Educación Física

Introducción ao piragüismo e, por certo, chegou aos nosos oídos...Carlos Arévalo

 

Nun intento máis do Departamento de Educación Física  de potenciar o deporte máis aló das disciplinas máis ou menos omnipresentes na nosa época, agora propoñen ao alumnado de 3º da ESO unha introducción ao piragüismo.

Hai tamén nesta proposta o desexo de potenciar deportes que son perfectamente accesibles ao noso alumnado porque hai clubs na propia loicalidade que os desenvolven. O Club de Piragüismo Ría de Betanzos é unha entoidade de sobra asentrada en betanzos, e que deu grandes figuras a este deporte como o noso ex Carlos Arévalo ( Por certo,  chegou aos nosos oídos.... que Carlos acaba de acadar o campionato na Copa de España de k1 200 metros .

Na foto, á esquerda,  Carlos  compartiendo pódium con  dos fieras , @juan_oriyes y @marcuscooperwalz .

 

Pois ben, nos vindeiros luns 7 e 14 de maio entre as 9,30 e as 11,30, os alumnos e alumnas de ESO 3º B e D acompañados polos profesores Leonardo Piñeiro e David del Río  e cun nutrido grupo de monitores expertos ( 1 por cada 10 alumnos) terán ocasión de achegarse e disfrutar diste fermoso deporte.

Máis adiante os días 10 e 16, no mesmo horario, serán os grupos A e C os que realicen a actividade.

Está tamén prevista a participación, cunha única sesión do alumnado de 1º ESO nos días 22 e 24 de maio. 

Carreira solidaria por BETANZOS. 20.IV.2018

O venres 20 de abril retomamos, teimudos, o que a climatoloxía impedíu ao remate do segundo trimestre.

Convocados polos compañeiros do colexio Vales Villamarín, o alumnado de 1º da ESO partirá disposto a correr por Betanzos nun esforzo físico e de solidariedade.

Nas pistas do Carregal, entre as 12,30 e as 13,30 o noso esforzo para facer de Betanzos un pobo solidario

Choutando para rematar trimestre

Seguro que os máis vellos ( e os non tan vellos) lembraredes aquela canción de Tequila "Salta, salta conmigo salta...! (enlace)

Pois ben, agora faise realidade esta letra para o alumnado do Aguiar. 

Os vindeiros días 22 e 23 de marzo o alumnado de 1º BAC terá a oportunidade de participar nunha actividade programada polo departamento de Educación Física.

A proposta e "choutar" nas camas elásticas de Megajump como exercio para desenvolver a forza e coordenación cunha actividade divertida e que reforza tamén o grupo.

O xoves 22 serán os grupos A,C e D os que participarán. O venres 23 os grupos B i E.

De ruta polos canóns do Eume

 

O noso alumnado de 2º da ESO percorre un ano máis, da man de Pepe Valverde os espectaculares canóns do Eume. 

O xoves 15 serán os grupos B e C. O venres 16 os grupos A e D

Así foi o ano pasado

(como para non apuntarse neste!)

 

Exhibición de capoeira no Aguiar

O venres 2 de febreiro comezará no noso instituto unha serie de inciativas do departamento de Educación Física para dar a coñecer  a capoeira.

Neste día os grupos A e B de 4º da ESO, na derradeira hora da mañá, terán a oportunidade de asistir a unha clase-exhibición de capoeira a cargo de Iandê Capoeira y Nagô.

 

SOLIDARIO-CROSS INTERCENTROS DE NADAL

 

O mércores 20 DE DECEMBRO  o alumnado de 1º da ESO participará nunha carreira solidaria xunto co alumnado dos veciños,   colexio Vales Villamarín e instituto de As Mariñas. Trátase dunha iniciativa deportiva, e á vez  solidaria , na que se colaborará coa Cruz Vermella de Betanzos. 

Consistirá nun percorrido por unha pista habilitada na zona do Carregal na que os participantes poñerán o seu entusiasmo i esforzo e poderán tamén donar productos de limpeza e hixiene básica que Cruz Vermella distribuirá entre persoas que o necesiten na bisbarra de Betanzos. 

2º saída aos Ancares.

O mércores 15 de novembro os grupos de 3º da ESO A e C  terán a ocasión, que os seus compañeiros dos outros grupos tiveron o pasado 8 (adentro  video!) , de disfrutar dunha ruta de sendeirismo de montaña pola Serra dos Ancares...

Tamén de facer unha reflexión cívica á vista dos efectos dos incendios de hai un mes.

 

Distribuir contido