Educación Física

Mindfulness na natureza. O Monte do Gato 17 e 19 de xaneiro de 2017

 

Achegar ao noso alumnado á súa contorna natural.

 

Descubrir paisaxes.

 

Descubrirnos a nós mesmos por medio dunha introspección

á que nos axuda o mindfulness que con infinita paciencia promove Pepe Valverde  nas aulas

e a través do seu blog "Mindfulness y naturaleza: rutas conscientes"

 

Disfrutar da natureza, dos compañeiros, da propia superación.

 

Acadar dos ruidosos e sempre dinámicos alumnos de 1º da ESO ¡un minuto de silencio! 

(grazas a Silvia por recoller un momento tan significativo da actividade)

 

17.01.2017. Rutas pola natureza próxima. Monte do Gato ( Coirós)

 

 

De novo o Departamento de Educación Física propón ao noso alumnado de 1º ciclo saídas para coñecer a natureza próxima e coñecerse en contacto con ela.

Pepe Valverde, Silvia Carro, Diego Félix Armesto e unha bullangueira e superdinámica trops de 1º C e D trouxeron do Monte do Gato...unha chea de barro e risas.

Charla no Aguiar de Jacobo Rial, árbitro galego da ACB

Nos tempos que vivimos, nos que o deporte é tan omnipresente nos medios de comunicación, nas conversas diarias, no horario cotián da nosa xuventude. Non paramos de escoitar loas aos valores do deporte, o compañerismo, a sana competición, o esforzo.... pero o triste é que tamén escoitamos a míudo noticias arrepiantes sobre violencia e agresións contra os que teñen que ser garantes dises valores, os árbitros nos diversos deportes.  

O xogo, o deporte, baséase no respecto a normas acordadas e, a miúdo,  é precisa a presenza dunha figura que faga cumplir esas normas, que asegure eses valores dos que enchemos a boca como propios do deporte como o xogo limpo, o tan manido "fair play". 

Ista é a razón pola que o Departamento de Educación Física ofrécenos, desta volta, unha charla cun árbitro de primeiro nivel. Grazas ás xestións da nosa compañeira Edda G. Beltrán poderemos compartir impresións e reflexións cun colexiado de baloncesto, o galego Jacobo Rial, que ten arbritrado na máxima categoría española diste deporte, na ACB. A súa conferencia estará dirixida ao alumnado de 1º BAC e terá lugar no Salón de Actos durante a 4ª sesión de clase ( entre as 11,45 e as 12,35)

Se queredes saber máis sobre el,  ollade esta breve entrevista ( enlace)

Desafío de xadrez no Aguiar. Edda G Beltrán en simultáneas contra alumnado BAC

O xoves 1 de decembro, durante o recreo de Bacharelato, a profesora de Educación Física, Edda G. Beltrán, reta a partidas de xadrez a cantos alumnos e alumnas de Bac queiran enfrontarse a ela de xeito simultáneo.

O desafío terá lugar no ximnasio fronte á cafetería e será unha boa oportunidade para apreciar este deporte que no Aguiar procuramos promocionar. De feito, cada xoves á tarde, desenvólvese no Instituto unha  escola de xadrez que imparte o noso compañeiro Óscar García Ramos.

 

 

 

Coñecendo a natureza próxima: Rota polo Mandeo do alumnado de 1º ESO

Un ano máis o Departamento de Educación Física ofrece aos nosos alumnos e alumnas de 1º da ESO a oportunidade de realizar unha saída á natureza máis próxima que servirá a este alumnado para coñecela mellor e para coñecerse. 

 

Trátase dunha saída ao val de Mandeo consistente nunha ruta circular que parte de Espenuca  e retorna ao mesmo lugar logo de pasar por lugares como O Zarzo ou Chelo. 

 

O martes 24 de maio partiparán na saída os alumnos e alumnas dos grupos A e C e o luns 30 os grupos B e D

 

IES Francisco Aguiar no río Mandeo. on PhotoPeach

Chegou aos nosos oídos...Kevin e Ivi subcampións de España cadete en K2

Chegou aos nosos oídos...que dous alumnos do Aguiar, Kevin García e Ivan Fernández (Ivi) acaban de alzarse co subcampionato de España de piragüismo na modalidade de K2 e na categoría de cadetes. 

PARABÉNS!

...e lembrade que o luns toca voltar á rutina do estudo Sorprendido

Chegou aos nosos oídos...Alba Dopico campeona en carreiras de orientación

Na imaxe Alba( terceira pola dereita) gañadora do campeonato escolar provincial celebrado o 7 de abril en A Coruña 

Chegou aos nosos oídos... un novo triunfo da nosa alumna de 1º da ESO, Alba Dopico nas carreiras de orientación .

 

No seu día deramos conta da nova de que Alba participaría no nome do IES Francisco Aguiar no Campeonato Provincial Escolar a celebrar en O Burgo o 7 de abril na categoría infantil entre 13 e 14 anos e na modalidade de Carreira de Orientación a pé. O resultado non puido ser mellor: 1º posto para Alba, como podedes ver na imaxe que abre esta noticia. Pero deixemos que sexa ela quen nos faga a crónica:

 

O pasado sabado, dia 16 (de abril) , fun ao campeonato escolar galego en O Carballiño e quedei en segunda posicion, pero para o ano que ven... a pola primeira!, xa que aínda teño un ano mais para competir, este año era la pequeña del grupo.

 

O dia 6 de maio irei a Granada, ao campeonato escolar de España. Podo participar a nivel nacional  polos meus resultados na liga Galega na categoria M21 B.

 

CARREIRA SOLIDARIA "Corre por Betanzos 2016". Venres 22.IV.2016

O Venres, 22 de abril de 2016, terá lugar a “Carreira Solidaria Corre por Betanzos 2016”, que organiza o colexio CEIP Vales Villamarín no que colabora o IES Francisco Aguiar e os  demais centros educativos de Betanzos e do Concello. A carreira realizarase na pista de atletismo anexa ao campo de fútbol García Irmáns e  arredores, con fins solidarios (sen cronometraxe nin premios para os máis rápidos) e todos os alimentos recaudados destinaranse a Cruz Vermella e a Cáritas.


 

A proba terá 4 quendas de participación:

  • Terceiro, cuarto e quinto de E.Primaria: 9.15 horas a 10.15 horas.
  • E.Infantil: 10.30 a 11.00 horas.
  • Primeiro e segundo de E.Primaria: 11.05 a 12.00 horas.
  • Sexto de E.Primaria e 1º da ESO: 12.30 a 13.30 horas.

A carreira terá unha duración de 10 minutos (para os niveis de E.Infantil e 1º e 2º de E.Primaria) e de 15 minutos para o resto dos niveis.

Cada neno/a terá a posibilidade de invitar a unha persoa adulta (familiar, veciño, etc) para participar con el/a na carreira


 

Os alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria correrán arredor da pista de atletismo que rodea o campo de fútbol García Irmáns (500 metros).

 

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º ESO o farán na pista sinalada na fotografía (1 volta = 1 kilómetro).

O percorrido estará delimitado por conos e cinta de balizaxe, ademais de varios mestres e membros de Protección Civil cubrindo o circuito.

 

O obxectivo primordial da carreira, ademais de fomentar o deporte e o compañerismo, é a solidaridade. Por iso, cada alumno/a deberá aportar algún alimento non perecedoiro (aceite, galletas, leite, conservas…), que poderán levar en bolsas e será recollido pola Cruz Vermella e Cáritas de Betanzos.

Os alumnos do Colexio “Nuestra Señora del Carmen” deixarán os alimentos no centro e Cáritas encargarase de ir a recollelos. 

 

Os alumnos dos demais centros 3º levarán os alimentos á zona da carreira e os deixarán na zona habilitada para que sean recollidos pola Cruz Vermella. 

IIª saída didáctica aos Ancares. 19 e 20 de abril

Despois da instrutiva experiencia nos Ancares os pasados 7 e 8 de abril  de dous grupos de 2º da ESO, nesta ocasión toca ao resto do alumnado dese curso vivir a experiencia de convivencia e contactop coa natureza. 39 rapaces e rapazas acompañados e dirixidos por Pepe Valverde, Delfina Ruibal e Remedios Otero. 

Primeiras imaxes da saída didáctica aos Ancares. 7-8 abril.2016

 

As primeiras imaxes que Pepe Valverde e Delfina Ruibal remítenos dende Os Ancares amósannos a ledicia da rapazada xogando coa neve...disfrutanmdo da convivencia nun entorno tan maravilloso como o que se disfruta en Degrada dos Ancares.

 

A primeira sensación, pois, que sentimos dende Betanzos...ENVEXA!

Distribuir contido