida activa e saudable, a través da concreción dos Proxectos de Vida Activa e Deportiva-PDC nos centros docentes
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido:

  • Proxectos de vida activa e deportiva - PDC, realizado sen escoller ningunha das ferramentas a disposición dos centros: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP, ensinanzas especiais e de adultos
    • En función das submodalides escollidas:
      • DAFIS: primaria, ESO e bacharelato
      • Máis e Mellor Actividade Física (MMAF): primaria e secundaria
      • Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (XOGADE): primaria e ESO
      • Móvete+: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP, ensinanzas especiais e adultos
      • Camiña/en bici á escola: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP, ensinanzas especiais e adultos
      • Milla diaria: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, FP, ensinanzas especiais e adultos

Límite de centros participantes: sen límite para case todas as modalidades; 40 prazas para a modalidade DAFIS

Criterios de selección:

  • Para a modalidade PDC (obrigatoria):

NOTA: A proposta que se presente deberá ter en conta para a súa elaboración a información contida nos documentos que os centros teñen á súa disposición no apartado de bibliografía:

  1. Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta.

  2. Folla de autoavaliación para centros educativos.

  3. Guía DAFIS (para os centros que escollen esta submodalidade)

  4. Adaptación en tempos da COVID19 dos protocolos DAFIS (para os centros que escollen esta submodalidade).

  5. Anexo I. Relación de actividades realizadas por centros educativos en Galicia nos 4 ámbitos temporais.

  6. Modelo Memoria fin de proxecto.

1. Calidade da proposta presentada. Para valorar a calidade da proposta terase especialmente en conta que o apartado “Organización, desenvolvemento e metodoloxía. Actividades” esté estruturado tendo en conta estes 4 ámbitos temporais (nos documentos Anexo I, folla de autoavaliación para centros os centros educativos teñen exemplos de actividades encadradas dentro de cada ámbito temporal que se están a realizar en Galicia).

  1. ÁMBITO TEMPORAL 1: FÓRA DO CENTRO E FÓRA DO HORARIO LECTIVO.

    Actividades de promoción de actividade física en tempos de lecer, vacacionais, fin de semana etc.

  2. ÁMBITO TEMPORAL 2: DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO.

    Actividades de promoción de actividade física durante a estancia do alumnado no centro educativo.

  3. ÁMBITO TEMPORAL 3: FÓRA DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO.

    Actividades de promoción de actividade física fóra do centro educativo pero durante a xornada escolar (excursións, actividades fóra do centro, convivencias etc.).

  4. ÁMBITO TEMPORAL 4: DENTRO DO CENTRO E FÓRA DO HORARIO LECTIVO.

    Actividades de promoción de actividade física unha vez rematada a xornada escolar, pero dentro do centro educativo.

Non é obrigatorio ter actividades en cada un dos ámbitos, aínda que normalmente todos os centros realizan actividades que non recollían nin nos deseños dos proxectos nin nas memorias. No caso de non ter ningunha actividade nun ámbito temporal, simplemente se especifica, e o centro poderá tomar nota para vindeiros proxectos e poder así mellorar o seu Proxecto de Vida Activa e Deportiva - PDC.

2. O fomento da interdisciplinaridade, da transversalidade, da participación activa do alumnado e das prácticas que permitan a continuidade do proxecto no tempo.

3. A inclusión detallada do proceso de avaliación que se levará a cabo dende o inicio do proxecto, así como da xustificación da metodoloxía empregada.

  • Para a modalidade DAFIS:

  1. Centros participantes en DAFIS en anos anteriores
  2. Centros participantes en PDC anos anteriores
  3. Centros participantes noutros programas en anos anteriores (MMAF, XOGADE, MÓVETE+)
  4. Outros centros

Persoas responsables:

Nomes: Miguel Rodríguez del Corral/ Iván Clavel San Emeterio
Departamento: Fundación Deporte Galego
Teléfono: 881 996 376
Correo electrónico: miguel.rodriguez.corral@xunta.gal

Xustificación

O programa pretende axudar os centros docentes a elaborar o seu proxecto deportivo de centro / vida activa e saudable abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. Este programa unifica todas as modalidades existentes en cursos anteriores, xa que de forma individual estes programas eran ferramentas que debían estar integradas nun proxecto de vida activa e saudable dun centro educativo.

O programa "Proxectos de vida activa e deportiva - PDC" desenvolve os contidos aplicables ao ámbito educativo que conteñen os seguintes textos legais:

  • Plan Galego para o fomento da Actividade Física Galicia Saudable
  • Plan integral para a actividade física e o deporte en idade escolar/ O centro escolar promotor da actividade física e o deporte / O proxecto Deportivo de Centro

Obxectivo xeral

O obxectivo do programa é a actuación do centro como dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados). Buscamos que o 100%  das alumnas e alumnos reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma non lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar na súa estadía no centro a práctica de actividade física de calidade.

Identificar todas as actuacións que realiza o centro para promover a vida activa e saudable. Os centros participantes contarán cun modelo de rexistro para facilitar esta tarefa, contemplando os seguintes escenarios (fóra do centro e do horario lectivo, dentro do centro e do horario lectivo, fóra do centro e dentro do horario lectivo, dentro do centro e fóra do horario lectivo) que deberan entregar anexo coa memoria final.

 O obxectivo final será entón o de loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

Obxectivos específicos

  • Integrar a filosofía do programa dentro do centro educativo (claustro, consello escolar, comunidade educativa, programa educativo, plan anual).
  • Incrementar a carga de actividade física diaria realizada polo alumnado dentro do horario lectivo.
  • Estruturar e ordenar todas as posibilidades ao alcance do centro educativo para fomentar na comunidade educativa a necesidade de levar unha vida activa, elaborando mapas de recursos existentes ao alcance da comunidade educativa.
  • Dinamizar e promover  hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes no seu ámbito de influencia (públicos e privados).
  • Informar e asesorar ao 100%  da comunidade educativa de como incorporar, no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no non lectivo, actividade física, exercicio físico ou deporte como hábito de vida saudable.
  • Incrementar no centro educativo a práctica de actividade física, exercicio físico e deporte.
  • Valorar a condición física para a saúde do alumnado como método de avaliación e seguimento  das accións propostas dentro do programa, tanto neste curso escolar coma nos vindeiros anos.
  • Dar a coñecer á comunidade educativa, a través dun blog, web do centro etc. de todas as accións que se realizan no marco da participación neste programa e como medio dinamizador dos obxectivos do mesmo. Será obrigatorio incorporar o logo do proxecto á paxina web do centro para a difusión das actividades.
  • Loitar contra o sedentarismo e os hábitos non saudables.

  • Traballar hábitos de vida saudable co alumnado participante.
  • Utilizar novas tecnoloxías para o seguimento da saúde (DAFIS)
  • Coñecer a cantidade mínima de exercicio físico que se debe realizar dentro de cada grupo de idade para levar unha vida activa e saudable.

Modalidades

O Programa "Proxectos de vida activa e deportiva" contempla as seguintes modalidades:

Modalidade obrigatoria:

  • Proxectos de vida activa e deportiva - PDC. Esta modalidade é de obrigada selección para os centros que soliciten participar neste programa. Os centros poden deseñar o seu proxecto de vida activa de forma libre, coa dinámica e temática que prefiran, ou poden escoller unha ou varias das modalidades optativas como núcleo central dos seu proxecto (que non exclusivo).

Modalidades optativas:

Como apoio aos centros educativos que participan neste programa na consecución dos obxectivos, o Programa "Proxectos de vida activa e deportiva" contempla as seguintes modalidades optativas, podendo escoller o centro educativo como complemento doutras actividades que realicen  -recreos activos, charlas, conferencias, liguillas deportivas, actividades deportivas, talleres saudables, enquisas de hábitos de actividade física, semanas brancas, saídas á natureza etc.)  aquelas que máis se acheguen ás súas posibilidades en relación cos obxectivos xerais formulados. Os centros poden escoller tantas modalidades optativas como queiran (ningunha, unha, varias, todas):

  • DAFIS (obrigatorio facer a formación específica: "Plataforma de valoración física para a saúde" (Código: G2002008).

    • Valorar a condición física para a saúde do alumnado a través dos test e probas propostos.

    • Traballar, en base os resultados obtidos, na mellora da condición fisica saudable, tanto de forma individual, como global (clase, centro educativo), do alumnado.

    • Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

  • Máis e Mellor Actividade Física (MMAF)

    • Traballar de forma compartida con outras materias (CCNN/CCSS,Matemáticas, Música, etc) impartindo contidos curriculares comúns ou propios a través da actividade física.

    • Incrementar a carga de actividade física lectiva do alumnado.

    • Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

  • Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (XOGADE).
    • Participación nalgunha das submodalidades existentes no deporte escolar.
      • Actividade deportiva escolar
      • Actividade deportiva federada
      • Coñece o meu club
      • Actividade lúdica
      • Educación, deporte e valores
      • Xogos populares
    • Traballar na mellora da condición física saudable do alumando aproveitando a participación en Xogade.
    • Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).
  • Móvete+.

    • Fomentar a actividade física a través de actividades con música e movemento.

    • Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

  • Camiña/en bici á escola.

    • Deseño e posta en marcha de rutas seguras para ir ao cole andando ou en bici.
    • Realización de talleres de seguridade vial.
    • Traballar de forma transversal os contidos de actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas).
  • Milla diaria.

    • Realizar unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo.

    • Incrementar a actividade física diaria dentro do horario lectivo.

    • Medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>).

    • Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

Palabras clave

Actividade física. Saúde. Envellecemento activo. Sedentarismo. Vida activa. Centro activo e saudable.

Obxectivos específicos

PARA O ALUMNADO

  • Adquirir a necesidade de levar unha vida activa e saudable sendo conscientes dos beneficios / prexuízos dunha vida activa / sedentaria e sendo capaces de actuar de dinamizadores na súa contorna máis próxima (familia e grupos de amizade).
  • Coñecer todos os recursos existentes na súa contorna para levar unha vida activa e saudable.
  • Empregar ferramentas dixitais para a dinamización e proxección do proxecto á comunidade educativa (edicións de webs, blog, redes sociais, mapas dixitais, aplicacións de medición de rutas etc).

PARA O PROFESORADO

  • Potenciar o traballo en equipo e a iniciativa persoal coordinada co profesorado e integrando a participación da comunidade escolar e local no desenvolvemento do proxecto (pais, veciños etc).
  • Incentivar a autonomía persoal do alumnado dentro do proxecto facéndoo partícipe nas tomas de decisións para levar a cabo as distintas actuacións e actividades propostas.
  • Publicar e difundir na rede os mellores proxectos. 

PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

  • Integrar a filosofía do programa dentro da liña educativa do centro  (SOMOS UN COLEXIO ACTIVO E SAUDABLE), traballando de forma transversal os obxectivos do mesmo.
  • Difundir información sobre vida activa e saudable.
  • Implicar os distintos axentes sociais (familias, técnicos municipais, policía local, asociacionismo, colectivos de usuarios...) na promoción dun estilo de vida activo.
  • Promover unha sociedade máis activa e saudable de forma integradora e non excluínte.

Metodoloxía recomendada

 O profesorado servirá de guía no proceso de adquisición de coñecementos. O alumnado responsabilizaras, dentro das súas capacidades, da execución dos distintos proxectos.Valorarase positivamente que o alumnado planifique, execute e avalíe a intervención para conseguir os obxectivos de ser un CENTRO ACTIVO E SAUDABLE.

Para a modalidade Milla diaria empregaranse novas tecnoloxías para a medición, dentro do recinto escolar, dun percorrido cun perímetro de 1 milla (traballo previo de coñecemento de unidades de medición internacionais km/millas), marcaxe con produtos reciclados (taller de reciclaxe) dese circuíto, medición de parámetros saudables: talla-peso (IMC), perímetros de cintura e cadeira (recomendable pasar toda as probas DAFIS, para a comparación final). Ao comezo do programa, realización dunha milla diaria dentro do horario lectivo. Ao longo do curso escolar, medición diaria por parte de cada alumna/o do tempo percorrido (diario do alumno/a), así como da cantidade de metros percorridos pola clase/centro educativo, realización de actividades complementarias sobre actividade física e saúde, alimentación, hábitos de vida saudable... medición final (finais de maio-principios de xuño) dos parámetros saudables e comparación dos resultados e avaliación dos mesmos (tanto a nivel individual coma grupal)e e exposición dos resultados.

Temporización

A temporización abarca todo o curso escolar.

Actividades e recursos

NOTA: A realización de todas as actividades propostas estará supeditada á situación sanitaria e ao establecido polo protocolo no ámbito educativo para este tipo de actividades.

  • Formación do profesorado para a modalidade DAFIS (obrigatoria): "Plataforma de valoración física para a saúde" (G 1902005).
  • Xornadas de formación: "Proxectos de vida activa e saudable en centros educativos escolares" (G 1902004).
  • Apoio ao profesorado: telefónico ou presencial para favorecer a sensibilización e información inicial ao profesorado cando se precise, para inicio de traballo na aula.
  • Actividades complementarias (no centro):
    • Charlas para o alumnado: o programa pode ofrecer charlas sobre vida activa e saudable.
    • Charlas para o profesorado, sobre como abordar os distintos proxectos.
  • Actividades extraescolares (visitas, saídas)
  • Material didáctico: o programa ofrece guías para o profesorado e recursos para o centro a través da web de Galicia Saudable, cun apartado específico para os centros educativos, con material didáctico, experiencias doutros centros etc.
  • Concursos: valorarase a posibilidade de ofrecer un certame para valorar as mellores prácticas; a participación no concurso será voluntaria.
  • Webs de referencia:
  • Outras webs de interese:
  • Bibliografía de referencia:

Guía de proxectos de innovación educativa na actividade física a través do Plan Proxecta

Folla de autoavaliación para centros educativos

Guía DAFIS (para os centros que escollen esta modalidade)

Adaptación dos protocolos DAFIS á COVID19 (para os centros que escollen esta submodalidade).

Anexo I. Relación de actividades realizadas por centros educativos en Galicia nos 4 ámbitos temporais.

Memoria fin de proxecto (modelo)

Cortizas, Antón (2001): Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Ed. Xerais. 2ª edic. 456 páx. ligazón á ficha da publicación

Cortizas, Antón (2013): Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Ed. Xerais. 1080 páx. ligazón á ficha da publicación

Produto final

Os centros participantes contarán cun apartado específico da web do centro ou unha ligazón desde esta a un blog creado a tal fin, onde o alumnado e como parte do proceso do traballo por proxectos de innovación educativa, xestionará as publicacións desta web/blog e  irá resumindo as actividades/experiencias realizadas dentro do proxecto, tanto do principal como da(s) modalidade(s) escollida(s).

Criterios para a avaliación da memoria final

NOTA: para a validación da memoria, os centros deberán:

a) Ter incorporado o logo do proxecto na web do centro. Este logo estará hipervinculado coa páxina propia ou externa a web onde ver as fotos e demais contidos dixitais do proxecto. Dentro da filosofía da innovación educativa, eses contidos dixitais (vídeos, fotos, montaxes) deberán ser realizados polo alumnado participante.

b) Presentar unha memoria resumo, co formato (exclusivo) habilitado pola coordinación do programa, e que se anexará como doc na parte final da memoria.

c) Cubrir o formato estándar da memoria na aplicación do Plan Proxecta.

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Grao de motivación e sensibilización do alumnado pola incorporación de hábitos de vida activa e consumo de actividade física e exercicio físico no seu día a día. Valorarase a realización de enquisas para coñecer os consumos diarios de actividade fisica e hábitos de vida activa do alumnado, campañas de difusión de vida activa e saudable, enquisas de satisfacción das actividades ofertadas e realizadas, valoración e seguimento da condición fisica saudable, etc.

5. Calidade do traballo realizado polo alumnado para fomentar, dende o centro, a adquisición de hábitos de vida activa e saudable. Valorarase especialmente a realización de mapas de recursos existentes no ámbito de influencia do centro educativo para a práctica de actividade física e exercicio físico, traballos de investigación sobre os clubes deportivos locais e outras entidades que promovan a vida activa e deportiva,  invitación a estas entidades a dar a coñecer as súas actividades, etc.

6. Calidade e grao de desenvolvemento da programación de actividades do proxecto de vida activa e deportiva dentro do horario lectivo e non lectivo e dentro e fóra do centro educativo, co obxectivo de incrementar a carga diaria de actividade física que realiza o alumnado.

Menús Learning object node R