Proxecto didáctico Antonio Fraguas
Xov, 13/08/2015 - 13:17

Proxecta

Ficha técnica

Institución:

  • Consellería de Cultura e Turismo
  • Museo do Pobo Galego - Fundación Antonio Fraguas

Ámbito: normalización lingüística / patrimonio
Definición: fomentar a investigación sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno do centro
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO e bacharelato
Límite de centros participantes: sen límite

Criterios de selección:

  • Idoneidade e calidade do proxecto presentado
  • Grao de implicación do claustro, da comunidade educativa e da sociedade da contorna

Persoa responsable:

Nome: Francisco Fariña Busto
Departamento: Fundación Antonio Fraguas - Museo do Pobo Galego
Teléfono: 635 639 562
Correo electrónico: fcofarbus@yahoo.es

Xustificación

O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas responde á necesidade de alentar a realización de traballos de investigación orientados á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua e do medio e á valorización dos máis diversos elementos do noso acervo cultural.

Obxectivo xeral

O programa consiste nunha pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato dos centros escolares. Este traballo será obxecto dunha exposición no Museo do Pobo Galego. Os centros promoverán a elaboración dun traballo en equipo mobilizando os membros da comunidade escolar e co seu contorno. Neste traballo de investigación terá unha función nuclear o alumnado, quen realizará a identificación de elementos patrimoniais e recoñecerá a súa importancia como elementos e valores cívicos. O labor do profesorado será guiar o proceso de investigación e presentar os recursos do contorno como vehículo de cohesión social e integración da comunidade do alumnado e do seu contorno social.

Palabras clave

Alfabetización mediática. Patrimonio cultural

Obxectivos específicos

PARA O ALUMNADO

  • desenvolver estratexias de investigación dentro da metodoloxía do traballo por proxectos.
  • coñecer o patrimonio de Galicia e promover a súa valorización.

PARA O PROFESORADO

  • integrar a aprendizaxe colaborativa dentro do proceso de ensino-aprendizaxe.
  • integrar a interdisciplinariedade nos proxectos de investigación.

Temporización

A temporización abarca todo o curso escolar. Cómpre ter en conta os prazos de entrega do concurso (véx. as bases da XI convocatoria). A título orientativo indícase a programación da convocatoria en vigor: xaneiro 2018: convocatoria pública da XI edición; ata 31 de maio de 2018: remisión de candidaturas; antes do 22 de xuño 2018: ditame do xurado; setembro 2018-setembro 2019: desenvolvemento do proxecto; setembro 2019: inauguración da exposición no Museo do Pobo Galego; outubro de 2019: comezo da itinerancia da exposición noutros centros ou institucións interesadas.

Actividades e recursos

Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:

  • Apoio ao profesorado: asesoramento telefónico ou presencial.
  • Visitas guiadas: ofrecerase a visita guiada ao Museo do Pobo Galego.
  • Concurso: ofrécese un concurso bianual para recoñecer o traballo dos centros. A participación no concurso é voluntaria e aberta a todos os centros que o soliciten (dentro e fóra do Plan Proxecta). Premiarase un de cada modalidade e o desenvolvemento do proxecto centrarase nos dous centros premiados. O Xurado estará composto polo presidente da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, o director do Museo do Pobo Galego e tres membros que serán designados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas, entre persoas de recoñecida competencia no ámbito das ciencias sociais. Actuará como secretario, con voz e sen voto, o secretario da Fundación.
    Os traballos premiados en edicións anteriores foron estes:
    1ª CONVOCATORIA: O Mar, CEIP Xuño (Porto do Son) / Obradoiro “Antonio Fraguas” de Cultura popular, Historia local e Medio ambiente, CPI Alfonso VII (Caldas de Reis).
    2ª CONVOCATORIA: Os Hórreos do Concello de Ribeira de Piquín, CEIP Aníbal Otero (Ribeira de Piquín) / Muíños de Auga no Concello de Foz, IES de Foz (Foz).
    3ª CONVOCATORIA: A toponimia do Val Miñor, CEP A Cruz de Camos (Nigrán) / O Patrimonio das Pesqueiras do Miño, IES Pedra da Auga (Ponteareas) e IES Pazo da Mercé (As Neves)*.
    4ª CONVOCATORIA: Educaldea, CEP Xosé María Brea Segade (Rianxo) / O Patrimonio, un recurso endóxeno ameazado e esquecido, IES de Pontecaldelas (Pontecaldelas)
    5ª CONVOCATORIA: As embarcacións tradicionais da comarca de Ferrol, IES Concepción Arenal (Ferrol)* / As fábricas da luz de Rechinol, Portodís e Portochao como exemplo de descoñecemento do noso patrimonio cultural, IES de Melide (Melide)
    6ª CONVOCATORIA: As adiviñas na fala viva, CEIP A Cristina (Carballo) / Ceibes no monte, IES Terra de Turonio (Gondomar)*
    7ª CONVOCATORIA: A imaxinación no peto, CEIP de Gándara-Sofán (Carballo) / A evolución da agricultura e a súa incidencia no patrimonio inmaterial do Concello de Trazo, CPI Viaño Pequeno (Trazo)*
    8ª CONVOCATORIA: Fortes da Guerra de Restauración en Vila Nova da Cerveira e Tomiño, patrimonio inmaterial. CEIP Pintor Antonio Fernández (Tomiño) / Outear. IES Poeta Añón (Outes)*
    9ª CONVOCATORIA: Lavadores. Pasado e presente da nosa parroquia, CEIP O Pombal (Vigo) / A paisaxe lendaria e toponímica do Concello de Silleda, IES Pintor Colmeiro (Silleda).
  • 10ª CONVOCATORIA: Vedr@ medra, CPI Plurilingüe, Vedra / Figuras de antonte e de onte. Figuras para o mañá, IES A PINGUELA, Monforte de Lemos.
  • Difusión dos proxectos gañadores: os proxectos gañadores de cada modalidade poderanse desenvolver co formato dunha mostra, que será presentada nas instalacións do Museo do Pobo Galego. Existe tamén a posibilidade dunha publicación complementaria destes proxectos.
  • Web de referenciahttp://museodopobo.gal

Produto final

  • Proxecto de investigación, con pretensión de desenvolver en cursos posteriores. Este proxecto de investigación será a base dunha exposición que se presentará nas instalacións do Museo do Pobo Galego.

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1. Participación activa do alumnado na realización do proxecto, na toma de decisións e na realización do produto final. Cómpre visibilizar claramente o traballo do alumnado a través de evidencias gráficas (a través de webs, blogs...) ou documentais.

2. Implicación da comunidade educativa (profesorado, familias e institucións do contorno) e crea entre todos unha rede de traballo cooperativo.

3. Interdisciplinariedade do proxecto (desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade.

Criterios específicos

4. Fomento da relación transxeneracional na comunidade educativa e social inmediata, a través da identificación dos elementos patrimoniais.

5. Recuperación da significación social dos elementos patrimoniais (monumentos, lendas, ritos, ditos e refráns, lugares, paisaxes etc..).

6. Identificación, localización e precisión descritivas da cada un dos bens patrimoniais que forman parte do proxecto, e a utilización de ferramentas informáticas e lingüísticas que as favorezan.