Título node Learning object

Voluntariado miúdo: Móvete!
Ven, 09/09/2016 - 14:42

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Conselllería de Política Social
    • Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Ámbito: solidariedade / voluntariado
Definición: Voluntariado miúdo: Móvete!"  é un programa que pretende promover os valores da cultura solidaria e a adquisición de  competencias fundamentais para o alumnado a través de proxectos de acción voluntaria cun impacto directo no seu ámbito de actuación  e na dinámica educativa do centro, promovendo unha cultura colaborativa no eido da solidariedade e do voluntariado que implique a toda a comunidade educativa, e que estea adaptado nas diferentes actuacións ao ciclo educativo do alumnado de educación primaria.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 1. Fame cero

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil e primaria
Límite de centros participantes: 8

Criterios de selección:

1. Centros participantes na fase experimental
2. Idoneidade e calidade do proxecto
3. Grao de implicación do claustro
4. Grao de implicación da comunidade educativa

Persoas responsables:

Nomes: Pilar Martínez Sánchez
Departamento: Xefatura de Servizo de Voluntariado e Participación
Teléfono: 981 957 916
Correo electrónico: pilar.martinez.sanchez @xunta.gal


Xustificación

Os proxectos de acción voluntaria de cada centro educativo son instrumentos de gran potencial para poder abordar necesidades moi diversas latentes na sociedade sempre dende a premisa de constituír actuacións asumibles e adaptadas ao alumnado de educación primaria nos seus diferentes ciclos.        
A valorización do rural, a protección do medio ambiente, dos animais ou a solidariedade con situacións vitais de colectivos vulnerábeis da nosa contorna supoñen escenarios onde dar resposta a diversas necesidades sociais adecuando a dinámica de traballo e actuacións ás características do alumnado.

Obxectivos

    •  Promover o  desenvolvemento efectivo da educación en valores en torno a acción voluntaria e solidaria.
    •  Impulsar o  desenvolvemento eficaz entre o alumnado das competencias clave.
    •  Promover no alumnado vivencias solidarias achegadas aos seus contextos máis próximo adecuadas ao seu ciclo educativo.
    •  Implicar os axentes da comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias e institucións próximas) no desenvolvemento de valores e competencias solidarias dentro e fóra do centro.

Desenvolvemento das competencias clave:

    • Competencias sociais e cívicas

Recursos

  • Apoio ao profesorado: todos os centros participantes disporán de asistencia preferentemente en liña ou telefónica para o asesoramento e desempeño dos seus proxectos solidarios co obxecto de facilitar a consecución dos obxectivos e reforzar o rol facilitador do profesorado. Cabería a posibilidade de manter encontros de carácter presencial nos centros (unicamente coas profesoras/es encargadas/os dos proxectos) si houbera algún tipo de dificultade de carácter técnico que fixera imprescindible o desprazamento do persoal técnico autorizado pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.
  • Guía “Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias”   
  • Ligazóns de referencia:

Produto final

O proxecto que ten carácter aberto rematará cunha exposición ao final do curso mediante un encontro anual do alumnado para compartir as experiencias solidarias entre eles a través dun vídeo, exposición ou presentación a elección do centro docente. Na presentación debería aparecer un apartado elaborado especificamente polo alumnado participante. Todas as presentacións seguirán unha estrutura pautada con carácter previo.

Criterios de avaliación da memoria final

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Integración de estruturas organizativas solidarias nas dinámicas dos centros.

5. Introducción de ferramentas transformadoras dos proxectos solidarios de cada centro educativo no seu contorno.

Menús Learning object node R