Título node Learning object

Recíclate con Sogama
Mér, 16/07/2014 - 11:00

Ficha técnica

Proxecta

Institución:

  • Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
  • Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA, S.A.)

Ámbito: medio ambiente / desenvolvemento sustentable / consumo responsable
Definición: a finalidade deste programa é instaurar a xestión sostible dos residuos urbanos municipais nos centros escolares a través da aplicación práctica do principio europeo dos tres erres: redución, reutilización e reciclaxe. Os centros promoverán as actividades necesarias para que a sostibilidade na xestión dos refugallos sexa unha realidade, non só nas propias aulas e recinto escolar, senón tamén na contorna familiar e social do alumnado.

Vinculación cos ODS da Axenda 2030

  • ODS 11. Cidades e comunidades sustentables
  • ODS 12. Produción e consumo responsable
  • ODS 13. Acción polo clima

Temporización: curso completo

Alumnado ao que vai dirixido: primaria e centros de eduacación especial
Límite de centros participantes: 25
Criterios de selección (por orde):

  1. Non ter participado en edicións anteriores do programa “Recíclate con Sogama”.
  2. Ter presentado unha candidatura que se axuste aos obxectivos do programa e que sexa de calidade.
  3. No caso de que haxa máis de 25 centros candidatos que dean cumprimento aos dous requisitos anteriores, a selección farase por orde de solicitude.

Criterios de exclusión:

  • Centros que pertenzan a concellos que non estean adheridos ao sistema Sogama.

Responsable do programa:

Nome: Mª Esther Campos Mosquera
Departamento: Responsable de Comunicación de SOGAMA
Teléfono: 981 698 511
Correo electrónico: teric@sogama.es


Xustificación

Recíclate con Sogama comenzou a súa andaina no Plan Proxecta a principio do curso académico 2012/2013. O seu obxectivo é formar á comunidade educativa na práctica dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), e concienzala para loitar contra a contaminación ambiental a través da xestión sostible do lixo.

Este programa enmárcase na estratexia de educación ambiental promovida por Sogama.

Obxectivos

  • Que a comunidade educativa tome conciencia da problemática que, a día de hoxe, representa a elevada produción de lixo e o papel que debe desempeñar o cidadán para facer fronte á mesma.
  • Que comprenda e aplique cada día a estratexia dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) como primeiro elo na correcta xestión sostible dos residuos urbanos.
  • Que interiorice a importancia do labor individual e colectivo na xestión sostible do lixo para facer fronte ao cambio climático
  • Que profesorado e alumnado desenvolvan tamén unha tarefa pedagóxica na súa contorna familiar e social máis inmediata para que cada vez sexamos máis os cidadáns comprometidos cos tres erres e, por ende, coa protección do medio ambiente.
  • Coñecer o cometido de Sogama en Galicia desde a súa dimensión industrial, ambiental e educativa e social.

Desenvolvemento das competencias clave

  • Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Competencia dixital
  • Competencia en aprender a aprender
  • Competencias sociais e cívicas
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Actividades

Actividades obrigatorias:

1º trimestre:

  • Diagnóstico inicial, por parte do persoal de Sogama, da experiencia de cada centro na educación ambiental, e na xestión sostible do lixo en particular, a través de entrevistas cos docentes coordinadores e/ou directores/as, recabando datos de interese para o programa.
  • Recepción,por parte dos centros participantes, dos medios materiais proporcionados por Sogama (contedores que conforman as illas de reciclaxe e composteiro, nos casos en que proceda, é dicir, que o centro solicitante dispoña de terreo (horta ou xardín) no que aplicar o compost resultante.
  • Recepción do material didáctico e divulgativo proporcionado por Sogama.
  • Formación do profesorado na xestión e tratamento sostibles dos residuos urbanos.

2º trimestre:

  • Formación do alumnado a través de sesións presenciais e/ou virtuais impartidas por educadores de Sogama en cada centro.
  • Visita de seguimento aos centros para comprobar a evolución dos proxectos, prestar asesoramento e resolver dúbidas.

3º trimestre:

  •  Nova visita de seguimiento aos centros, que será aproveitada para efectuar unhaCaracterización dos residuos depositados en cada un dos contedores de recollida selectiva proporcionados por Sogama.

Todo o curso:

  • Utilización dos recursos didácticos e divulgativos proporcionados por Sogama en cada momento e durante todo o curso.
  • Realización, por parte do persoal de Sogama, de tres visitas de seguimento a cada centro (unha por trimestre), debendo ser atendido polo coordinador/a ou persoa na que delegue.

Proposta de actividades:

Máis aló das actividades obrigatorias, os centros poden levar a cabo cantas accións consideren necesarias para abundar no espírito do programa Recíclate con Sogama e axudar na consecución dos seus obxectivos.

  • Formación: a formación inicial do profesorado levarase a cabo a través dun titorial e dunha presentación en liña no primeiro trimestre do curso académico. Porén, os educadores de Sogama estarán a disposición dos centros en todo momento para clarificar dúbidas, proporcionar asesoramento, complementar información etc.

G2301116 - Pechando o círculo. A Educación Ambiental para o Século XXI. Plan Proxecta

  • Concursos: Sogama prevé convocar un concurso para a elaboración, por cada centro, dun cartel promocional sobre a reciclaxe.

Recursos

  • Materiais didácticos: titorial para o profesorado, presentacións, folletos dixitais, unidades didácticas, xogos tanto en liña como físicos.
  • Dotación de contedores e composteiro: Sogama proporcionará a cada centro tres contedores (amarelo, azul e verde), con capacidade para 120 litros cada un, que deben ubicarse xuntos conformando a denominada illa de reciclaxe. O alumnado debe depositar en cada contedor os residuos separados previamente por tipoloxías. Así mesmo, os centros que dispoñan de servizo de comedor, ou ben que xeren unha cantidade importante de materia orgánica e dispoñan de terreo no que aplicar o compost resultante, recibirán un composteiro.
  • Webs de referencia:

Produto final

O produto final esixido será un vídeo, de non máis de 2 minutos de duración, no que se resuma o traballo realizado polo centro durante o curso académico.

Criterios específicos para a elaboración da memoria final

Criterios xerais do Plan Proxecta

1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).

2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.

3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto

Criterios específicos

4. Implicación e receptividade do centro (coordinador/a, profesorado participante e dirección) nas actividades (presenciais ou virtuais) propostas por Sogama.

5. Calidade do material seleccionado en orixe e depositado en cada un dos contedores que conforman as illas de reciclaxe. É dicir, puntuaranse os acertos á hora de depositar cada residuo no recipiente correspondente e penalizaranse os erros (ter depositado refugallos no contedor equivocado, o que se coñece como “impropios”).

6. Calidade e desenvolvemento de accións nas que se implique ás familias do alumnado e/ou aos concellos aos que pertenzan os centros a fin de reforzar e amplificar as boas prácticas na xestión sostible dos residuos urbanos.

 

Selección de boas prácticas:

  • Erre que erre coa ecoloxía”. Colexio Divina Pastora de Ourense. Ligazón
  • De fonte escura a fonte verde”. CEIP Fonte Escura de Vigo. Ligazón
  • Ecolaxeiros”. CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo. Ligazón
     

Menús Learning object node R