Educación Física

Iniciación ao Golf en Paderne para 3ºC e 3º D

Golf paderne

 

Organizado por José Permuy do departamento de Educación Física.

Mércores 27 de febreiro

ESO 3º C de 12:05 a 13:25 aprox.
Xoves 28 de febreiro ESO 3º D de 09:15 a 10:40 aprox.

 

En caso de mal tempo, se realizará a vindeira semana.

Golf paderne. Crónica en imaxes da xornada de hoxe

Preme na fotografía para acceder ás imaxes. Próximamente o resto dos 3º de ESO realizarán a mesma actividade con José Permuy do departamento de Educación Física. Á vista das imaxes, ...

non digades que non aptc   Guiño

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Golf 3ºESO

Iniciación ao Golf en Paderne para 3ºB

Golf paderneXoves 21 de febreiro

Organizado por José Permuy do departamento de Educación Física e David del Río do Departamento de Lingua Castelá.

Saída do instituto ás 11:30 regreso ás 13:00.

O resto dos grupos de 3º realizará a mesma actividade nas semanas vindeiras.

 

Convocatoria pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na viaxe a Asturias 2019

Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na viaxe a Asturias  2019 a unha reunión informativa o vindeiro martes 5 de febreiro de 18:00 a 18:30 no salón de actos do IES Francisco Aguiar.

reunión viaxe Asturias

Iniciación ao piragüismo 1º ESO A e C

iniciacion piraguismo

 

ESO 1º A Luns 12:35 a 14:15

ESO 1º C Martes 16:20 a 18:00

Esta semana, tócalle o turno para iniciarse no piragüismo aos grupos de 1º A e 1º C da ESO. Repetir que ésta é unha actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física.

É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.

Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.

Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.

Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.

Se premedes na imaxe podedes acceder á galería fotográfica onde se van engadindo as instantáneas que chegan do desenrolo da actividade.

 

Descubrindo a natureza próxima: Monte do Gato. 22 de outubro. 2º ESO A e B

 

monte do gato

 O departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá no Monte do Gato no Concello de Coiros.

 

O luns 22 de outubro será o alumnado de 2º da ESO A e B quen disfrute da experiencia tras ser aprazada por mor da choiva o pasado luns 15

Acompañan ao alumnado José A. Valverde Morán, Pilar Vázquez Febrero e José Luis Gorrochategui Santos.

  Preme na imaxe por se o alumno/a perdese a autorización e desexase volver a descargar o modelo.

 

 

 

 

 

 

Iniciación ao piragüismo 1º de ESO

iniciacion piraguismo

 

ESO 1º D Xoves 10:40 a 12:20

ESO 1º B Venres 12:35 a 14:15

 

 

Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas.

É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.

Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.

Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.

Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.

 

Descubrindo a natureza próxima: Monte do Gato 17 de outubro. 2ºESO

 

monte do gato

 

 

 

 

 

 

O departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá no Monte do Gato no Concello de Coiros.

 

Este mércores 17  realizarán a actividade o alumnado dos grupos C e D de 2º da ESO, o alumnado dos grupos A e B terá que agardar á vindeira semana tras aprazarse a saída do luns 15 por mor da choiva.

Acompañan ao alumnado José A. Valverde Morán, Marta Penalonga Chao e José Permuy Fraga.

Preme na imaxe por se o alumno/a perdese a autorización e desexase volver a descargar o modelo.

 

 

 

 

Distribuir contido