Educación Física

2º saída aos Ancares.

O mércores 15 de novembro os grupos de 3º da ESO A e C  terán a ocasión, que os seus compañeiros dos outros grupos tiveron o pasado 8 (adentro  video!) , de disfrutar dunha ruta de sendeirismo de montaña pola Serra dos Ancares...

Tamén de facer unha reflexión cívica á vista dos efectos dos incendios de hai un mes.

 

Desafiando supersticións: Martes 13 de surf en Bastiagueiro

O martes 13, desafiando supersticións máis ou menos cinematográficas e  malos farios, o alumnado de 1º BAC dos grupos B e C  celebrará a segunda sesión da actividade de iniciación ao surf en Bastiagueiro.

Os participantes sairán do Aguiar ao remate da 3ª hora. Está previsto o seu regreso ao remate da 8ª hora da tarde (18.00)

Iniciandose no surf en Bastiagueiro. 6 e 13 de xuño

Os vindeiros 6 e 13 de xuño o nosos alumnado de 1º BAC terá ocasión de participar nunhas sesións de introducción ao surf. Esta actividade está organizada pola profesora Edda G. Beltrán, do Departamento de Educación Física.

O 6 de xuño participarán nela, saíndo ao remate da 3ª hora de clase, os grupos A e D de 1º BAC acompañados por Edda e polos titores María Pazos e Carlos Seco. O retorno está previsto ás 18.00h.

Martes 30 de maio. Segunda quenda da ruta polo val do Mandeo

Logo da saída que tivo lugar o pasado 25 de maio cos grupos A e B de 1º da ESO, toca o martes 30 o turno aos grupos C e D.

Coñecer a natureza próxima, o val do Mandeo dende Espenuca, pasando por Chelo, Caneiros, San Xiao....

Subir e baixar encostas, atopar os límites do propio corpo e tamén atopar a axuda dos compañeiros

Abrir camiños, percorrer vieiros, descubrir...(mos)

Disfrutar tamén dos momentos de descanso logo do esforzo

 

Rotas pola natureza...moito máis que unha camiñata.

Sendeirismo interior.

 

 

Rota polo Val do Mandeo: Espenuca-Espenuca

 

                                      (imaxe do blog de Breogán Prego)

 

Un ano máis volve a materializarse o empeño do Departamento de Educación Física e, nomeadamente do profesor Pepe Valverde, por mesturar o descubremento personal ao que conduce o esforzo físico co descubremento da natureza próxima.

O xoves 25 de maio os grupos A e B de 1º da ESO disfrutarán dunha aventureira ruta que ten punto de partida e chegada no lugar de Espenuca (Coirós) e transcurre polo val do río Mandeo. Estarán tamén acompañados por dous profes que demostraron no que levamos de ano ser uns avezados camiñantes: Silvia Carro e Samuel Ramírez.

Os outros dous grupos de primeiro terán ocasión de disfrutar dista saída o vindeiro martes 30 de maio.

"Chouting & Smiling" un novo deporte no Aguiar

Polas fotografías que nos remite Edda é doado deducir que a visita ao "megajump" dos grupos A e D de 2º da ESO do día 30 de marzo foi un éxito e  deixou caras de ledicia (tamén en Paula e Delfina)

E o 20 e 21 de febreiro abriron actividade os alumnos e alumnas "choutantes" de 4º ESO

Actividade en Megajump de alumnos de dous grupos de 2º ESO

O xoves 30 de marzo os grupos A e D de 2º da ESO participarán nunha actividade deportiva con camas elásticas no centro Megajump de A coruña.

Estarán acompañados polas súas profesoras Edda Beltrán, Paula López e Delfina Ruibal. Abarcará dende a 3ª á 6ª horas, ambas incluidas. 

Ruta polos canóns do Eume. Febreiro 2017

O mércores 22 de febreiro o alumnado de ESO 2º B e C terá ocasión de disfrutar dunha das saídas á natureza máis espectaculares das que programa cada curso  o Departamento de Educación Física.

 Paisaxes de impresión,

paleta infinda de cores,

natureza exhuberante,

baixadas por costas imposibles

(esvaróns e "culetadas" incluidas no prezo Guiño),

arqueoloxía industrial no medio do monte,

momentos de silencio e observación "mindfullnesera".

 

É a ruta polos canóns do Eume que dirixirá, unha vez máis, o profesor Pepe Valverde. 

Distribuir contido