Educación Física

Percorrendo o Camiño Inglés. Etapa2: Pontedeume-Betanzos. VIDEO CRÓNICA

Seguindo unha suxestión da profesora Carmén Núñez (Pitusa) poñemos como música de fondo do noso vídeo,  música de grupos de Betanzos, con betanceiros ou con ex do IES Francisco Aguiar.

Desta volta  pon a música  "Say My Name" (Andrea de Artaza (voz), Dani Vaamonde (guitarra),  Jorge Salgado (Guitarra), Tomás Loroño (Bajo) e a ex alumna do IES Francisco Aguiar,  Valeria Rubal (Batería)

Deixámos aquí o enlace ao seu canal de youtube (veredes que paga a pena darse unha volta por el)

Obradoiros de danza moderna. 1 de decembro

O pasado 1 de decembro o alumnado de 4º da ESO  participou nun Obradoiro de Danza Moderna e puido asistir á actuación do grupo "Catro no Metro" .

 Versión con música libre. Freepublik, "First Love"

 

2º da ESO no canón do Mandeo... "Walking on Sunshine"

Os pasados 7 e 20 de novembro o alumnado de 2º da ESO tivo a oportunidade de disfrutar dunha das maravillas da natureza que temos á beiriña de nós: o canon do Mandeo.

Esta actividade forma parte  dun proxecto do Departamento de Educación Fisica ( dos profesores Pepe Valverde e Carlos Castellanos) para coñecer e disfrutar do contacto directo coa natureza máis próxima.

Vímolos "gateando" cos alumnos e alumnas de 1º da ESO.

Próximamente informaremos dos proxectos con outros cursos.

IES Francisco Aguiar no río Mandeo. on PhotoPeach

Con permiso da autoridade e se o tempo non o impide....

 

    É verdade que temos o permiso da autoridade...agora ben, agardemos que o tempo non impida

    que mañá 7 de novembro o alumnado de 2º da ESO C e D  poidan completar a visita ao Canón do

    Mandeo que organiza o Departamento de Educación Física. 

 

Estas saídas á natureza inscríbense nun ambicioso programa deste Departamento para facer coñecer e valorar o espazo natural do noso entorno a través da experiencia. Percorrer os seus sendeiros, atravesar os seus ríos, escoitar sen intermediarios o bruar do vento, o bater das follas ou a vida dos animais que nestes espazos habitan (tamén o son da choiva aínda que agardemos que mañá  sexa, en todo caso,  moderada e benévola)

Recentemente o alumnado de 1º da ESO puido coñecer o Monte do Gato en Coirós . Desta volta a ruta achégase ao espazo atravesado polo Mandeo.

 

¡Que a forza (e un tempo aceptable) vos acompañe!

 

 

 

Excursións ao Monte do Gato.

No relativo a este tema temos dúas noticias...unha boa e outra mala.

Empezaremos pola mala. O xoves 16 vémonos na obriga de suspender a excursión programada ao Monte do Gato co alumnado de 1º da ESO  C e D  ante o anuncio de cicloxénese explosiva  .

En vindeiras datas retomarase a visita con estes grupos.  

 

A boa noticia é que a saída programada co alumnado de 1º da ESO A e B ao mesmo Monte do Gato ( Coirós)  para o venres 17 non terá que ser, en principio, posposta. Acompañarán ao alumnado os profesores: Pepe Valverde, María Pazos e Óscar García.

 

Chegou aos nosos oídos...Carlos Arévalo no Campionato de Europa de piragüismo

 

Chegou aos nosos oídos ... que o ex do Aguiar, Carlos Arévalo, participará esta fin de semana xunto ao lucense Isaac Toro no Campionato de Europa a celebrar en Brandeburgo na modalidade de K2 200 metros.  E un mes máis tarde no mundial que se celebrará en Moscú na proba de relevos.  

 “He renunciado a muchas cosas por cumplir mi sueño”, recoñece. “Si miro a mis compañeros de clase en Betanzos, muchos están en la universidad, salen por las noches, quedan con los amigos… yo no puedo hacer nada de eso”, continúa. Pasa o inverno concentrado en Asturias e o verán, de competicións. “Solo tengo septiembre como mes de vacaciones, pero todo el esfuerzo merece la pena por cada competición a la que vamos o por cada medalla”

¡SORTE PARA CARLOS!

el boletín coruñés

Iniciación ao Padel

 

          Este ano o Departamento de Educación Física está a facer un meritorio esforzo por presentar ao alumnado outros deportes máis aló dos habituais e, a miúdo, mediáticamente sobrerrepresentados. Neste senso o alumnado tivo a oportunidade de asistir a unha exhibición de Jugger e  estase a preparar un achegamento ao taekwondo que xa practican algúns dos nosos alumnos.

             Con esa mesma intención, o  mércores 26 de febreiro o alumnado de 1º BAC poderá iniciarse no deporte do Padel coa visita ás instalacións do club de Padel D3 de Bergondo .  Os distintos grupos desprazaranse de maneira sucesiva ata as pistas e alí poderán aprender e disfrutar deste deporte coa axuda cualificadísma dos profesores de Educación Física,  Carlos Castellanos e María E. Gómez .

Obradoiros de danza moderna para 4º da ESO

Grazas á colaboración do Concello de Betanzos,  un ano máis terán lugar no "Aguiar" os obradoiros de danza impartidos por Fani e Alba, da Compañía de Danza Moderna e Hip Hop , "AS DRÍADAS"   .  

Cada un dos grupos de 4º da ESO terá unha sesión particular deste obradoiro ao longo da mañá do martes 10 de decembro. Finalmente,  todos os grupos poderán amosar os seus progresos nunha sesión final conxunta  na última hora da mañá.

(se vos apetece velas en  acción pinchade na imaxe)

Distribuir contido