Título node Learning object

Aliméntate ben (curso 2022/23)
Lun, 27/06/2016 - 14:24

Cociñando con saúdeFicha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería do Mar
    • Subdirección Xeral de Pesca e Mercados da Pesca
      • Servizo de Mercados
  • Consellería de Medio Rural
    • Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
    • Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas
  • Consellería de Sanidade
    • Dirección Xeral de Saúde Pública.
      • Servizo de Estilos de Vida Saudable e Educación para a Saúde

Ámbito: hábitos saudables / consumo responsable / patrimonio alimentario

Definición: o proxecto “Aliméntate ben” forma parte da estratexia educativa do Plan de acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade (Plan Obesidade Zero en Galicia) da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízase na escola a través do Plan Proxecta+ de innovación educativa.

As modalidades de "Aliméntate ben" buscan traballar todas as dimensións do feito alimentario dun xeito integral e transversal na comunidade de referencia do alumnado. Responde á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro. Para acadar estes obxectivos, se lles convida a coñecer a contorna alimentaria a través de experiencias sensoriais, a valorar o noso patrimonio alimentario tradicional, a reflexionar sobre a influencia do medio (publicidade, dispoñibilidade de alimentos, industria alimentaria) e as súas consecuencias sobre o estado de saúde, entre outras, co fin de desenvolver un comportamento crítico como consumidores responsables fronte á oferta alimentaria actual.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 12. Produción e consumo responsable
  • ODS 14. Vida submarina

Temporización: curso completo

Modalidades:

A) Nutriescolas 0: A modalidade Nutriescolas 0 ten por obxectivo a adquisición de hábitos alimentarios saudables no alumnado de educación infantil. Nutriescolas 0

Todos os centros participantes que desenvolvan accións con alumnado de educación infantil deben elixir necesariamente esta modalidade.

B) Nutriescolas 1: A modalidade Nutriescolas 1 ten por obxectivo a adquisición de hábitos alimentarios saudables no alumnado de educación primaria. Nutriescola 1

Todos os centros participantes que desenvolvan accións con alumnado de educación primaria deben elixir necesariamente esta modalidade.

C) Nutriescolas 2: Esta modalidade ten por obxectivo adquirir as habilidades necesarias para realizar eleccións alimentarias saudables como consumidores responsables.Nutriescolas 2

Todos os centros participantes que desenvolvan accións con alumnado de ESO e 1º de bacharelato deben elixir necesariamente esta modalidade.

D) Cociñando con saúde: Esta modalidade ten por obxectivo conseguir que o alumnado aprenda, valore, practique e comparta a arte do cociñado desde o punto de vista da saúde e, ademais, que adquira os coñecementos e habilidades necesarios no campo da nutrición para poder aplicalos correctamente na aprendizaxe práctica. Cociñando con saúde

Todos os centros participantes que desenvolvan accións con alumnado de FP básica, de grao medio e superior, familia de cociña e restauración deben elixir necesariamente esta modalidade.

Nota: na aplicación de programas educativos en lugar de "Nutriescolas" aparece "Nutriexpertos". Trátase dun erro de nomenclatura, pero as modalidades son as mesmas.

Recursos opcionais:

  • Froita na escola: Este recurso ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e castañas coa finalidade de configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares. Ofrécense froitas frescas e castañas aos centros que así o soliciten, segundo a convocatoria anual do FOGGA.
  • Lácteos na escola: Este recurso ten por obxecto o fomento do consumo de leite no alumnado de centros escolares. Ofrécese leite de consumo aos centros que así o soliciten, segundo a convocatoria anual do FOGGA.
  • Fai clic ao teu bocata: Este recurso pretende dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables.
  • Ti si que es un bo peixe: Este recurso ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento dos produtos do mar de Galicia (obtención, pesca..) e de promocionar o seu consumo entre as nenas e os nenos en Galicia.
  • Máis alá do prato (NOVO RECURSO): consiste en analizar o sistema alimentario dende as aulas, estudando todas as fases (produción, comercialización, consumo, etc.) e a pegada ecolóxica que levan consigo cada unha de elas, poñendo en valor o comercio e produción local e implantando dietas saudables e sostibles.
  • Charlas informativas sobre trastornos da conduta alimentaria: O papel dos docentes na súa identificación e manexo (NOVO RECURSO)

NOTA INFORMATIVA: no caso de seleccionar algún dos recursos opcionais, estes deberán estar plenamente integrados no proxecto presentado para participar nas modalidades Nutriescolas 0, Nutriescolas 1, Nutriescolas 2 ou Cociñando con saúde. A simple participación nas actividades ofertadas por estes recursos non constituirá motivo de superación da memoria presentada ao final do curso.

Alumnado ao que vai dirixido:

A) NUTRIESOLAS 0: educación infantil

B) NUTRIESCOLAS 1: educación primaria

C) NITRIESCOLAS 2: ESO y 1º curso de Bacharelato

C) COCIÑANDO CON SAÚDE: FP básica, de grado medio e superior, familia de cociña e restauración

Límite de centros participantes:

NUTRIESCOLAS 0 : 40

NUTRIESCOLAS 1: 40

NUTRIESCOLAS 2: Sen límite

COCIÑANDO CON SAÚDE: Sen límite

Límite de docentes participantes por centro:

- Nutriexpertos 2: Un docente por disciplina ademais do/a coordinador/a. A inclusión de máis docentes, sempre dun xeito excepcional, queda suxeita á valoración das necesidades do proxecto.

O resto das modalidades non teñen límite de docentes participantes.

Criterios de selección (ligazón)

Responsables dos programas:

Para a modalidade A  e B (Nutriescolas 0 e 1):

  • Nome: Orlando Blanco Iglesias
  • Departamento: Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde
  • Teléfono:881 548 607
  • Correo electrónico: orlando.blanco.iglesias@sergas.es

Para a modalidade C e D (Nutriexpertos 2  e Cociñando con Saúde):

  • Nome: Ana Mª Martínez Lorente
  • Departamento: Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde
  • Teléfono: 881 548 606
  • Correo electrónico: Ana.Maria.Martinez.Lorente@sergas.es

          Para os recursos "Fai clic ao teu bocata" e "Ti si que es un bo peixe":

  • Nome: Ramón Fernández Conchas
  • Departamento: Servizo de Mercados de Pesca, Consellería do Mar
  • Teléfono: 981 546 261
  • Correo electrónico: ramon.fernandez.conchas@xunta.gal

Para o recurso "Máis alá do prato"

  • Nome: Raquel Gómez Villar
  • Departamento: Sociedade Cooperativa Somosterra
  • Teléfono: 667 736 645
  • Correo electrónico: raquel@somosterra.gal

 


Xustificación

O proxecto “Aliméntate ben” forma parte da estratexia educativa para a prevención da obesidade infantil de Galicia (Plan Obesidade Zero en Galicia), da Dirección Xeral de Saúde Pública, e canalízanse na escola a través do Plan Proxecta de innovación educativa. O patrón dietético é determinante dun óptimo estado nutricional e de saúde. Os hábitos alimentarios adquírense e consolídanse na primeira década da vida, polo que a etapa infantil é especialmente relevante para promover un estilo de vida saudable.

O ámbito familiar é o espazo natural educativo na primeira etapa da vida e os adultos do núcleo familiar constitúen os modelos de referencia na adquisición de hábitos adecuados. Máis tarde, a medida que as nenas e os nenos van medrando, irán adquirindo importancia outros modelos e outros aspectos derivados do proceso de socialización. A escola, as relacións cos seus iguais, o contorno onde viven e se desenvolven e outros factores determinantes como a publicidade a que están expostos deben ser tamén obxecto de intervención educativa e de atención inmediata, pois inflúen de xeito decisivo na adquisición do seu propio modelo alimentario.

Ademais, e ao longo de todo o camiño de aprendizaxe, os condicionantes do feito alimentario van estar presentes en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Cada vez que se introduce un alimento na boca, póñense a funcionar unha serie de procesos relacionados coas emocións, coa capacidade de evocar e con moitos condicionantes do comportamento humano. Todos estes aspectos, deben estar presentes en calquera intervención educativa que persiga acadar un axeitado patrón alimentario. As actividades propias do proxecto “Aliméntate ben” están baseadas en estes determinantes que modulan e enriquecen a dieta e axudan a valorar o noso patrimonio tradicional, o noso xeito de comer, os produtos do mar, da terra e en definitiva, a contorna alimentaria dos escolares crecen e se desenvolven.

Obxectivos xerais:

NUTRIESCOLAS 0:

  1. Contribuír ao desenvolvemento integral e harmónico do alumnado de 2º ciclo de educación infantil, en todas as súas dimensións (social, cognitiva, afectiva, cultural..).

  2. Favorecer que nenos e nenas do segundo ciclo de educación infantil, adquiran hábitos alimentarios saudables.

  3. Incorporar a promoción da saúde a toda a comunidade e contorna educativa.

NUTRIESCOLAS 1:

  1. Promover a experimentación de hábitos alimentarios saudables e sostibles e favorecer a súa consolidación.

NUTRIESCOLAS 2:

  1. Os escolares deberán adquirir os coñecementos, habilidades, valores e actitudes necesarios para poder realizar eleccións alimentarias saudables como consumidores responsables e por medio de decisións ben informadas.

COCIÑANDO CON SAÚDE:

Incluír coñecementos de alimentación e nutrición no ensino das ramas de formación profesional destinadas á arte da restauración colectiva. Dende o punto de vista do alumnado, este deberá acadar competencias e habilidades básicas para a súa futura actividade laboral, adaptando os seus coñecementos á crecente demanda das tendencias dos consumidores actuais ligadas a integrar a saúde, xunto coa gastronomía e as artes culinarias, no campo da restauración.

Obxectivos específicos:

NUTRIESCOLAS 0:

  1. Estimular os órganos sensorias a través do contacto con multitude de alimentos.

  2. Estimular o padal para inducir a saborear e a probar novos alimentos.

  3. Probar alimentos e receitas novas.

  4. Consumir alimentos saudables nas merendas que se realizan no centro educativo

  5. Reducir/evitar/eliminar os alimentos non aconsellables nas merendas da aula e do centro.

  6. Desenvolver e mellorar as habilidades de manipulación (mondar, debullar, cortar, pelar, lavar, torar, facer formas xeométricas, etc) e preparación de alimentos.

  7. Manipular útiles e ferramentas sinxelas relacionados coa alimentación.

  8. Sentir e expresar os sentimentos e as emocións asociadas co feito alimentario.

  9. Elaborar receitas moi sinxelas.

NUTRIESCOLAS 1:

  1. Estimular o padal para inducir a saborear e a probar novos alimentos.

  2. Probar alimentos e receitas novas.

  3. Consumir alimentos saudables nas merendas de aula e escolares.

  4. Reducir/evitar/eliminar os alimentos non aconsellables nas merendas da aula e do centro.

  5. Desenvolver e mellorar as habilidades de manipulación (mondar, debullar, cortar, pelar, lavar, torar, facer formas xeométricas, etc) e preparación de alimentos.

  6. Favorecer a manipulación responsable e axeitada de diferentes obxectos, útiles e ferramentas relacionados coa alimentación.

  7. Promover, experimentar, expresar os sentimentos e as emocións asociadas co feito alimentario.

  8. Identificar a orixe natural (árbore, planta, etc) dos alimentos que consumen.

  9. Promover que as familias elixan as opcións mais saudables para as merendas dos seus fillos e das súas fillas.

  10. Favorecer a adquisición de aprendizaxes doutras áreas.

  11. Acadar as competencias necesarias para planificar e executar receitas sinxelas

  12. Recoñecer a alimentación e a nutrición como funcións vitais

  13. Relacionar os hábitos alimentarios coa saúde.

  14. Deseñar merendas saudables para os recreos.

  15. Analizar a oferta alimentaria da contorna próxima.

NUTRIESCOLAS 2:

  1. A concordancia dos obxectivos coas necesidades percibidas e cos recursos dispoñibles.

  2. A coherencia das actividades propostas con relación ao potencial para acadar estes obxectivos

  3. A planificación e secuencia trimestral das actividades.

  4. A continuidade das actividades propostas ao longo do curso escolar e a razón destas en función doutras illadas e puntuais.

  5. A metodoloxía proposta (breve descrición dos métodos educativos e das ferramentas e instrumentos didácticos previstos).

  6. A forma de resolver as dificultades, incidencias e imprevistos que poidan xurdir.

  7. O modelo de avaliación proposto polos coordinadores responsables do proxecto, segundo o formulario Proxecta. É importante anticipar un modelo sinxelo de como e que vai avaliar o proxecto.

COCIÑANDO CON SAÚDE

  1. Coñecer as recomendacións das guías alimentarias actuais e as súas relacións coa saúde.

  2. Compoñer e deseñar un menú segundo o modelo Myplate.

  3. Elaborar un modelo de carta para restauración colectiva con receitas baixas en enerxía, sal, graxas e azucres.

  4. Recoñecer as principais características dunha dieta saudable para a poboación infantil.

  5. Elaborar unha programación quincenal de menús propios dun comedor escolar.

  6. Recoñecer as principais características (nutricionais, organolépticas, etc) dunha dieta saudable para a poboación anciá.

  7. Elaborar unha programación quincenal de menús propios dunha residencia de persoas maiores.

  8. Elaborar unha carta para restauración colectiva con receitas e propostas saudables.

  9. Deseñar, segundo criterios nutricionais e de innovación culinaria, receitas de peixe, legumes ou hortalizas minimamente procesados, e programacións de merendas, almorzos e sobremesas con criterios saudables.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Actividades

(Mais información detallada nos manuais “Aliméntate ben”)

A) Nutriexpertos 1. Recomendamos consultar a publicacións específicas do proxecto: 1. MANUAL XERMOLIÑO. Como norma xeral, neste manual ofrécense baterías de actividades segundo os obxectivos identificados no manual en canto a actividades de cata e manipulación de alimentos, actividades para coñecer o contorno alimentario etc. Ditas actividades atópanse distribuídas segundo a planificación trimestral para garantir o seu cumprimento ao longo do curso e acadar os obxectivos do proxecto. Tamén serán de utilidade as ferramentas, cuestionarios, modelos de enquisa... etc., postas a disposición dos docentes na información contida no DOCUMENTO ANEXO.

B) Nutriexpertos 2. Recomendamos consultar as dúas publicacións específicas do proxecto: 1. MANUAL XERMOLON e 2. RESUMO DE ACTIVIDADES distribuídas por ámbitos de actuación e programadas segundo o trimestre. Nestas publicacións pódense atopar indicadores da eficacia da

acción formativa para docentes, modelos e métodos de traballo etc. Tamén serán de utilidade as ferramentas, cuestionarios, modelos de enquisa... etc., postas a disposición dos docentes na información contida no DOCUMENTO ANEXO.

Como norma xeral, o alumnado deberá realizar un análise da oferta alimentaria da contorna propia ou allea, aplicar coñecementos e criterios nutricionais, construír un proceso de investigación que rematará coa interpretación de resultados e coa exposición dunha proposta de mellora. Para todo, é obrigado un traballo de campo, o manexo de bases de datos sinxelas e a integración do coñecemento en distintas disciplinas.

C) COCIÑANDO CON SAÚDE. Recomendamos consultar a publicación específicas do proxecto MANUAL COCIÑANDO CON SAÚDE e as ferramentas, cuestionarios, modelos de enquisa... etc., postas a disposición dos docentes na información contida no DOCUMENTO ANEXO.

Como norma xeral, o alumnado deberá:

1. Elixir un tema (produto final) sobre o que se traballará ao longo do curso de entre os 15 produtos finais (Por exemplo: programación de menús de xantar para comedor escolar ou para residencia de maiores; receitario con propostas innovadoras de peixe, hortalizas, e legumes; propostas innovadoras de almorzos etc).

2. Elaborar propostas, receitarios e programacións aplicando criterios de saúde. Polo tanto, o alumnado deberá experimentar, ensaiar, revisar e propoñer.

Formación: PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN

 

Recursos

Carpeta do docente. Plan Obesidade zero en Galicia: trátase dunha ferramenta de apoio para todas as modalidades. Nela pódense atopar modelos sinxelos de enquisas alimentarias, recomendacións para desenvolver proxectos de saúde na aula e materiais de apoio sobre alimentación e nutrición, así como un capítulo final para traballar en familia.

A) MODALIDADE NUTRIESCOLAS 0

B) MODALIDADE NUTRIESCOLAS 1

C) MODALIDADE NUTRIESCOLAS 2

D) MODALIDADE COCIÑANDO CON SAUDE

RECURSOS OPCIONAIS:

 

A) Froita na escola: Este recurso ten por obxecto o fomento do consumo de froitas frescas e castañas coa finalidade de configurar hábitos alimentarios saudables no alumnado de centros escolares. Ofrécense froitas frescas e castañas aos centros que así o soliciten, segundo a convocatoria anual do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

 

Responsable: Consellería de Medio Rural. Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA). Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas.

B) Leite na escola: Esta recurso ten por obxecto o fomento do consumo de leite no alumnado de centros escolares. Ofrécese leite de consumo aos centros que así o soliciten, segundo a convocatoria anual do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

Responsable: Consellería de Medio Rural. Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA). Servizo do Sector Lácteo e Mercados Agrícolas.

C) Fai click no teu bocata: Este recurso pretende dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas do mar, incidindo así en hábitos de consumo alimentarios saudables.

Responsable: Consellería do Mar. Subdirección Xeral de Pesca e Mercados da Pesca. Servizo de Mercados.

D) Ti si que es un bo peixe: Esta modalidade ten o dobre obxectivo de facilitar o coñecemento dos produtos do mar de Galicia (obtención, pesca..) e de promocionar o seu consumo entre as nenas e os nenos en Galicia.

    E) Máis alá do prato (NOVO RECURSO): Consiste en analizar o sistema alimentario dende as aulas, estudando todas as fases (produción, comercialización, consumo, etc.) e a pegada ecolóxica que levan consigo cada unha de elas, poñendo en valor o comercio e produción local e implantando dietas saudables e sostibles.

    Responsable: Somos Terra

     

     

    Produto final

    A) NUTRIEXPERTOS 0: receitarios, materiais didácticos, etc.

    A) NUTRIEXPERTOS 1. recetarios, materiais didácticos, etc.

    B) NUTRIEXPERTOS 2. Proposta de mellora sobre a oferta alimentaria analizada (anuncio publicitario, video, folleto, servizo, etc)

    C) COCIÑANDO CON SAÚDE. Receitario, cartas para restauración, catálogos de imaxes, recompilación das receitas máis saudables etc.

    Criterios de avaliación da memoria final

    Criterios xerais do Plan Proxecta

    1. Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

    2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

    3 Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto.

    Criterios específicos do programa

    NUTRIESCOLA 0

    • A selección de contidos, metodoloxía, recursos, ferramentas de avaliación, etc, foron coherentes cos obxectivos e finalidades do proxecto.

    • Logrouse que nenos e nenas manipularan, probaran, consumiran alimentos saudables; que descubriran os alimentos cos seus sentidos; que manipularan útiles e ferramentas asociadas cos alimentos; que elaboraran recitas sinxelas; que cambiaran os alimentos que traen para as súas merendas, etc.

    • Asentar hábitos alimentarios saudables na comunidade escolar, e sobre todo no alumnado.

    • As actividades postas en marcha tiveron a necesaria continuidade para afianzar hábitos.

    NUTRIESCOLA 1

    • A selección de contidos, metodoloxía, recursos, ferramentas de avaliación, etc, foron coherentes cos obxectivos e finalidades do proxecto.

    • Logrouse que nenos e nenas manipularan, probaran, consumiran alimentos saudables; que descubriran os alimentos cos seus sentidos; que melloraran as habilidades de manipulación (debullar, mondar, etc); que manipularan útiles e ferramentas asociadas cos alimentos; que elaboraran receitas asumibles; que cambiaran os alimentos que traen para as súas merendas; que traballaran de forma colaborativa, que experimentaran procesos relacionados coa alimentación; que relaciones a alimentación coa saúde, que aprendan coñecementos integrais a través da alimentación, etc.

    • As actividades postas en marcha tiveron a necesaria continuidade para afianzar hábitos.

    NUTRIESCOLA 2

    • O proxecto desenvolve contidos que espertan o interese pola vida saudable e a alimentación variada e equilibrada e contribúen a adquirir hábitos de alimentación axeitados.
    • O proxecto desenvolve contidos relacionados coa nutrición, coa avaliación dalgún tipo de oferta alimentaria (alimentos e cereais no mundo clásico, composición de menús escolares noutro pais ou comunidade...).
    • O proxecto favorece o análise crítico das estratexias publicitarias das empresas alimentarias ou da actitude e o comportamento dos consumidores.

    COCIÑANDO CON SAÚDE

    A. Criterios xerais educativos para avaliación

    1. A integración do proxecto no PEC (proxecto educativo de centro).

    2. A participación activa do alumnado (implicación no deseño inicial do proxecto, desenvolvemento das actividades, indagación guiada, asunción de compromisos e tarefas...).

    3. O nivel de aplicación previsto dos coñecementos e habilidades aprendidas nos produtos finais.

    4. O grao de implicación dos axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias e institucións da contorna).

    5. A capacidade do proxecto para ser reproducido e adaptado a outros ámbitos educativos fóra do plan Proxecta.

    6. O uso de recursos do ámbito do centro escolar.

    B. Criterios específicos sobre os produtos finais

    1. O cumprimento das recomendacións para unha alimentación saudable.

    2. A elección de ingredientes. A presenza habitual de ingredientes vexetais (frescos, de mercado, do noso patrón alimentario tradicional...) e a limitada presenza de alimentos ultraprocesados.

    3. O axuste das propostas ás recomendacións de frecuencia de consumo alimentario para as programacións dos menús.

    4. As opcións alternativas saudables para o consumo excesivo de sal e de azucres.

    5. O enfoque adecuado para menús especiais (infancia e idade avanzada), segundo a programación proposta.

    6. A innovación e a orixinalidade na forma de execución dos produtos expostos.

    7. A presentación do traballo en xeral e dos pratos en particular.

    8. A palatabilidade dos pratos.

    9. Os resultados das catas das ditas preparacións, se as houbese.

    10. A harmonía das programacións. O axuste ás características dos produtos finais, tal como se recolle neste document

     

     

     

     

     

     

     

    Menús Learning object node R

    Sección