Educación Física

7 e 8 de abril. Saída didáctica á serra dos Ancares.

Os vindeiros días 7 e 8 de abril os Departamentos de Educación Física, Lingua Galega e Ciencias Sociais teñen programada unha saída didáctica interdisciplinar á Serra dos Ancares. Participarán nela 23 rapaces e rapazas de 2º ESO dos grupos B e D acompañados polos profesores Pepe Valverde e Delfina Ruibal.

Trátase dunha experiencia que pretende aunar a convivencia provocada pola estancia de dous días na montaña con aspectos curriculares relativos á toponimia, etnoloxía, xeografía  e ao propio coñecemento do corpo , aspectos todos eles implicados nunha saída destas características.

 

Chegou aos nosos oídos...Alba Dopico nos Campeonatos Escolares de Orientación

Na imaxe,  Alba no máis alto do podio nunha carreira en Navacerrada no pasado mes de setembro

Chegou aos nosos oídos... e recoñezo que foi unha sorpresa para quen escribe estas liñas coñecer a afición de Alba Dopico polas carreiras de orientación. Foi nunha das saídas á natureza organizadas polo departamento de Educación Física onde Alba deunos a coñecer a súa particiopación nesta modalidade deportiva. A seguinte sorpresa veu cando meses, máis tarde solicitou participar no nome do IES Francisco Aguiar nos Campionatos Escolares que se celebrarían na Coruña no mes de Abril.

E hoxe, 7 de abril,  é o día no que Alba concreta dita participación na categoría infantil entre 13 e 14 anos e na modalidade de Carreira de Orientación a pé. A proba terá lugar en O Burgo (Culleredo).

Non nos queda máis que desexar sorte a Alba.

Encántanos dar noticia dos seus esforzos.

 Esperamos dar conta dos seus éxitos.

ANIMO! ( e non perdas o rumbo)  

Chegou aos nosos oídos... Pepe Valverde "rutas conscientes", mindfulness

Chegaron aos nosos oídos... as andanzas (nunca mellor dito) do compañeiro de Educación Física, o profesor Pepe Valverde.  

Dende a súa chegada ao noso instituto coñecemos a súa incesante actividade co alumnado da ESO para facelo coñecer a natureza próxima (Monte do Gato, Eume, Mandeo...).

O  pasado curso 2014-2015  impulsou e dinamizou un seminario permanente cun grupo de profesores do Aguiar que exploraba o uso didáctico do mindfulness e a súa vinculación cun novo xeito de percibir a vivir a/na natureza. 

O mindfulness preséntasenos  como unha práctica individual que nos axuda a conectar, a coñecer e afondar na nosa esencia. A vivir e aceptar o momento presente. Propón unha mirada fonda cara ao entorno, chea de aceptación, compaixón y tenrura. A mesma que propón para cada quen. 

Este ano Pepe está a afondar ampliando formación personal e práctica a través de "rutas conscientes" pola natureza galega como se pode seguir a través do seu blog ou da súa páxina de facebook 

Descubrindo a natureza próxima: Monte do Gato. 21 e 23 de outubro

 

 

Un ano máis o departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá nun paraxe moi cercano pero, cecais, descoñecido o Monte do Gato no Concello de Coiros.

O 21 de outubro será o alumnado de ESO 1º C e D quen disfrute da exeriencia. Despois, o venres 23, tocará o truno ao alumnado dos grupos A e B de 1º da ESO

Mércores 20 e venres 22. Saída ás Fragas do Eume

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O departamento de Educación Física programa para os vindeiros 20 e 22 de maio senllas saídas didácticas co alumnado de 2º da ESO para visitar as Fragas do Eume.

Ocasión, novamente, para coñecer o espectacular patrimonio natural da nosa comarca e para fortalecer a convivencia e o coñecemento entre o alumnado

Chegou aos nosos oídos...Arévalo medalla de ouro K4 200 e rumbo a Brasil

 

 

Chegou aos nosos oídos...o éxito deportivo de Carlos Arévalo, ex alumno do Aguiar e "piraghueiro" de élite.  ¡Parabens!

As.com. 17 de mayo de 2015

España sumou cinco novas medallas (un ouro, dous platas e dous bronces) ás catro gañadas na xornada do sábado pola Selección Española de Canoe Sprint na I Copa do Mundo Portugal 2015 e firmou un gran resultado cun total de nove medallas (dous ouros, dous platas e cinco bronces). Catro das cinco medallas gañadas nesta última xornada foron logradas en K4, un pilar do proxecto olímpico dos 16 de Brasil 2016 impulsado pola Federación Española.

España completaba a súa destacada participación coa medalla de ouro na final do K4 200 masculino. El K4 de Arévalo, Garrote, Toro y Soler (29.448) gañaba con autoridade a final por diante de Hungría (29.800) e Arxentina (29.812) e co outro K4 de España en competición con Pavón, Martí, Rodríguez y Millán en cuarto lugar.

Ruta polo Mandeo 6.V.2015

 

     Logo de varios aprazamentos por culpa das condicións meteorolóxicas, o alumnado de ESO 3º A e C poderá percorrer o Val do Mandeo nunha espectacular ruta circular con punto de saída e chegada en Espenuca. Estarán acompañados, polos experimentados "sherpas": Pepe Valverde, Carlos Castellanos e Laetitia Vaucanson

 

      Encostas de grande pendente, rochas sobre o río e, previsiblemente, bastante barro,  uniranse nunha saída de moderada esixencia física e grandes satisfaccións en canto á superación persoal. 

 

     Pero tamén será a oportunidade para disfrutar de paraxes non por cercanos menos maravillosos e de compañeiros e compañeiras cos que compartir esforzos e alegrías.

Distribuir contido