Proxecto Ríos
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Proxecta

Ficha técnica

Institución:

  • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
    • Augas de Galicia
  • Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)

Ámbito: medio ambiente
Definición: fomento da conservación dos ecosistemas fluviais.
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: infantil, primaria, ESO, bacharelato, FP e adultos.
Límite de centros participantes: 45
Criterios de selección:

  • Anos de antigüidade no programa.
  • Centros das provincias de Ourense e Lugo, así como zonas desfavorecidas.

Responsable do programa:

Nome: Virginia Rodríguez Álvarez
Departamento: docente de secundaria
Teléfono: 650 261 283
Correo electrónico: viqui@adega.info

Obxectivo xeral

Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Mediante a proposta de desenvolvemento por equipos interdisciplinarios nos centros educativos galegos do proxecto “Adopta un río” preténdese desenvolver os valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente. A través de charlas e saídas formativas proporcionaranse as ferramentas básicas que garantan a participación activa e colaborativa do alumnado. Os centros de ensino poden traballar esta iniciativa dentro dos distintos departamentos (elaboración de roteiros, deseño de blogs, limpezas de ríos, elaboración de material multimedia etc.) e incluílo no seu proxecto educativo e na súa programación xeral anual.

Palabras clave

Medio ambiente.

Actividades e recursos

O  Proxecto Ríos organiza actividades de formación destinadas a capacitar aos coordinadores de grupo e participantes no desenvolvemento do proxecto.

  • Charlas divulgativas:  palestra informativa e explicativa do Proxecto Ríos, destinada a aqueles grupos que inician a súa andaina no proxecto.
  • Saídas formativas: inspección guiada no treito de río escollido polo grupo coa finalidade de explicar a metodoloxía da inspección polo miúdo.
  • Cursos de formación: teñen como finalidade fornecer aos participantes dos coñecementos básicos na identificación de macroinvertebrados, especies indispensábeis nas inspeccións de río. Nestes cursos tamén se tratan outras temáticas relacionados cos ecosistemas fluviais.
  • Encontros de voluntariado: espazo onde o voluntariado que está a participar no proxecto pode compartir as experiencias que se están a desenvolver dentro do proxecto
  • Cursos Monográficos, sobre unta temática  concreta, para facilitar o traballo dos coordinadores á hora de aplicar a metodoloxía do proxecto.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1. Participación activa do alumnado na realización do proxecto, na toma de decisións e na realización do produto final. Cómpre visibilizar claramente o traballo do alumnado a través de evidencias gráficas (a través de webs, blogs...) ou documentais.

2. Implicación da comunidade educativa (profesorado, familias e institucións do contorno) e crea entre todos unha rede de traballo cooperativo.

3. Interdisciplinariedade do proxecto (desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade.

Criterios específicos

4. Participación dos centros de ensino nas actividades formativas programadas dende a coordinación do proxecto (cursos de formación , encontro de voluntariado, roteirríos, cursos monográficos etc.).

5. Realización das actividades obrigatorias (dúas inspeccións anuais), rigorosidade na toma dos datos e o seu envío á coordinación do proxecto.

6. Grao de cumprimento do proxecto cos compromisos presentados na memoria inicial.