Título node Learning object

Activistas polo mundo que queremos
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Institución: Proxecta

  • Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

    • Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo
      • Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
        • Subdirección Xeral de Cooperación Exterior
    • ONGD: Solidariedade Internacional de Galicia, Agareso (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) e ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz)

Ámbito: solidariedade/cidadanía global/ voluntariado
 

Definición: O programa consiste en desenvolver durante todo o curso académico un proxecto de intervención socioeducativa de xeito semipresencial (4 sesións presenciais co apoio dunha aula virtual) para concienciar ao alumnado sobre algunhas das principais desigualdades globais (medio ambiente, xénero, migración etc.) e como eles e elas poden facer algo para reverter esta situación. Traballaremos os coñecementos, as actitudes/valores e as habilidades necesarias para exercer comportamentos responsables nas nosas actuacións diarias a través de activismos xuvenís. O profesorado e o alumnado participante a través da aula virtual do proxecto desenvolverán diferentes actividades para traballar os contidos do mesmo: que significa ser unha persoa activista?, por que hai persoas activistas?, a importancia dunha comunicación tansformadora, cales son as principais desigualdades no mundo e como combatelas a través de tres liñas de traballo que finalizan en tres activismos: o activismo medio ambientalista, o activismo feminista e LGTBI e o activismo antirracista. Cada alumno/a poderá escoller o que máis lle interese. Ademais, o profesorado, sempre co apoio técnico do proxecto, promoverá o traballo en equipo entre o alumando para que investiguen e creen un guión radiofónico co que elaborarán un programa de radio (nunha sesión presencial facilitada por unha técnica do proxecto na que montaremos un estudo de radio na aula) onde darán a coñecer as súas propostas para cambiar o mundo. Os centros educativos participantes, recibirán a visita nas súas aulas de persoas activistas de países que viven en situación de vulnerabilidade, para dialogar coa rapazada sobre a importancia de participar colectivamente para poder minimizar as desigualdades na que viven. Exemplo da visita recibida no curso 2022-2023 Dossier Visita El Salvador.pdf (dropbox.com)

Vinculación cos ODS da Axenda 2030:

  • ODS 10. Redución das desigualdades
  • ODS 4. Educación de calidade
  • ODS 5. Igualdade de xénero
  • ODS 13. Acción polo clima

Temporización: curso completo

Alumnado destinatario: alumnado de 1º, 2º,3º e 4º ESO e alumnado dos ciclos de formación profesional básica, grado medio e superior (recomendable para a familia profesional de Servizos Socioculturais e a Comunidade)

Límite de centros participantes: 6

Criterios de selección:

1.- Valorarase a súa vinculación co PEC no caso de institutos e có Proxecto Formativo no caso de CIFP e no caso de que non se integre nos mesmos, a súa integración nas materias do profesorado participante.

2.- Terase en conta a representatividade do territorio galego.

3.- O profesorado ten que impartir aulas nos grupos que participen.

4.- Desenvolvemento do plan de traballo autónomo.

5.- Especificación da responsabilidade de cada docente participante.

Responsable do programa:

Nome: María José Caride Delgado/ Eloi Fernández Ramos

Departamento: Solidariedade Internacional de Galicia

Teléfono: 626913681 / 650541426

Correo electrónico: sensibilizacion@solidaridadgalicia.org/ cidadaniaglobal@solidaridadgalicia.org


Xustificación

Con demasiada frecuencia a adolescencia é vista como unha etapa de apatía e egocentrismo. Pero unha nova xeración de mocidade activista está demostrando que moitos mozos e mozas están, de feito, moi preocupados polos problemas sociais, políticos e ambientais, e están completamente preparados para facer algo ao respecto. Quizais moitos dos teus alumnos e alumnas só precisen un empurronciño para poñerse en acción.

A revista americana Time dedicou o seu número do 3 de febreiro de 2020 ao fenómeno de "Youthquake" (fusión das palabras inglesas xuventude e terremoto), co título na portada: "O mundo cambiará cando unha nova xeración o dirixa" e a imaxe dun vello globo terrestre do que sae un novo, con cores resplandecentes.

Dende Gretta Tumber ou Malala a Emma Gonzalez ou Amika George, nos últimos anos están a xurdir novos e crecentes movementos sociais promovidos por adolescentes, activistas polo clima, pola igualdade de xénero, en contra do discurso de odio, ou defensoras dos Dereitos Humanos que buscan rachar cunha sociedade que non lles gusta.

Este proxecto pretende apoiar ao alumnado para que coñeza e de algunha maneira entre a formar parte deste movemento global de xuventude inspiradora. Xente moza informada, conciencia e tomando partido.

Obxectivo xeral:

Esta proposta pretende achegar ao profesorado e ao alumnado a realidade dos países empobrecidoss e as dinámicas globais que pereptúan a desisgualdade social tanto nos países do sur cono na nosa contorna máis próxima, e como todos e todas podemos facer algo para mudalo e construír o Mundo que Queremos. A través dunha proposta educativa que fusiona as modalidades presencial e virtual, fomentaremos a participación, a creatividade e o coñecemento de tres activismos: o medio ambiental, o feminista e LGTBI e o antirracista. Despois utilizaremos o potencial das ferramentas comunicativas como a radio, para poñernos en acción, tomar partido e como activista xerar discursos propios co fin de sensibiliar, denunciar e transformar a nosa sociedade.

Obxectivos específicos:

Para o alumnado

  • Facilitar coñecementos e habilidades sobre a participación e o activismo.
  • Crear un proxecto educomounicativo arredor dos contidos do proxecto.
  • Adquirir competencias para facer fronte aos problemas sociais e ambientais
  • Analizar os problemas sociais e ambientais locais e a súa incidencia no entorno global, para propoñer alternativas dende o local.
  • Desenvolver actividades para comunicar os problemas sociais e ambientais identificados na súa contorna próxima.

Para o profesorado

  • Facilitar coñecementos e habilidades sobre os  contidos do proxecto
  • Explorar o nivel de coñecemento dos estudantes sobre as problemáticas sociais e ambientais do seu contorno.
  • Coñecer e empregar ferramentas e recursos pedagóxicos como a radio

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia en comunicación lingüística
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Competencia en conciencia e expresións culturais

 

Palabras clave:

Activismo, participación, comunicación transformadora, igualdade, solidariedade, xustiza social.

Actividades

  • Formación:

Estratexias innovadoras para traballar os activismos xuvenís. Plan Proxecta: G2302024

Será unha formación recoñecida polo CAFI; obrigatoria a asistencia dunha representación do profesorado de cada centro. Nesta xornada farase un recorrido polo proxecto, pola plataforma Moodle a utilizar, e un diagnóstico inicial da situación de partida de cada centro con respecto ao proxecto.

Data: 21 de outubro de 2023.

Lugar: Santiago de Compostela na EGAP

Horario: 11:00 – 14:00 e de 15:00 a 18:00

  • Asistencia a distancia: teléfono, correo electrónico:

Acompañamento continuo ao profesorado proporcionándolle toda aquela formación e información necesaria para a realización do proxecto a través destas canles de comunicación.

  • Asistencia no centro (asesoramento, obradoiros...)

Reunións presenciais no centro se o profesorado o demanda.

  • Obradoiros (7 sesións):

COÑECENDO E CONCIENCIÁNDONOS

  1. Que significa ser activista? Primeiro obradoiro presencial na aula (100 minutos) para dar a coñecer o proxecto, a aula virtual e achegarnos ao contido a traballar: que significa a palabra activismo e as características das persoas activistas. Semana do 13 ao 24 de novembro do 2023.
  2. Comunicación transformadora. Analizaremos os medios de comunicación dende unha perspectiva crítica e de cidadanía global. Segunda parada do proxecto presencial (100 minutos). Semana do 12 ao 21 de decembro 2023.
  3. Achegámonos aos activismos: Medioambiental, Xénero, Antirracista. Sesión a través da aula virtual. Parada terceira do proxecto. Mes de xaneiro 2024.

PASANDO A ACCIÓN

  1. Comeza a acción: Realizamos os nosos guións radiofónicos. Creamos os nosos guións radiofónicos sobre o activismo elixido. Traballo en aula do alumnado guiado polo profesorado. Mes de xaneiro-febreiro 2024.
  2. Comeza a acción: Obradoiro radio. Creamos os nosos programas de radio de combate. Parada cuarta do proxecto. Presencial na aula (100 minutos). Mes de febreiro-marzo 2024.
  3. Achegámonos a outros contextos socias. Distintas voces para unha mesma realidade. Coñecemos a labor de activistas que traballan en diversas esferas noutras partes do mundo. Parada cinco do proxecto, a través da aula virtual. Marzo 2024.
  4. Encontros con activistas do Sur. Parada seis do proxecto, presencial na aula (100 minutos). Abril 2024.

 

 

 

Produto final

O alumnado realizará produtos radiofónicos. Indicamos aquí as ligazóns dos traballos realizados en edicións anteriores

https://www.ivoox.com/escuchar-audios-activistas-mundo-queremos_al_9816276_1.html

Criterios de avaliación da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Grao de participación (a lo menos no 70% das actividades) do alumnado na proposta educativa.

5. Grao de protagonismo asumido polo alumnado na creación dun proxecto educomunicativo.

6. Nivel de asunción de responsabilidades (coordinación de actividades realizadas tanto no centro como nas da aula virtual, participación activa nas mesmas, etc.) do profesorado no desenvolvemento do proxecto.

 

Selección de boas prácticas:

Menús Learning object node R

Sección