Título node Learning object

Pasaporte solidario
Lun, 09/09/2019 - 12:27

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Consellería de Política Social
    • Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Ámbito: solidariedade/voluntariado
Definición: programa que permite ao alumnado elaborar un itinerario de actividades de voluntariado consistente na achega de diversas actuacións solidarias que poderán cubrir, a petición do centro, nun pasaporte solidario físico. En cada páxina hai unha actividade solidaria que o alumnado debe realizar en atención ás actuacións do proxecto reflectido na memoria do centro.
Estas producións informan do proceso persoal seguido polo alumnado implicado, permitíndolles observar os seus esforzos cotiás e logros, en relación aos obxectivos de aprendizaxe e criterios de avaliación en materia de voluntariado establecidos con carácter previo.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 3. Saúde e benestar
  • ODS 13. Acción polo clima

Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO e FP básica
Límite de centros participantes: non se establece

Criterios de selección:

1. Idoneidade e calidade do proxecto.
2. Grao de implicación do claustro.
3. Grao de implicación da comunidade educativa.
4. Inclusión programa xeral dos centros.

Criterios de exclusión:

1. Centros que non teñan presentado a memoria anual Plan Proxecta en cursos anteriores.
2. Centros que non teñan alcanzado nota mínima na puntuación memoria anual Plan Proxecta en cursos anteriores.

Persoas responsables:

Nomes: Pilar Martínez Sánchez
Departamento: Xefatura de Servizo de Voluntariado e Participación
Teléfono: 981 957 916
Correo electrónico: pilar.martinez.sanchez @xunta.gal


Xustificación

Pasaporte Solidario outorga a nivel individual ás alumnas e alumnos participantes a posibilidade de continuar o seu itinerario solidario comezado na etapa de infantil a través de Voluntariado Miúdo, e complementalo coa súa participación en accións solidarias de xeito colectivo a través da Rede de Centros Escolares Solidario e Correspondentes Xuvenís.

Obxectivo 

    • Desenvolver as capacidades do alumnado para localizar información, analizala e responder aos problemas que se lle presentan
    • Promocionar, visibilizar e intercambiar accións solidarias dedicadas á transformación e ao cambio social
    • Mostrar as competencias desenvolvidas nos proxectos ou accións de carácter voluntario nos que as e os voluntarios teñan participado

Desenvolvemento das competencias clave:

    • Competencias sociais e cívicas
    • Competencia en comunicación lingüística
    • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
    • Competencia dixital
    • Competencia en aprender a aprender
    • Competencia en sentido de iniciativa e espírito emprendedor
    • Competencia en conciencia e expresións culturais

Actividades

    • Apoio ao profesorado: todos os centros participantes terán asistencia en liña e telefónica para o asesoramento no desempeño dos seus proxectos solidarios e para facilitar a consecución dos obxectivos e reforzar o rol facilitador das profesoras e profesores.

Mantense a posibilidade de encontros de carácter presencial nos centros (coas profesoras/es encargadas/os dos proxectos) de haber algún tipo de dificultade de carácter técnico que faga imprescindible o desprazamento do persoal técnico autorizado pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado.

    • Pasaporte solidario: a solicitude de cada centro docente permítese a posibilidade de que o alumnado poida cubrir o pasaporte solidario físico. En cada páxina hai unha actividade solidaria  que o alumnado debe realizar en atención ás actuacións do proxecto reflectido na memoria do centro. Hai dous niveis de pasaporte, un individual e outro específico e tres pasaportes solidarios distintos:

  1.       Nivel A: Para o alumnado que participa por primeira vez
  2.       Nivel B: Para o alumnado que xa pasou o Nivel A
  3.       Camiño de Santiago: Pasaporte específico dedicado ás rutas xacobeas.

      Neste caso, os contidos das actuacións expresadas no pasaporte físico teñen que ser coherentes cos establecidos na memoria e cos obxectivos pretendidos co programa.

Recursos

Produto final

O proxecto rematará coa posibilidade de realizar un encontro final do alumnado para compartir as experiencias solidarias entre eles ou de enviar un vídeo, exposición ou presentación a elección do centro docente a través da web de voluntariado.

Criterios da avaliación

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterio específico

4. Integración de estruturas organizativas solidarias nas dinámicas dos centros.

5. Introdución de ferramentas transformadoras dos proxectos solidarios de cada centro educativo na súa contorna.

Menús Learning object node R